6.4.10

Infraestruturas: o PSOE pedirá no Parlamento que se cumpran os prazos no corredor Brión-Noia


Segundo os socialistas, debería estar en funcionamento todo o tramo o 1 de xaneiro de 2011

"Durante máis de 16 anos de gobernos do PP na Xunta (1990-2005) non fixeron un só metro de novas estradas entre Noia e Santiago. Baixo o goberno socialista construiuse a autovía Santiago-Brión e comezaron as obras do corredor de Brión a Noia. Agora o que esperamos é que o goberno de Feijóo complete os plans que deixou aprobados o PSdeG na pasada lexislatura e o corredor entre Brión e Noia entre en funcionamento na súa totalidade, o 1 de xaneiro de 2011”, explicaba hoxe o Viceportavoz do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia.

Noia, 10 de febreiro de 2010. O Viceportavoz do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, José Manuel Lage, impulsou hoxe no Parlamento de Galicia a través dunha iniciativa parlamentaria “o cumprimento estricto dos prazos de execución e entrada en funcionamento do corredor Brión-Noia.”Lage Tuñas presentou unha Proposición Non de Lei no Parlamento de Galicia “co obxecto de que se cumpran os prazos previstos na resolución da adxudicación dos tramos Brión-Martelo e Martelo-Noia, pertencentes ao corredor Brión-Noia que foi deseñado e adxudicado polo Goberno socialista de Pérez Touriño”.

“Durante o século XX o Partido Popular negoulle a Noia a conexión con Santiago a través dunha vía de alta capacidade. Tivo que ser un goberno socialista na Xunta de Galicia o que fixera posible a autovía Santiago-Brión e o comezo das obras do corredor Brión-Noia”, recordaba hoxe o deputado noiés.

O Viceportavoz do Grupo Socialista, José Manuel Lage presentou unha Proposición Non de Lei co obxectivo de impulsar “o cumprimento dos prazos de execución do corredor Brión-Noia e a súa entrada en funcionamento o 1 de xaneiro de 2011”. Lage Tuñas demandara no Parlamento galego “un acordo das tres forzas políticas presentes no parlamento para que a Xunta de Galicia cumpla coas previsións e os prazos xa proxectados polo Goberno socialista de Pérez Touriño, cando Noia foi posta no mapa da comunicación terrestre ao deseñar o corredor Brión-Noia e adxudicar os dous tramos Brión-Martelo e Martelo-Noia”.

Lage apunta que a obra Brión-Martelo debería estar rematada en febreiro, e xa é abril

O deputado noiés propón “que a Xunta de Galicia aproveite o deseño feito polo anterior goberno para permitir o desdoblamente do corredor que se está a construir entre Brión e Noia e deste xeito axilizar a conversión do corredor en autovía”. ”A obra do primeiro tramo Brión-Martelo tiña que estar rematada no mes de febreiro de 2010 e a día de hoxe acumúlase retraso ao igual que no caso do segundo tramo entre Martelo e a ponte de Ceilán”, afirma Lage Tuñas.

”Durante máis de 16 anos de gobernos do PP na Xunta (1990-2005) non fixeron un só metro de novas estradas entre Noia e Santiago. Baixo o goberno socialista construiuse a autovía Santiago-Brión e comezaron as obras do corredor de Brión a Noia. Agora o que esperamos é que o goberno de Feijóo complete os plans que deixou aprobados o PSdeG na pasada lexislatura e o corredor entre Brión e Noia entre en funcionamento na súa totalidade, o 1 de xaneiro de 2011” explicaba. Lage Tuñas recordou hoxe que “o goberno socialista na Xunta foi o que cambiou o trazado do corredor Brión-Noia e modificou o proxecto de anteriores gobernos do Partido Popular que deseñaran unha vía rápida sen posibilidade de desdobramento”. “Nós aprobamos un deseño do corredor con previsión de desdobramento ao incluir xa as expropiacións do conxunto dos terreos necesarios para construir a autovía de Noia a Santiago”.

“O goberno socialista deixou os terreos expropiados e o deseño do corrredor previsto para convertirse en Autovía, agora o que esperamos é que Núñez Feijóo continúe cos plans que xa tiña o goberno anterior”, concluíu.

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Boiro: denuncian unha nova desfeita no entorno do CAB

Nunhas horas publicaremos a carta de Xurxo Ayán, arqueólogo do CSIC que dirixiu as escavacións de Neixón durante anos, sobre o que está a acontecer coas obras innecesarias de ampliación do Centro Arqueolóxico da Barbanza.

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Rianxo: os do Bng estrean bitácora en Bngrianxo.blogaliza.org

Escollemos este cartaz para lembrar o acto deste mércores, que xa publicamos en Certo.
Dámoslle a noraboa por esta iniciativa aos nacionalistas rianxeiros e a benvida á blogosfera (ou blogomillo). Agardamos que sachen con ansie neste eido virtual e que non lle aconteza como a tantos blogs, que non dan froito porque non se coidan.

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Ribeira: o prestixioso músico cubano Andrés Alén impartiu un cursiño de piano e composición

Na foto de esquerda a dereita: Teresa Bretal, Rosalía Gómez, Adrián Davila, Andrés Alén, Leticia Recamán e Carolina Borja

Ribeira, 6 de abril.-
O Conservatorio Profesional de Música ribeirense tivo a honra de recibir ao gran pianista e compositor cubano Andrés Alén Rodríguez, que ofreceu o "Primeiro Curso de Piano y Composición" en dito centro, organizado pola profesora Teresa Bretal Martínez. Este cursiño celebrouse durante os días 29, 30 e 31 de marzo.


Asistiron ao mesmo alumnos e profesores da localidade así como estudantes de numerosos conservatorios de toda Galicia para ter a oportunidade de coñecer de cerca ao mestre Andrés Alén.


Máis información sobre este músico: http://www.myspace.com/andresalen


Balada del amor adolescente, peza composta por el:


</object>

 

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Boiro: procesión do Venres Santo

Boiro: CANCELADO!! o dos locais de ensaio do Centro Social, abertos para os grupos de Rianxo este sábado 27

Avisarán na data na que se poida voltar organizar...

A causa ten nome de muller: Xynthia.

Cal é a razón? Os de Galiza Nova cóntano no seu Facebook:

"Este sábado de catro a nove os locais de ensaio do Centro Social de Boiro estarán abertos para todos aqueles grupos de Rianxo que queiran ensaiar alí. Este é un acto de protesta ligado á campaña a prol dun local para a mocidade en Rianxo. Deste xeito manifestaremos que a realidade é distinta do que refflicte o goberno actual. É unha mágoa que a cultura que nace debaixo das pedras rianxeiras teña que ir a outro concello para poder, neste caso, ensaiar ao quente e sen pagar nada, nadiña. Quen estea interesado que se poña en contacto connosco".

Por se non chegase, argumentan nunha nota de prensa:

"Este sábado 27 de febreiro, Galiza Nova Rianxo celebrará unha Xornada de Portas Abertas no Centro Social de Boiro desde as 4 ata as 9 como protesta pola falta de locais desta índole no seu propio Concello, onde os grupos rianxeiros que o desexen poderán participar. Demostrarase in situ a numerosa cultura musical emerxente nas súas aldeas. En verdade, é unha mágoa que teñan que recorrer a outro concello, neste caso Boiro, para poder ensaiar ó quente e de balde. Os nacionalistas rianxeiros queren dar a ver deste xeito que é unha realidade manifesta. Existen mozos que ensaian e non teñen onde, polo que se demanda a posibilidade do uso do Auditorio. Dado que o goberno actual non destinou os cartos do Plan Anticrise na reforma da antiga clínica para convertela nunha Casa para a Mocidade, agora o mínimo é que este colectivo poida empregar as instalacións xa existentes no Concello".

Un asunto do que en Certo xa falamos no seu día aquí e aquí

null                                                             </object>   

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

2.4.10

Santo Enterro en Ribeira

O venres santo pechouse cun acto relixioso moi popular e de gran fervor entre os fieis da parroquia de Ribeira.

Temos o video en:

E as fotos aquí:

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Santo Enterro en Ribeira

O venres santo pechouse cun acto relixioso moi popular e de gran fervor entre os fieis da parroquia de Ribeira.

Temos o video en:

E as fotos aquí:

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Xoves Santo en Boiro

Da man de Diego Romero (mellor dito, da súa cámara fotográfica) chégannos estas imaxes do Xoves Santo de Boiro, advertindo que a procesión anulouse por motivo da choiva que nestes días está a caer na comarca.

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

30.3.10

Prazo de inscrición para ir A Coruña e Betanzos

O Departamento de Servizo Sociais de Riveira informa de que hoxe luns, día 29 de marzo, iníciase o prazo de inscrición para participar na segunda das Saídas Culturais para Maiores que organiza a Concellería de Igualdade, Acción Social, Maiores e Dependencia, e que terá a zona de A Coruña e Betanzos como puntos de destino. 

Esta excursión desenvolverase o día 16 de abril. O itinerario da ruta comezará na estación de autobuses de Riveira ás 8 horas coa recollida dos participantes e o seu traslado á Coruña. Os primeiros dous puntos da cidade herculina que serán visitados serán o Aquarium Finisterrae (10 horas) e o Domus (11.30). Acto seguido percorrerase o Monte de San Pedro e pasearase pola zona histórica e a praza de María Pita, sede da Casa Consistorial. 

Ás 14 horas terá lugar a comida e pola tarde a expedición tomará camiño a Betanzos previo paso polas localidades de Santa Cruz, Mera e Sada. Unha vez chegada á localidade betanceira percorrerase a súa zona histórica. 

O prezo por participar é de 20 euros por persoa. Os maiores interesados en tomar parte nesta excursión, a primeira das seis que integran as Saídas Culturais 2010, deben presentar as súas solicitudes no Departamento de Servizos Sociais, sito na rúa de Correos nº5 de Santa Uxía (números de teléfono 981 874 131 e 981 873 409). 

O prazo de inscrición remata o día 13 de abril.

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical