- O ribeirense Alfonso Novo amosará as súas 32 instantáneas no auditorio ata o 16 de novembro. A mostra será inaugurada este venres ás nove da noite
- Tamén este venres 5, e o sábado 6, estará a unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia
Flickr de Stuck in CustomsTrey Ratcliff
Ribeira, 3 de outubro de 2012.- O Auditorio Municipal será escenario este venres día 5 de outubro, ás 21 horas, da inauguración da exposición Memorias de China, do fotógrafo riveirense Alfonso Novo, unha mostra promovida polo Concello a través da súa Área de Cultura que permanecerá aberta ata o vindeiro 16 de novembro.
Apasionado desde mozo pola fotografía –herdanza do seu pai-, fai poucos anos que se dedica á fotografía como a súa carreira profesional, dedicándose tanto a fotografía artística coma eventos sociais.
As 32 instantáneas en branco e negro que se poden ver na exposición pretenden ser un percorrido pola memoria do autor, resultado da convivencia diaria coa sociedade chinesa, país ao que se desprazou por motivos de traballo no 2007 e no que permaneceu un ano. A cidade de Taiyuan (Shanxi); viaxou polas provincias de Mongolia interior, Hebei, Beijing, Shandong, Sanxi, Shaanxi, Henan, Hubei, Guangdong, Hong Kong... nas que o noso fotógrafo se curtiu en vivencias con familias e cidadáns chineses. A estadía en zonas descoñecidas para os occidentais, pouco turísticas, reflíctese en fotografías como a “Pagoda de Madeira” de Yingxian.
A etapa chinesa do autor das fotos marcou para sempre a Alfonso Novo, algunha destas pegadas están reflectidas nas imaxes captadas polo ollo e o obxectivo da súa cámara nas súas viaxes por China e encontros coas súas xentes de toda condición.
A exposición divídese en dúas áreas, por unha banda as imaxes referidas a elementos ou edificacións antigas (tellados, mosteiros, portas, murallas), e, por outra unha sección social, onde se poden ver distintos "roubados" de persoas realizando tarefas cotiás como traballar, ler, comer ou durmió, sección coa que o autor pretende achegar un pouco máis ao espectador á China real.
Tamén, este venres, en Ribeira: DOAZÓN DE SANGUE
Este vindeiro venres, 5 de outubro das 10:00 ás 14:00 e de 16:30 ás 21:00 horas así coma o sábado, 6 de outubro das 10:00 ás 14:30 horas desplazarase a Riveira, na Rúa Romero Ortiz, xunto o xeriátrico, unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Sangue de Galicia. Todas aquelas persoas maiores de edade que o desexen poden pasar pola unidade móbil e facer así unha labor altruísta e solidaria importante para milleiros de persoas que necesitan sangue. "O SANGUE É VIDA. COMPÁRTEA".
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario