As alumnas e alumnos do centro ribeirense volverán ás aulas mañá tras as vacacións de Semana Santa, logo de que se estean a rematar os traballos de acondicionamento do centro tras a fuga de auga producida
A estrutura do colexio non foi afectada polo escape, polo que só será necesario substituír o mobiliario auxiliar ao que chegou a auga
Ribeira, 9 de abril de 2012.- A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria garante o normal desenvolvemento das clases no CEIP de Olveira, a cuxas aulas regresarán mañá os estudantes tras as vacacións de Semana Santa. Así o explicaron o director xeral de Centros e Recursos Humanos, José Manuel Pinal; e o xefe territorial da Consellería na provincia da Coruña, Indalecio Cabana; que se achegaron hoxe -acompañados polo alcalde, Manuel Ruiz- a este centro para coordinar os traballos de acondicionamento que se están a realizar no centro tras a fuga de auga producida.
Neste sentido, os representantes da Consellería explicaron que a estrutura do centro non foi afectada polo escape, polo que só é preciso substituír nos vindeiros días o mobiliario auxiliar que foi alcanzado pola auga; uns traballos que se realizarán polas tardes, para non interferir na actividade lectiva. Neste momento, e desde que se tivo coñecemento da avaría, empresas contratadas polo departamento dirixido por Xesús Vázquez Abad están a finalizar os traballos de limpeza do colexio, así como os de comprobación do illamento do sistema eléctrico e de acondicionamento dos servizos de auga, co fin de que estean preparados para o seu uso na xornada lectiva de mañá, tal e como se informou ás familias das alumnas e alumnos.
Cómpre sinalar, tal e como explicaron o director xeral e o xefe territorial aos representantes da comunidade educativa do CEIP de Olveira, que a Consellería traballou desde o primeiro momento no que se coñeceu a fuga para que esta avaría non producise interferencias no funcionamento do centro, en especial no desenvolvemento das clases. Deste xeito o departamento educativo da Xunta de Galicia amosa o seu compromiso co benestar do conxunto da comunidade educativa, en particular do seu alumnado, que non verá afectado a súa actividade lectiva por mor dos traballos de acondicionamento do mobiliario que se desenvolvan nos próximos días.
Arte: publicadas as bases en inglés e castelán do IV Premio Atlante de Gravado post.ly/6dJBG
— Certo (@Certo) April 9, 2012
blogueiros.axena.org/2012/04/09/ase… É vergoñento. E coa nova lei de caza que quere aprobar o PP, inda vai selo máis
— Certo (@Certo) April 9, 2012
Natureza: Adega di que os planos de conservación das especies están "baleiros de contidos" post.ly/6dQ7i
— Certo (@Certo) April 9, 2012
Tengo una foto con un tio que no tengo ni puta idea de quien es! PERO DONDE ESTUVE ANOCHE? EN RIVEIRA O EN EL PUTO VIETNAM?! #MadreDeDios
— MiguelMahia (@XMiguelMahia) April 8, 2012
PAGAR AL ESTADO UN SOLA VEZ POR LAS COSAS ES INSOSTENIBLE EN TÉRMINOS ECONÓMICOS.
— masaenfurecida (@masaenfurecida) April 9, 2012
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario