27.1.10

Ribeira: un petróglifo soterrado vivo

   A miúdo atopámonos con noticias de comunidades que celebran con ledicia o descubrimento de calquer remoto vestixio. Cada anaco de cerámica, petróglifo, fósil ou obxecto que referencie unha época histórica ou prehistórica é recibido como se dun tesouro se tratase.

 

    A Casa de Doña Adela, de carísima factura, parece que nun futuro —non sabemos cando virá o anxo que lle franquee as portas —, será destinada a facer de exposición mostrando o pasado e presente da moi nobre e moi leal cidade de Ribeira na súa faceta histórica. Neste cubículo de luxo onde con catro basta, din que se pretende instalar un museo de bonecas e armas ferruxentas: representativas da historia de Santa Uxía?

 

    No esquife recinto espéllase a calidade de xestión dos excelentísimos, ilustrísimos e lela-oposición que rexen os ignotos destinos dos pacientes e resignados súbditos. Anoréxicas rúas, residencias abafantes, museos breves, prazas de abastos africanas, estacións de autobuses tropicais e alamedas de paus secos contribúen ao decoroso glamour da estrinxida capital do concello.

 

Neste caso amósovos un petroglifo que foi soterrado vivo: Desfíxose unha casa antiga, e no muro do lindeiro, aparece esta pedra riscada amosando unha singular gravación que, a xulgar pola súa situación, denota que na súa orixe tivo outra ubicación e misión. O caso é que o achádego foi denunciado para a súa recuperación pero a fatalidade, a apatía, o desleixo, a falla de interese e a idiotez deixaron que a pedra e a mensaxe impresa na mesma seguise emparedada per secula saeculorum.

 

Estes xestos denotan a vocación, sensibilidade, vontade e intención que reinan no aristocrático ambiente da “capital barbanzana” á hora de civilizar ás asilvestradas mesnadas.


Domingo Regueira

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Ciencia: en caso de crise, superespermatozoide ao ataque!

Faranji: os mouros de antes e os mouros de agora, ou "Alí Ben Maquía"


"Daquela, para non ferir sensibilidades e apoiar a peculiar alianza de civilizacións entre os militares africanistas feixistas e os colonizados do Rif, o crego don Prudencio mandou tapar a figura do Santiago Matamoros que sobranceaba o retábulo maior da igrexa".
Unha nova entrega de Faranji, por Xurxo Ayán. Ilustrada con fotos do Arquivo Pacheco.

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Boiro: o narcotráfico estivo "así, así!" (e fai acenos coas mans)

Tabaco, droga, castros de Neixón...
Un documental que aínda non se viu en Boiro (si en Cespón), grazas ao "bo facer" do Concelleiro de Cultura, Piñeiro (PSOE), e do seu xefe, o alcalde de Boiro, Deira, BNG. Bipartito rules!

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

26.1.10

Mar: piden de novo axuda para localizar ao golfiño Gaspar, que está polo norte de Galicia

Boiro: Aturuxo! celebra o seu segundo aniversario o 19 e 20 de febreiro

Porto do Son: organizan un concurso para declararse en lingua galega

xaneiro 26th, 2010 ás 17:51

O galego, unha lingua para querer!

Coincidindo co Día da Candeloria, día no que “casan os paxaros”, e próximos á celebración do día de San Valentín, o Clube da Lingua e a Biblioteca do IES de Porto do Son convoca o “Concurso de Declaracións de Amor”

As bases que rexerán o concurso son as seguintes:

  1. O certame consiste na elaboración dunha declaración de amor en lingua galega.
  2. Poderá participar todo o alumnado da ESO, Ciclo e Bacharelato.
  3. A declaración deberá ser orixinal e inédita e valorarase tanto o seu contido como unha expresión correcta e unha presentación coidada. A organización do concurso poderá desbotar aquelas mensaxes de carácter discriminatorio ou ofensivo.
  4. Haberá tres modalidades:
    1. Texto escrito.
    2. Mensaxes SMS.
    3. Video-declaracións.
  5. A presentación de orixinais rematará o venres 5 de febreiro. Os traballos que se reciban despois deste día non entrarán no concurso.
  6. A  participación neste concurso implica o consentimento do/a autor/a para a divulgación da obra presentada nas páxinas web da Biblioteca e do Clube da Lingua se se considera oportuno.
  7. O xurado estará integrado por cinco persoas, docentes e alumnos/as pertencentes ao Clube da Lingua e ao Equipo da Biblioteca. A resolución do xurado darase a coñecer o venres 12 de febreiro durante a celebración do Festival de Entroido.
  8. Haberá un premio (camisolas, memorias externas USB e libros) en cada unha das categorías (categoría A: 1º, 2º e 3º da ESO; e categoría B: 4º ESO, Ciclo e Bacharelato).
  9. Os premios poderán ser declarados desertos. A participación nesta convocatoria implica a aceptación de todas e cada unha das normas contidas nas presentes bases.

A. Texto escrito

- Os textos poderán estar escritos en prosa ou en verso.

- A extensión máxima do traballo non sobrepasará unha páxina. O tamaño da folla será A4, en letra Times New Roman 12 puntos en procesador de textos (word, openoffice), interliñado 1’5.

- Os traballos presentaranse baixo pseudónimo en sobre pechado e rotulado. No seu interior, nun papel dobrado, o/a concursante anotará o seu nome e apelidos e grupo ao que pertence.

- Os/as concursantes depositarán os seus traballos nunha caixa disposta na Biblioteca para tal fin.

B. Mensaxes SMS.

- Os textos escritos en linguaxe SMS terán como extensión máxima 350 caracteres, incluídos os espazos en branco. As mensaxes que excedan esta extensión quedarán fóra do concurso.

- Os traballos presentaranse baixo pseudónimo en sobre pechado e rotulado. No seu interior, nun papel dobrado, o/a concursante anotará o seu nome e apelidos e grupo ao que pertence.

- Os/as concursantes depositarán os seus traballos nunha caixa disposta na Biblioteca para tal fin.

C. Video-declaracións.

- Cada participante poderá gravar unha declaración de amor de creación propia ou recitar poemas da literatura galega. A duración máxima da gravación será dun minuto.

- Poderá empregar medios propios (cámara de vídeo, móbil…) ou acudir ao Departamento de Audiovisuais (1º andar, enfronte da Aula de Convivencia) nos segundos recreos ata o 5 de febreiro para gravar a súa declaración.

- As gravacións serán entregadas nunha memoria electrónica (lapis USB) aos membros do Equipo da Biblioteca na semana do 1 ao 5 de febreiro nos primeiros recreos na Biblioteca.

Etiquetas, ,
-

 

RSS feed for comments on this post | TrackBack URI

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Noia: o Concello lembrará ao xeógrafo Domingo Fontán cunha placa

Domingo Fontán ten unha Fundación, cuxa web é http://www.fundaciondomingofontan.com

Vivenda de Domingo Fontán, onde se atopa a actual Praza de Abastos. No pleno do venres 29 de Xaneiro aprobarase poñer unha placa no actual edificio da Praza en memoria deste xeógrafo do século XIX.

Quen era Domingo Fontán?

Un xeógrafo nado en Pontevedra (Portadeconde, Portas, o 7 de abril de 1788). Foi o autor do primeiro mapa topográfico e científico de Galicia, que resultou ser tamén o primeiro feito en España con métodos científicos e medicións matemáticas.

Que ten que ver con Noia?
Participou na creación da primeira fábrica de papel de Galicia, que estivo en Lousame en 1863, e residiu por iso en Noia, na casa das fotografías que o actual alcalde, Rafael García Guerrero, subiu ao seu blog, de onde as tomamos.

Fontán é un persoeiro que debería ser lembrado máis a miúdo nesta terra: traballou mentres foi deputado por Pontevedra para que se aboliran os foros que pesaban como unha lousa sobre o campesiñado galego e tamén loitou (semella que non deu moito resultado, polo que seguimos a ver) contra o caciquismo. Ademais do mapa do que falamos e da primeira fábrica de papel, tamén foi pioneiro no ferrocarril: axudou no deseño do trazado da primeira liña férrea de Galicia en 1858, entre Santiago e Carril (Pontevedra) que sería inaugurada en 1871.

Domingo Fontán morreu en Cuntis, o 24 de outubro de 1866. Está enterrado no mesmo sitio que Rosalía e Castelao, no Panteón de Galegos Ilustres, en Bonaval, ao pé do Museo do Pobo Galego, Santiago de Compostela.


Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Curiosidades: opcións sexuais explicadas con bics

Boiro: pleno extraordinario o xoves 28 co Plan E (anticrise) como punto principal

      Boiro, 26 de xaneiro de 2010. O pleno extraordinario deste xoves 28, cuxa orde do día vai anexa á noticia, leva como punto principal a aprobación de obras con cargo ao fondo estatal para o emprego e a sostenibilidade local. Ou sexa, o novo plan E do Goberno de España. A este concello, un dos máis endebedados na redonda, viralle que nin pintado para arranxar unhas cantas obras que nin se deran rematado co anterior plan anticrise.

    Entre esas actuacións están unha praza, tres pistas deportivas e un párking en Barraña, así como un centro de formación e un edificio de servizos municipais. Para rematar ese párking, con capacidade para cen prazas, destinarase agora case un millón de euros, mentres que as pistas (para practicar skate, baloncesto, tenis, volei e fútbol) haberá máis de douscentos mil euros. Iluminar todo custará uns 150.000 euros.

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical