- Trátase de premios de Excelencia e Innovación para mulleres rurais
“Formación para el cambio” - Porto do Son (La Coruña), Premio de Excelencia a la Innovación para mujeres Rurales 2012 twitter.com/cocinagallega/…
— cocinagallega.es(@cocinagallega) October 16, 2012
Porto do Son, 17 de outubro de 2012. O Ministro de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, Miguel Arias Cañete, xunto coa Ministra de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, Ana Mato, entregaron onte os "Premios de Excelencia a la Innovación para mujeres Rurales 2012", nun acto que se celebrou no marco do Día Internacional da Muller Rural.
Este certame, organizado polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, distingue iniciativas orixinais e innovadoras, que apliquen modelos de negocio baseados na xestión sostible dos recursos rurais. Os proxectos amosan a potencialidade da muller como axente motor do medio rural a través da súa participación no mercado laboral.
O proxecto de Porto do Son, "Formación para o cambio", foi galardoado nesta III edición xunto a outros oito. A temática abarca dende a repoboación do medio rural á formación para mantemento de actividades artesanais, promoción do patrimonio natural e cultural marítimo-pesqueiro, cooperativismo de traballo asociado ou promoción do turismo e promoción de empleo no rural.También foron premiadas iniciativas orientadas á implantación de agricultura ecolóxica, conservación de razas gandeiras en perigo de extinción, mestura de aloxamiento rural, gastronomía tradicional e actividades culturais, así como diversificación de actividades no rural.O caso de Porto do Son
A asociación de redeiras "Virxe do Carme" actualmente está formada por 34 redeiras profesionais que traballan na nave-taller de Porto do Son e na nave de Portosín e o resto nas súas casas particulares. Todas están dadas de alta no Réxime Especial do Mar como traballadoras autónomas. Dez incorporáronse ao sector das redes grazas a cursos de formación promovidos pola Asociación. Ademáis, dan a coñecer a súa profesión aos turistas e elaboran miniaturas de artes de pesca para vender entre os visitantes deste municipio.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario