Boiro, 18 de febreiro de 2013. A Asociación Cultural Borobó organizou unha nova viaxe á neve, concretamente á estación invernal de San Isidro (León) durante a pasada fin de semana, á que asistiron un total de corenta mozos e mozas. Con esta viaxe este grupo de xóvenes puido disfrutar duns días na neve para aprender e divertirse coa práctica de deportes de inverno coma o esquí ou o snowboard. O grupo estivo acompañado dunha boa climatoloxía e puideron disfrutar de máis de trinta kilómetros esquiables nas pistas da estación.
A saída realizouse o venres ás 23:30 horas e o regreso levouse a cabo o domingo, preto da
medianoite. Desta forma permitiuse que calquera persoa, estudante ou traballador, non tivera problemas de incompatibilidade de horarios para poder asistir.
comarca, senón tamén de Vilagarcía, Cangas ou Santiago. A presidenta de Borobó, Silvia
García Mirón, sinalou sentirse “moi satisfeita cos resultados desta actividade porque tamén axudamos a que a nosa vila se coñeza en Galicia a través do labor realizado polas asociacións locais”. A experiencia repítese tras a boa aceptación que está tendo dende a súa organización inicial no ano 2011 e xa é a cuarta ocasión na que se celebra esta viaxe. A presidenta do colectivo, Silvia García, quixo incidir nos beneficios destas actividades nas
que os mozos e mozas poden aprender e divertirse coa práctica desta tipoloxía de deportes que lles permiten disfrutar ao mesmo tempo da Natureza e da convivencia con outros mozos e destacou especialmente “o ambiente de respeto e educación entre tódolos
asistentes”. Por outra banda, tamén quixo resaltar a importancia de ofertar este tipo de actividades que configuran á asociación “nunha entidade xeradora de servizos á sociedade,
con distintas actuacións de diversidade cultural e mesmo de ocio, que en moitas
ocasións non son ofertadas dende as dependencias públicas locais".
Escribiu Certo
O Xornal Dixital de Barbanza e Noia
http://latri.ca/certo
http://cabozo.com/user/certo
http://pinterest.com/xornalcerto/
http://www.facebook.com/xornalcerto
http://www.certo.gl
http://certo.posterous.com
http://www.flickr.com/photos/certo/
http://xornalcerto.blogspot.com
http://twitter.com/Certo
http://friendfeed.com/certo
From: Asociación Cultural Borobó <asociacionborobo@gmail.com>
Date: 2013/2/17
Subject: nota de prensa viaxe San Isidro 2013_Asociación Cultural Borobó
To:
Boas
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario