9.5.12

Boiro: a asociación de pais e nais Loureda programa obradoiros e outras actividades durante maio e xuño

Media_httpfarm5static_mejhf

Boiro, 9 de maio de 2012.  Tódolos sábados do mes de maio a asociación de nais e pais Loureda, do colexio de Santa María do Castro de Cabo de Cruz, está a impartir de xeito gratuíto un obradoiro de manualidades baixo o epígrafe: “Reciclaxe: confección de xogos e instrumentos musicais con material reciclado”.

Os cativos comezaron a actividade o sábado 5 e dado que o día 6 era ao Día da Nai. Decidiron facer unhas fermosas flores con cartóns de ovos e uns paos para agasallalas. A partir dos seguintes sábados está programado que confeccionen, monecos, huchas, ratiños, coches, prismáticos, maracas, instrumentos de choiva, tambores etc.

I Mostra de Aprendizaxe, o 2 de xuño

O sábado 2 de xuño ás 20:00h. terá lugar no Centro Social de Cabo de Cruz, grazas á colaboración do concello de Boiro, a I Mostra de Aprendizaxe APA Loureda: Actividades extraescolares. Consiste nun “minifestival” onde os rapaces das clases de baile, teatro, pandeireta e informática amosarán o aprendido o longo do curso. A entrada é gratuíta e está aberta a tódolos públicos.

Última reunión, o sábado 12 de maio

Asemade, a directiva ten convocada a última reunión para o sábado 12 onde se ultimarán os detalles para o peche do curso e se redactarán os temas e fixarase a data da 2ª Asemblea Xeral de Socios deste curso 2011-212 e, tamén, onde se acabará de planificar a V Romaría de socios que terá lugar o sábado 16 de xuño.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical