19.8.12

Consumo: Muros, Noia, Boiro e Ribeira acollerán durante un día a sede móbil de Galicia Calidade en setembro

  • Economía e Industria promociona a marca Galicia Calidade e o consumo de produtos galegos cunha campaña que percorrerá 35 localidades

  • Ponse en marcha ata o 29 de setembro unha sede móbil que ofrecerá no centro das vilas información sobre as empresas asociadas a este selo de garantía. Tamén se levarán a cabo exhibicións e obradoiros de cociña, e haberá actividades para os máis pequenos
  • O obxectivo é que esta iniciativa chegue a 35.000 persoas ata finais de verán
  • En Muros, Noia e Boiro estará do 10 ao 12 de setembro
  • A Ribeira chega o venres 14 de setembro
Media_httpfarm4static_simaz

Haberá obradoiros de cociña e exhibicións, así como actividades para nenos

Barbanza-Noia, 19 de agosto de 2012.- A Consellería de Economía e Industria, a través da entidade Galicia Calidade, pon en marcha unha campaña de promoción que percorrerá ata o vindeiro 29 de setembro un total de 35 localidades galegas das catro provincias co obxectivo de achegar de primeira man á cidadanía este selo de garantía e promover tamén o consumo de produtos galegos.

Ao longo desta iniciativa, que comeza mañá na Praza Maior do Carballiño e ten por obxectivo chegar a 35.000 persoas, unha sede móbil situarase cada día no centro dunha localidade galega, ofrecendo información de primeira man sobre a marca Galicia Calidade, a súa aposta pola innovación e a internacionalización das empresas galegas e os produtos e servizos asociados.

Ademais, cada día realizaranse demostracións e obradoiros de cociña con produtos de Galicia Calidade, ás 12:30, ás 17 e ás 19 horas, que se poderán seguir tanto desde o interior do vehículo, equipado cunha cociña, como a través das pantallas habilitadas no exterior. Os produtos cociñados repartiranse entre o público, ao que tamén se lle ofrecerán recetarios.

Tamén haberá reparto de obsequios, folletos promocionais e sorteos, e un castelo inchable para os máis pequenos, todo co obxectivo de dar a coñecer a marca Galicia Calidade, que conta xa con máis de 150 produtos e servizos amparados dun total de 44 empresas asociadas, que contan así cun valor engadido, recoñecido polos consumidores como sinónimo de confianza, prestixio e calidade.

Os programas de auditorías e ensaios de Galicia Calidade garanten que os produtos e servizos amparados superaron os controis esixidos, para o que é preciso que conten coas materias primas de mais alta calidade, óptimas producións e excelentes servizos.


CALENDARIO


Día 20/8: O Carballiño
Día 21/8: Verín
Día 22/8: Xinzo de Limia
Día 23/8: Chantada
Día 24/8: Monforte de Lemos
Día 27/8: Sarria
Día 28/8: O Barco de Valdeorras
Día 29/8: Ribadeo
Día 30/8: Foz
Día 31/8: Burela
Día 01/9: Viveiro
Día 03/9: Vilalba
Día 04/9: As Pontes de García Rodriguez
Día 05/9: Betanzos
Día 06/9: Cambre
Día 07/9: Culleredo (O Burgo)
Día 08/9: Sada
Día 10/9: Muros
Día 11/9: Noia
Día 12/9: Boiro

Día 13/9: Teo
Día 14/9: Ribeira
Día 15/9: Lalín
Día 17/9: A Estrada
Día 18/9: Sanxenxo
Día 19/9: Marín
Día 20/9: Bueu
Día 21/9: Poio
Día 22/9: Redondela
Día 24/9: Nigrán
Día 25/9: Tomiño
Día 26/9: Tui
Día 27/9: Baiona
Día 28/9: Ponteareas
Día29/9: O Porriño

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical