Rianxo, 17 de outubro de 2012. Este venres, 19 de outubro, terán lugar as primeiras xornadas de convivencia entre o Club de Remo Rianxo e a Asociación AMBAR.
O obxectivo da actividade é que persoas con diversidade funcional teñan acceso ao deporte do remo, coñecendo as interioridades e caracterísiticas desta modalidade deportiva, co fin contribuir á súa integración e mellora da calidade de vida.
Así, directivos, adestradores e deportistas do Club de Remo Rianxo farán de anfitrións para os membros de AMBAR e mostraranlle as súas instalacións, os materiais e embarcacións que utilizan e terminarán cun Bautismo de Mar en traiñeira que lles permitirá vivir en primeira persoa a sensación de remar nesta embarcación deportiva tradicional.
Tamén, en Rianxo:
A xornada desenvolverase entre as 10:30 e as 13:30 h. no Club de Remo Rianxo e nas augas da ensenada de Rianxo
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario