- O Concello informa de que este venres 11 abre o prazo para que as asociacións pidan actividades da "Rede Cultural 2012" da Deputación coruñesa
Ribeira, 9 de maio de 2012.- Este sábado terá lugar a segunda das actividades incluídas nos ‘Sábados de Libro na Biblioteca’: acción que se inclúe dentro da programación do Maio Cultural que promove o Concello a través das áreas de Educación e Cultura. A actividade que se vai celebrar consistirá nunha sesión de contacontos infantil a cargo dunha vella coñecida do municipio: Marisa Irimia (Foz, 1969), quen ten acudido xa a Ribeira para tomar parte noutras accións. Nesta ocasión, Marisa Irimia deleitará aos nenos e nenas asistentes co seu espectáculo “Kontos de akí e akolá”, no que a artista buscará a implicación dos propios rapaces no proceso creativo, de xeito que eles tamén se erixan en contadores de historias. A actividade está pensada para nenos e nenas de entre 3 e 12 anos. Desenvolverase de 11.30 a 12.30 horas e será de balde ata encher o aforo Prazo aberto este venres 11 e ata o 31 de maioA Concellería de Cultura vén de enviar un comunicado aos presidentes das distintas asociacións e entidades do municipio no que se lles informada da apertura do prazo para solicitar actuacións no marco da Rede Cultural 2012 da Deputación da Coruña: prazo que, de acordo co Boletín Oficial da Provincia con data 8 de maio, dará inicio o vindeiro venres día 11. No XXIX Programa de Música e Teatro para grupos non profesionais poderanse incluír agrupacións artísticas de toda a provincia, dende bandas de música, masas corais, música e baile tradicional, grupos de gaitas, orquestras, conxuntos de música folk, rock e pop, e títeres e maxia, entre outras variedades. Os peticionarios deste programa -entidades sen ánimo de lucro da provincia que estean xuridicamente constituídas e teñan entre as súas finalidades a promoción da cultura-, poderán solicitar unha actuación (fóra do municipio) facéndose cargo do 50% do caché e financiando o 50% restante a Deputación Provincial. Como norma xeral, a actuación adxudicada será pública e gratuíta, e non poderá ser utilizada en actos privados. O prazo citado rematará o xoves 31 de maio, podéndose formalizar a petición a través de modelo impreso que se pode obter da páxina web www.dicoruna.es ou ben nas oficinas do Auditorio Municipal.
Música: presentouse un ensemble galego de saxofón con raigames en Ribeira e Rianxo post.ly/7ClW5
— Certo (@Certo) May 9, 2012
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario