19.4.12

Ribeira: a CIG convoca manifestación o 1 de maio para reivindicar alternativas á actual desfeita no emprego

CARTAZ 1º MAIO.pdf Download this file

Ribeira, 19 de abril de 2012. A Confederación Intersindical Galega convoca á veciñanza á tradicional manifestación do 1 de maio, Día do Traballo, que sairá da Praza do Peixe ás doce do mediodía.


"Neste ano no que as reformas do Partido Popular Lonxe de “modernizar” o Estado, como afirma o Goberno de Rajoy, están levando a Galiza directamente ao século XIX desvestindo aos traballadores de dereitos, criminalizando as reivindicacións socias e empobrecendo terriblemente o país temos que saír masivamente á rúa e deixar claro que as maiorías absolutas non dan patente de corso para que o PP destrúa os dereitos conseguidos tras tantos anos de loita laboral e social", explican dende a CIG. "Non podemos nen debemos parar contra esta barbarie. Ademáis, estánse a producir recortes nos servizos públicos esenciais, castigando deste xeito ás clases con menos recursos (recortes no Ensino, na Sanidade, "requetecopago" das receitas, etc.) Desde a CIG temos que volver a dar-lle unha grande resposta nas rúas. Temos que exercer a nosa dignidade tantas veces como sexa necesario con respostas masivas. Os traballadores/as non temos a culpa da crise que provocou a especulación do capital", conclúen.
En Barbanza, a CIG foi a única forza que celebrou manifestacións nos últimos 10 anos. "Nesta ocasión temos moitos máis motivos para acudir", sinalan.





Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical