- Para o IES Leliadoura e o colexio Galaxia
- Trátase de sensibilizar aos mozos sobre a solidariedade. Promove o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade
Ribeira, 27 de marzo -Día Mundial do Teatro- de 2012.- A xira do espectáculo ‘Contos coas mans abertas’, promovida polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade dentro das súas actividades de sensibilización, chega a Ribeira mañá mércores 28 de marzo. A representación, organizada polo Concello en calidade de membro da devandita entidade e desenvolvido pola compañía compostelá A Tropa do Trapo, terá lugar no Auditorio Municipal ás 11 horas, e a ela acudirá alumnado do IES Leliadoura e do colexio Galaxia.
O espectáculo ‘Contos coas mans abertas’, dirixido a público adolescente e adulto, baséase en pezas narradas a dúas voces onde a música en directo cobra especial relevancia. Instrumentos como a guitarra española ou o laúde árabe mergullan aos espectadores en historias reais, recollidas case todas en primeira persoa, contos sinceros e achegados que falan do fondo humano que nos une a todos. Sen caer en tópicos sobre a solidariedade e a cooperación, ‘Contos coas mans abertas’ é un espectáculo cheo de esperanza, de humor, de amor, de pequenas loitas e grandes soños. Son contos para mellorar e entender o mundo.
Mulleres da aldea, cooperantes, guerrilleiros, vacas, inmigrantes ou unha tribo bosquimá son algúns dos protagonistas das historias de Marta Ortiz e Brais Gutiérrez, dous ensinantes de vocación que en 2006 xuntaron as súa inquedanza pola narración oral no proxecto A Tropa de Trapo. Desde entón levan percorrido toda Galicia, e mesmo outras Comunidades Autónomas, facendo reflexionar a nenos, mozos e maiores cos seus diferentes espectáculos.
Tras a excelente acollida colleitada en 2010, a proposta músico-teatral creada pola compañía compostelá A Tropa de Trapo para a asociación de Concellos e Deputacións percorre entre 2011 e 2012 un total de 42 Administracións socias.
O Fondo Galego
O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade está integrado por 93 Concellos e tres Deputacións de Galicia, que concentran a través desta rede os seus esforzos no eido da cooperación ao desenvolvemento. Garántese deste xeito unha xestión profesional e transparente, así como a realización de proxectos con impacto nos países do Sur e a sensibilización da sociedade galega a prol da solidariedade internacional. Desde a súa fundación en 1997, o Fondo Galego ten desenvolvido 142 proxectos en 25 países e promove numerosas actividades e materiais en relación aos desequilibrios Norte-Sur.
Empregar pallaso como insulto é igual que usar galego como o fixo Rosa Díez @CondeRonha @conderoa #censornoxento Conde Roa: "A mí Leo Bassi me produce especial repugnancia". Feliz Día Mundial do Teatro #censura #fascista @bassileoccaa.elpais.com/ccaa/2012/03/2… Xornalistas á folga en Galicia galiciaconfidencial.com/nova/10045.html vía @Gconfidencial Funcionará? Ou será unha especie de Barbantia? soypoeta.com Rede social para poetisas e poetas
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario