- Trátase de María Xosé Alfonso (concelleira de Muros), Lola Caramés, ex concelleira de Noia e Manuel González
Noia-Muros, 17 de decembro de 2012. Logo do Congreso Constituínte celebrado o pasado domingo, día 16 de decembro, baixo o lema “Proxecto de país” Compromiso Por Galicia vén de elixir as persoas que formarán parte dos órganos de dirección nacional ademais de aprobar a súa liña ideolóxica e os estatutos polos que se rexerán nos vindeiros anos.
Os membros de Compromiso destas bisbarras son: María Xosé Alfonso, Lola
Caramés e Manuel González, que se presentaron ao Consello Político Nacional mediante listas abertas e saíron os tres elixidos pola militancia.
O secretario xeral Xoán Bascuas elaborou unha proposta de Executiva
Nacional entre os membros do Consello Político xa elixidos na que incluía a María Xosé Alfonso como Coordinadora Territorial de A Coruña e a Manuel González como responsable de finanzas. O Congreso ratificou por unanimidade a proposta de Xoán Bascuas. Cabe salientar a liña ideolóxica que define a Compromiso Por Galicia como un partido "galeguista, progresista e socialdemócrata”. Este punto foi aprobado no seu documento político que marcará a liña ideolóxica e estratéxica que guiará ao novo partido ao longo dos vindeiros anos.
Segundo explicaron dende este partido, "o reto a seguir son as eleccións ao parlamento europeo para poñer o seu principal obxectivo nas vindeiras eleccións locais. Agora será tempo para as comarcas, nos vindeiros días celebrárase unha xuntanza na comarca para elixir a persoa que ocupará a secretaría comarcal".
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario