9.5.12

Ribeira: o instituto Leliadoura acolleu o concerto didáctico "Música e circunstancias"

Cimg4314


Ribeira, 9 de maio de 2012. Dentro das actividades da Semana Cultural no IES Leliadoura, onte celebrouse un Concerto didáctico baixo o título de "Música e circunstancias" a cargo do grupo formado por Serafín Marcos á guitarra, Lucía Bustabad ao piano e Dalibor Sebestik ao violoncelo. Ao concerto asistiron tódolos alumnos de 2º, 3º e 4º de ESO, un total de 190. Durante esa hora os alumnos e alumnas do centro escoitaron obras relacionadas coas distintas circunstancias da vida.Empezaron coa morte: marcha fúnebre de Chopin. Logo volveron aos inicios da vida escoitando unha nana de Brahms e seguiron coa marcha nupcial de Wagner.O seguinte paso foi escoitar pezas relacionadas coa danza (un vals, unha tarantella, unha murciana...) ou coa descrición (o cucú, o círculo, o reloxio, o silencio do bosque...). O remate púxoo a música de cine, dende Cinema Paradiso de Morricone, á Pantera Rosa de Mancini ou a Schubert e a banda sonora de Barry Lindon.


iesleliadoura.com




Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical