- As exposicións gañadoras serán as encargadas de dar a coñecer a obra, a época e a situación sociolingüística da etapa histórica en que viviu Valentín Paz-Andrade, autor homenaxeado este ano. O outro centro gañador é o IES Xoán Montes de Lugo
- A iniciativa da Consellería de Cultura e Educación, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, busca implicar ao alumnado na celebración das Letras Galegas e potenciar o coñecemento da obra do escritor
Rianxo, 27 de marzo de 2012.- A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria achegará a figura de Valentín Paz-Andrade, autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas, aos centros de ensino, aos centros de estudos galegos, aos centros da emigración, ás bibliotecas municipais e ás casas da cultura de máis de 1.600 puntos de Galicia e do exterior. A Consellería que dirixe Xesús Vázquez Abad vén de resolver os dous premios do Concurso-Exposición Letras Galegas 2012, no que resultaron gañadores O CEIP Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, de Rianxo e o IES Xoán Montes de Lugo, baixo as categorías de centros de educación infantil e primaria e de centros de educación secundaria obrigatoria, bacharelato e formación profesional, respectivamente.
Deste xeito, as dúas coleccións de 10 carteis que conforman as dúas exposicións gañadoras ‘Valentín Paz-Andrade, galego de corazón’ -do CEIP Alfonso Daniel R. Castelao- e ‘Colleita do 1898’ -do IES Xoán Montes- imprimiranse e distribuiranse, acompañadas de cadansúa guía didáctica explicativa, para fomentar o achegamento do alumnado a Paz-Andrade e á súa obra. Os grupos de traballo que participaron na súa confección recibirán ademais un premio en metálico por importe de 3.000 euros cada un.
Favorecer o coñecemento da obra de Paz-Andrade entre o alumnado
A Consellería de Cultura e Educación, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, contribúe á conmemoración do Día das Letras Galegas 2012 mediante a organización deste concurso-exposición no que poden participar todos os centros de ensino non universitario da súa titularidade.
Con esta iniciativa, a Consellería quere impulsar o estudo da obra de Valentín Paz-Andrade, favorecer a reflexión sociolingüística sobre o contexto histórico do autor, incentivar a realización de actividades que fomenten a colaboración multidisciplinar e que potencien a implicación activa do profesorado e do alumnado e fornecer a oferta de materiais existentes en lingua galega, promovendo a súa divulgación como referentes para a creación doutros.
Apoio ás aulas de Lingua galega e literatura e ao labor dos EDLG
Tamén a través dos materiais que integran ‘Valentín Paz-Andrade, galego de corazón’ e ‘Colleita de 1898’ quere a Consellería de Cultura e Educación, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, fornecer de material complementario as aulas da materia de Lingua galega e literatura, e facilitarlle ferramentas ao profesorado encargado da súa impartición, no marco dos currículos escolares da ESO e do Bacharelato.
Semana Santa: actividades relixiosas ata o 9 de abril
Viaxe: a Xerusalén e Terra Santa, en abril
Obradoiro: de iniciación musical. Prazo para anotarse ata o 30M
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario