A Casa da Xuventude de Noia foi reinaugurada o 24 de marzo de 2011
Noia, 4 de abril de 2012. O Espazo Xove de Noia informa da apertura do prazo para a inscrición no Curso Básico de Información Xuvenil ata o 16 de abril . O curso terá unha duración de 40 horas e realizarase a distancia contando cun exame final nunha sesión presencial no Espazo Xove de Noia o día 31 de maio ás 19.00 horas.
Os destinatarios do curso son aqueles mozos e mozas de 18 a 30 anos, estudantes e titulados en TASOC, estudantes universitarios do ámbito xurídico-social, humanístico e psicoloxía interesados na temática da información xuvenil e a selección realizarase por rigoroso orde de inscrición.
As solicitudes realizaranse a través da paxina www.xuventude.net ou chamando ao Espazo Xove de Noia en horario de tarde ó teléfono 981823802, segundo informou Almudena Suárez, directora da Casa da Xuventude de Noia.
Tamén en Noia:
Liceo de Noia: actividades para finais de marzo e primeiros de abril
Cultura: programación prevista ata maio
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario