- Alumnas e alumnos terán as probas entre o 10 de abril e o 21 de maio (alá van as vacacións de Semana Santa)
Alumnado do Leliadoura nunha saída ás Illas Cíes o curso pasadoRibeira, 22 de marzo de 2012. Segundo informa no seu blog o mesmo instituto, este ano o IES Leliadoura foi seleccionado para formar parte da mostra do estudo PISA 2012. As datas de celebración das probas será entre o 10 de abril e o 21 de maio. O Programa Internacional de Avaliación de Alumnos (PISA) é un estudo internacional de avaliación educativa coordinado pola Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico (OCDE). Na edición deste ano 2012 participan case 70 países. Este programa avalía de xeito regular os resultados educativos dos alumnos e alumnas de 15 anos en lectura, matemáticas e ciencias. O obxectivo é obter de maneira sistemática e continua datos sobre o rendemento académico do alumnado que proporcionarán un perfil de coñecementos, destrezas e competencias dos estudantes de cada país, xunto con outras informacións de contexto demográfico e socioeconómico. Máis información:
- Web da OCDE
- Wikipedia (Finlandia sempre de primeira e España máis aló do 20)
A Pobra: o instituto comeza este venres 23 a súa VIII Semana Cultural post.ly/6AiSg
— Certo (@Certo) March 22, 2012
Ribeira: o pavillón de Coroso conta cunha sala de musculación e fitness para deportistas de clubs e usuarios da UAD post.ly/6AkEY
— Certo (@Certo) March 22, 2012
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario