17.12.12

Ribeira: exposición do alumnado do obradoiro de expresión artística de Amicos no auditorio

Ribeira, 17 de decembro de 2012.- O Auditorio Municipal acubilla na súa planta baixa unha exposición que, baixo o título de “Con Arte”, está formada polas creacións pictóricas elaboradas polos alumnos e alumnas que están a participar no taller de expresión artística da Asociación Amicos.

Estiveron na apertura da mostra a concelleira de Cultura do Concello de Riveira, Elvira Pisos; a presidenta de Amicos, Esther Vidal; e o xerente desta entidade, Xoán España, ademais dun dos alumnos que participaron activamente na iniciativa: Alfonso Pérez, neno con autismo de 14 anos que creou dúas das obras que se expoñen.

“Con Arte” estivo sendo confeccionada polo alumnos de Amicos ao longo do ano. Este traballo de expresión artística permítelle ás persoas con espectro autista expresar sentimentos, ideas e estados de ánimo mediante a comunicación co trazo e coa imaxe. Ademais, a nivel persoal facilítalles a socialización e a comunicación co mundo que lles rodea, ademais de potenciar a súa autoestima persoal.

Tanto Esther Vidal e Xoán España como a edil Elvira Pisos animaron á poboación da contorna a que non deixen de visitar e admirar as obras que integran esta exposición.

Teatro

Por outra banda, a celebración do evento serviu tamén para anunciar que mañá martes, día 18 de decembro, ás 16.30 horas, terá lugar no Auditorio unha actuación do grupo de teatro de Amicos. A obra que representarán titúlase “Conto de Nadal”.

Pode que tamén lle interese:








 

 

 


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical