- Trátase das creacións de trece autores novos que chegaron ao mundo arredor de 1980
Ribeira, 19 de abril de 2012.- O Auditorio Municipal viviu no serán de onte un concorrido acto de inauguración da exposición Arte Barbanza 1980, coa que se quere divulgar a obra de 13 artistas de múltiples xéneros nacidos en torno a aquela década do século pasado. Esta iniciativa, na que o Concello aporta a sala de mostras na se está a celebrar, abrirá ata o 11 de maio.
O alcalde de Riveira Manuel Ruiz, a concelleira de Cultura Elvira Pisos, e Loli Regueira e Óscar Lot en representación dos creadores implicados na mostra foron os encargados de tomar a palabra durante a quenda de intervencións do acto de apertura.
Loli Regueira salientou a importancia de achegar e facer partícipe da arte contemporánea aos cidadáns e, neste sentido, resaltou a oportunidade de poder celebrar esta mostra no auditorio riveirense. “Como o bo escritor faise a base de ler e ler, a observación na arte tamén se cultiva percorrendo museos e exposicións, que nos aprende a ver unha arte actual chea de códigos como é a arte contemporánea”, afirmou.
Óscar Lot explicou que na exposición se poden atopar propostas de fotografía, pintura, gravado, escultura... que chegan a través das visións que os creadores teñen do seu entorno ou do momento en que lles tocou vivir. Ademais explicou que todos os novos artistas participantes teñen o denominador en común de que se formaron en Pontevedra, co cal o diálogo entre eles é constante, na procura dunha contínua renovación.
En canto á Manuel Ruiz, animou aos veciños a que non deixen de achegarse e procurar captar a beleza das artes máis vangardistas. Neste sentido, recordou que cando fai 100 anos de produxo a revolución máis importante no concepto de entender o arte, moita xente tampouco entendía o que era o cubismo, o fauvismo e o arte abstracto “e 100 anos despois a ninguén se lle ocurriría poñer en cuestión todo o que significa todas e cada da unha desas expresións artísticas”.
O rexedor municipal tamén salientou a aposta que se está a dar dende o Executivo para poñer en valor a cultura no municipio. Tal é o caso da recente participación de artistas locais na exposición en Nova York Encounters ou do feito de que a presidencia da fundación do Museo do Gravado de Artes fose asumida pola Alcaldía do Concello.
A este último respecto, Ruiz Rivas destacou que a exposición de “Los Desastres de la Guerra de Goya -pertencente á citada instalación e que se está a exhibir actualmente en San José de Costa Rica-, ademais de contar na súa inauguración coa participación do vicepresidente do Goberno centroamericano e con máis de dez embaixadores, xa sumou máis de 15.000 visitantes. “Isto é precisamente o que a min me gustaría que puidese ocurrir, non no meu concello, senón en toda a sociedade de Barbanza e en toda Galicia”, declarou.
Os creadores participantes en Arte Barbanza 1980 son: Oscar Lot e Loli Regueira; a parella de performers formado por Manú Mimé e Paulova, María Magán -membro do colectivo L.I.B.A-, José Caamaño -un dos xoves escultores participantes na mostra Encontros-Encounters realizada en Nova Iorque- Iria Araújo, Inés Sánchez Díaz-Marta, Pili Sampedro Lampón, Irene Saíñas, Da Dápobra, Santi Gabán e Isabel Soler Rivas.
INFORMACIÓN SOBRE ALGÚNS DOS ARTISTAS PARTICIPANTES:
Oscar Lot e Loli Regueira - Dúo Artístico:
Óscar Lot e Loli Regueira traballan dende 2011 á par en proxectos expositivos conxuntos. Actualmente preparan Cría, baseada no filme do coñecido director Alfred Hitchcock que se inaugurará para o mes de Maio na Casa de Cultura Ramón Martínez López de Boiro.
En liñas xerais, aínda que traballan conceptos diferentes, pódese dicir que ambos conxugan a súa maneira de traballar para crear una peza única. Óscar Lot sempre tratando nas súas pezas o sentido místico da vida no terreo próximo ó Creador mentres que Loli Regueira baséase principalmente na forma, entrando no mundo da experimentación pictórica, coa figuración /abstracción, liña/mancha e espazo/cor.
Paulova e Manu Mimé - De Botero A Bo Derek
Grupo artístico formado por Manu Mimé e Paulova . O grupo nace no ano 2009 e toda sas nosas pezas xiran en torno á mímese, a transformación, a identidade e o icónico.
O propio nome do grupo fai alusión a esta idea de cambio e dicotomías; tomando referentes tanto artísticos como populares, desenvolvemos todas as producións, que abarcan a escultura, performance e fotografía principalmente. O Kitsch, o Camp e o Pop son vertentes que tinxen a súa obra dentro dunha atmósfera retro.
Realizan o carácter icónico dos obxectos, imaxes ou accións como grandes mitómanos que son, creando deste xeito un universo persoal onde o humor e a ironía están presentes en todas as obras, que non deixan de ser, risas aparte, fieis reflexos de realidades contemporáneas.
María Magan Lampón – Colectivo L.I.B.A
María Magán Lampón é membro do colectivo L.I.B.A dende a súa formación no último bienio de 2008/10 do Doctorado, ofertado pola Facultad de Bellas Artes de Pontevedra, na Universidade de Vigo.
Nese contexto dezanove xoves artistas únense para levar a cabo parte da súa expresión artística a partires da creación e investigación en Belas Artes. O traballo de cada un dos seus compoñentes lévaos finalmente á formación dunha tendencia conxunta, na cal radica ó encontro e posta en común de múltiples cuestións e inquedanzas, que atinxen e deciden a futura traxectoria de creación e da investigación propiamente artísticas.
José Caamaño – Encontros – Encounters
O novo escultor José Caamaño é un dos escultores participantes na mostra Encontros-Encounters realizada en Nova York neste ano 2011. Nestes momentos mostra a súa obra na exposición “Vendido” na tenda Galería o Faiado, ata o 31 de Abril. En “Vendido” o autor quere alertar sobre a situación da cultura galega, que, remitíndose o propio título explica que se encontra “vendida”.Relacionada:
Arte: grande interese polas obras de Goya cedidas a Costa Rica
Arte de viaxe: "Os desastres da guerra", en Costa Rica
Ribeira: a CIG convoca manifestación o 1 de maio para reivindicar alternativas á actual desfeita no emprego is.gd/euIy2L
— Certo (@Certo) April 19, 2012
Ribeira vai parecer Madrid (xa lle gustaría aos valleinclanófilos) con tanta manifestación: unha o 28 (polo dos lobos) e a do 1 de maio
— Certo (@Certo) April 19, 2012
Ribeira: "Flor de Toxo" organiza un monólogo de Cándido Pazó o sábado 5 de maio is.gd/M3Ckcq
— Certo (@Certo) April 19, 2012
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario