Ribeira: Carlos Lixó, novo presidente de Altofalante post.ly/9ueJY Non sabemos se darlle os parabéns ou o pésame a @carlosghopo :?
Ribeira, 15 de decembro 2012- Na tarde de onte o alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz Rivas, recibiu en acto oficial aos membros do Club Natural Sport, aos que quixo honrar tras a súa xesta ao acadar por sexta vez consecutiva o Campionato de España de Clubs. Igualmente, o rexedor municipal quixo tributar de xeiro especial a fazaña do integrante desta entidade Álex Vidal, quen se proclamou campión do mundo de parataekwondo na última cita disputada na illa caribeña de Aruba.
Ante un concurrido salón de plenos poboado polos propios deportistas homenaxeados (que estreaban uniforme para a ocasión), así como polos adestradores, directiva, familiares e simpatizantes; o alcalde dirixuse dende a mesa presidencial aos asistentes, acompañado polo edil de Deportes, Juan Luis Martínez, polo presidente do club, José Francisco Agrelo, e polo propio Álex Vidal.
Ruiz Rivas destacou a traxectoria do club Natural Sport, “un club de referencia a nivel nacional que está a conseguir o que non consiguen outros”. A este respecto, salientou o feito de que “teñamos un club tan importante que deportistas de élite doutras cidades ou concellos queran estar connosco”, pero á vez quixo “sacar peito” polos logros que están a acadar os deportistas de Ribeira.
Cinturón negro
De Álex Vidal afirmou que ten un mérito especial ao saber loitar dende pequeno contra a adversidade e conseguir que as súas cualidades ou facultades físicas, lonxe de ser un obstáculo, sexan unha das súas grandes virtudes e o seu esforzo se veu recompensado cun campionato do mundo.
Como agasallo especial, o alcalde entregou a Álex un cinturón negro co nome do Concello de Ribeira bordado en letras douradas. Tamén quixo agasallar ao club coa entrega ao seu presidente do obsequio institucional representado polo faro de Corrubedo en cerámica de Sargadelos.
José Francisco Agrelo agradeceu esta homenaxe e expresou o seu desexo de poder seguir colleitando éxitos para Ribeira. Álex Vidal manifestou, pola súa parte, que os distintos recoñecementos que se lle están a dar fanlle pensar que está no pensamento de moita xente, e isto fai que cada día intente mellorar e lograr os maiores triunfos posibles “ata que as pernas aguanten”.
Por que en Galicia non hai un Día das Artes Galegas? galiciaconfidencial.com/nova/12568.html Pois a resposta pode estar en twitpic.com/bm4icv Non? LA VIDA HUMANA ES EL VALOR SUPREMO CUANDO AMENAZA ETA PERO UNA CONTINGENCIA SECUNDARIA CUANDO GOBIERNA RAJOY. O Psoe quere mellorar as condicións dos xornalistas esquencendo que rexeitou antes esa regulación de dereitos ow.ly/g7DHz #sxg Ribeira: a carrera deportiva de Iván Brión, en perigo por grave accidente de coche. :( :( :(diariodearousa.com/articulo/depor… vía @diario de Arousa
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario