- Na presentación participarán a actriz e contacontos Paula Carballeira, o activista cultural e escritor Séchu Sende e Ismael Ramos, mozo noiés promesa da literatura
Noia, 17 de decembro de 2012. A Asociación Pro Saúde Mental A CREBA de Noia, vai presentar un documental sobre Saúde Mental titulado "CON ETIQUETA", cuxa directora é Adriana Pérez Villanueva. A presentación terá lugar na Escola Galega de Administración Pública en Santiago de Compostela. R/ Madrid 2-4 (zona de Área Central, no polígono de Fontiñas).
O acto estará presentado por Paula Carballeira, Ismael Ramos e Sechu Sende. SinopseRosa non entende o que lle pasa e as súas veciñas tampouco: "Como lle vou dicir iso a unha labrega?". Antón coñeceu unha muller. Agora na casa ela segue a falarlle na orella: "É algo que non podes controlar. É máis forte ca ti." Rodolfo xa sinte os efectos secundarios: "Váiseche a vista para arriba, é moi incómodo." Moncho ve que todo é un cambio de perspectiva: "De súpeto, todo, a túa idea acerca dunha persoa cambia e o único que queda no medio son as familias". As familias reúnense para falar e compartir experiencias pero as doutoras e os doutores tampouco o acaban de entender: "A enfermidade mental é unha cousa moi complexa...."
Este documental ofrece as voces espidas dun grupo de persoas vencelladas de xeito moi diversos ás doenzas mentais. Xente diagnosticada, xente que diagnostica e familiares desvelándonos esta outra realidade que se agocha ao noso carón.50 minutos para achegármonos ao difícil proceso vital dunhas persoas que comparten moito máis ca unha etiqueta.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario