Muros, 17 de O departamento de Servizos Sociais e o Centro de Información a Muller ( CIM) do Concello de Muros en colaboración coa AECC, teñen programadas unha serie de actividades para o vindeiro venres 19 de outubro “ Día contra o cancro de mama".
Pola mañá ás 11.30 h o poñente Marcos Calvo Martínez, psicólogo da AECC de Santiago dará unha charla-coloquio “Cancro de mama, enfermidade curable”.
As 12.30 h no Curro da praza do Concello, convídase a que a xente colabore para formar un lazo humano, que simbolizará a unidade de todos contra esta enfermidade.
Xa pola noite, ás 22.00 h no auditorio da Casa de Cultura, terá lugar unha gala benéfica con dúas monologuistas, Isabel Risco e Isa Chao.
Xa están a venda as entradas e unhas camisetas coas que a xente pode facer a súa aportación a dita causa, ao mercalas.
Coa entrada sortearanse uns agasallos entre tódolos/as participantes. A recadación da taquilla así como a da venda de camisetas será destinada integramente a AECC.
La mejor manera que tiene una mujer para protegerse es haciendo mamografías regularmente y autoexámenes mamarios mensuales. #octubrerosa Los expertos advierten a Mato: las mamografías "no pueden ser negociables" publico.es/443921 La Federación Española de Cáncer de Mama defiende que las mamografías sigan incluidas en la cartera básica de servicios xfru.it/4SzwW0
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario