- 138.000 euros en renovar servizos e pavimentacións
- Obras adxudicadas a Jenaro Cadaval por case 140.000 euros e que deberá rematar en tres meses
Ribeira: a presión furrula na precampaña. O IES Leliadoura xa ten os equipos informáticos que pedía en maio. iesleliadoura.blogspot.com/2012/10/anunci…
— Certo (@Certo) October 3, 2012
Colaboración: Manuel Domínguez, moi duro en "Políticos, banqueros y lacayos". Unha metáfora ben doada de entender. certo.es/index.php?page…
— Certo (@Certo) October 3, 2012
Ribeira, 3 de outubro de 2012- O Concello vén de adxudicar unha nova actuación na parroquia de Carreira, consistente na renovación de servizos e pavimentación de camiños pertencentes ao lugar de Outeiro. A empresa Jenaro Cadaval, S.L., resultou a adxudicataria da obra, por un importe de 138.432,20 euros. O prazo de execución é de tres meses. Actualmente, o lugar de Outeiro está formado por un conxunto de camiños de trazado irregular, cun pavimento feito en formigón no que se observan danos significativos. Ademais, a rede de abastecemento é de fibrocemento e non existe separación de fecais e pluviais. En virtude da presente actuación, cuxo proxecto foi redactado por técnicos municipais, a tubaxe de abastecemento será substituída por outra máis moderna, de polietileno de alta densidade. Así mesmo, disporase un colector de PVC liso para saneamento de residuos fecais e outro de PVC corrugado para pluviais, e as luminarias existentes serán suplantadas por outras novas lámpadas de 150 watios. En canto á pavimentación, estenderase nunha superficie de 750 metros cadrados unha capa de formigón na que se disporá transversalmente cada pouca distancia unha banda de adoquín de granito.A actuación está incardinada dentro do Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal (POS) do ano 2012. Esta nova actuación na parroquia de Carreira súmase a outras accións recentemente executadas, das que xa demos conta neste xornal.José Manuel Pena fala hoxe no seu artigo de "Por libre" da necesidade de conservar os recursos pesqueiros.certo.es/index.php?page…
— Certo (@Certo) October 3, 2012
¿Habrá organismos internacionales velando por la limpieza del proceso electoral en Galicia? ¿O el caciquismo seguirá campando a sus anchas?
— Antonio Maestre (@AntonioMaestre) October 3, 2012
Turismo: de novo, en visita de operadores rusos, Barbanza e Noia non existen para TurGalicia. @arousanorte xunta.es/notas-de-prens…
— Certo (@Certo) October 3, 2012
Barbanza: cen mil euros para Ámbar. Diego Calvo, facendo electoralismo en castelán dende unha institución de goberno. dicoruna.es/dicoruna-notic…
— Certo (@Certo) October 3, 2012
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario