- A contacontos Raquel Queizás actuará xunto cunha selección de 200 alumnas e alumnos do IES local, onde se mesturarán contos, música e teatro
Raquel Queizás, na súa web http://www.raquelqueizas.com
Porto do Son, 16 de decembro de 2012. Un ano máis, co respaldo económico da Concellaría de Cultura e Nova Galicia Banco, e coordinados polo equipo de biblioteca do IES de Porto do Son, os centros de ensino de e a Biblioteca Municipal Xerardo Díaz Fernández, presentan a Guía de Nadal 2012-2013, unha proposta de lecturas que ben puideran servir para agasallar nestas datas. Esta será repartida, entre outros espazos, nos colexios, na bibliotecas, nas aulas de cultura e nas librarías.
Para celebralo, o luns 17 de decembro ás 10:30 da mañá na Casa de Cultura, unha selección duns 200 alumnos e alumnas participarán na II Festa da Lectura. Á actuación da contacontos Raquel Queizás, seguirán as intervencións dos rapaces e rapazas con teatro, contos e música.
"Detrás está un traballo colaborativo que parte da necesidade de implicar a toda a sociedade no fomento do interese polos libros e o pracer e coñecemento que estes aportan", explican os organizadores.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario