- O candidato do BNG á presidencia da Xunta empraza a Feijóo a que pida a renuncia ao alcalde de Portas logo da súa “baixa trampa como militante do PP”
Xurxo Ayán escribe sobre "Manoliño o Electricista". O presunto ladrón do Códice CAlixtino. Alta retranca señores!certo.es/index.php?page…
— Certo (@Certo) July 5, 2012
Xornalistas cubrindo a declaración nos xulgados de Santiago do electricista presunto ladrón do Códice Ribeira, 7 de xullo de 2012. O candidato do BNG á presidencia da Xunta, Francisco Jorquera, cualifica de “esperpéntico”, “eleitoralista” e “propagandista” o feito de que sexa mañá o presidente do Goberno español, Mariano Rajoy, quen, nun acto oficial, vaia entregar o Códice Calixtino ao Arcebispo de Santiago. Jorquera fixo esta afirmación durante a súa intervención no acto realizado esta tarde polo BNG de Ribeira dentro da campaña Día da Patria Galega 2012. O acto consistiu nun roteiro cultural pola vila e logo nunhas intervencións políticas, a cargo do líder nacionalista e do escritor Plácido Betanzos. Sinalou o líder nacionalista que "non ten precedentes que un presidente do Goberno se aproprie dunha actuación policial e se dispoña a utilizala no seu beneficio partidario". O PP, engadiu, “non asumiu aínda as súas responsabilidades neste caso, as responsabilidades derivadas de que non garantiu nin a protección nin a seguridade do Códice Calixtino, tal e como era a obriga do Goberno galego”. “É esperpéntico que un goberno democrático utilice propagandisticamente unha actuación policial para facerlle entrega dun ben ao seu titular”, concluiu Jorquera, que non entrou no necesario debate de facer público determinado patrimonio galego, como o caso deste Códice ou o Panteón de Galegos Ilustres, que se pode pechar a vontade da Igrexa, como aconteceu o ano pasado, pois é a titular del. Concello de PortasO candidato nacionalista tamén se referiu á situación criada no concello de Portas, logo de que o seu alcalde, implicado nun presunto delito fiscal, se dese de baixa como militante.“Podemos falar dunha baixa trampa, dáse de baixa formalmente, pero materialmente continúa no PP”, afirma Jorquera, para quen “proba evidente” disto é que o presidente da Xunta –e presidente do PP galego- “non lle pediu que renunciase ao seu cargo”, “por non falarmos da protección evidente que lle brinda o presidente da Deputación de Pontevedra”. Por un Día da Patria Galega 2012 masivoAdemais, nun ton tamén electoralista, Jorquera fixo un chamamento a un seguimento “masivo” da convocatoria do BNG para o Día da Patria Galega 2012. “O lema co que convocamos este día é abondo elocuente. Rescata os Teus Dereitos. Iso é o que cómpre: rescatarmos o pobo, e non a banca”, afirmou, ao tempo que considerou que “o que chaman rescate á banca non é máis que un saqueo ao pobo”. Jorquera acusou ao PP de “pór en risco” a cohesión social con “políticas suicidas” e “antipopulares” que “ameazan con converter a recesión en depresión”. “Son políticas antisociais e políticas centralistas, que aspiran a reducir a cinza as competencias das comunidades autónomas. E que fai Feijóo ante esta aspiración de práctica liquidación do autogoberno galego? Colaborar entusiasta”, reprobou o candidato nacionalista á presidencia da Xunta.
Alguén sabe se o comisario Serafín Castro é de UPyD? chuza.gl/story/maldicio… @carloscallon @amesanl Ou de @GaliciaBilingue ? #outravacanomillo
— Certo (@Certo) July 6, 2012
Hai que ser moi cínico para quitarse a foto do códice aproveitandose do traballo de funcionarios aos que se ataca e despreza
— rafaelguerrero (@rafaelguerrero) July 7, 2012
E mariano cando redevolva o códice vaille dicir aos funcionarios que o recuperaron que este ano lles vai baixar o soldo?
— rafaelguerrero (@rafaelguerrero) July 7, 2012
Entrega do códice: Rajoy chega a Santiago a demostrar q o Estado manda sobre GZ. Feijóo fará d vasalo. A Igrexa, no seu papel. Neofeudalismo
— Xosé Mexuto (@xosemexuto) July 7, 2012
La biblia, el best seller de sci-fi con más éxito a nivel mundial tinyurl.com/7gm6sbw
— Jot Down Magazine (@JotDownSpain) July 7, 2012
"-Lingua paleta do meu pobo, eu fáloa porque si, porque ma impoñen". Así serán os libros de texto de Galicia un día destes.
— Vicente Risco (@VicenteRisco) July 7, 2012
A Pobra do Caramiñal: denuncian a "baltarización" do Concello post.ly/89KCD A Alcaldía intenta escusarse cun escrito nada claro.
— Certo (@Certo) July 7, 2012
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario