6.4.10

Infraestruturas: o PSOE pedirá no Parlamento que se cumpran os prazos no corredor Brión-Noia


Segundo os socialistas, debería estar en funcionamento todo o tramo o 1 de xaneiro de 2011

"Durante máis de 16 anos de gobernos do PP na Xunta (1990-2005) non fixeron un só metro de novas estradas entre Noia e Santiago. Baixo o goberno socialista construiuse a autovía Santiago-Brión e comezaron as obras do corredor de Brión a Noia. Agora o que esperamos é que o goberno de Feijóo complete os plans que deixou aprobados o PSdeG na pasada lexislatura e o corredor entre Brión e Noia entre en funcionamento na súa totalidade, o 1 de xaneiro de 2011”, explicaba hoxe o Viceportavoz do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia.

Noia, 10 de febreiro de 2010. O Viceportavoz do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, José Manuel Lage, impulsou hoxe no Parlamento de Galicia a través dunha iniciativa parlamentaria “o cumprimento estricto dos prazos de execución e entrada en funcionamento do corredor Brión-Noia.”Lage Tuñas presentou unha Proposición Non de Lei no Parlamento de Galicia “co obxecto de que se cumpran os prazos previstos na resolución da adxudicación dos tramos Brión-Martelo e Martelo-Noia, pertencentes ao corredor Brión-Noia que foi deseñado e adxudicado polo Goberno socialista de Pérez Touriño”.

Durante o século XX o Partido Popular negoulle a Noia a conexión con Santiago a través dunha vía de alta capacidade. Tivo que ser un goberno socialista na Xunta de Galicia o que fixera posible a autovía Santiago-Brión e o comezo das obras do corredor Brión-Noia”, recordaba hoxe o deputado noiés.

O Viceportavoz do Grupo Socialista, José Manuel Lage presentou unha Proposición Non de Lei co obxectivo de impulsar “o cumprimento dos prazos de execución do corredor Brión-Noia e a súa entrada en funcionamento o 1 de xaneiro de 2011”. Lage Tuñas demandara no Parlamento galego “un acordo das tres forzas políticas presentes no parlamento para que a Xunta de Galicia cumpla coas previsións e os prazos xa proxectados polo Goberno socialista de Pérez Touriño, cando Noia foi posta no mapa da comunicación terrestre ao deseñar o corredor Brión-Noia e adxudicar os dous tramos Brión-Martelo e Martelo-Noia”.

Lage apunta que a obra Brión-Martelo debería estar rematada en febreiro, e xa é abril

O deputado noiés propón “que a Xunta de Galicia aproveite o deseño feito polo anterior goberno para permitir o desdoblamente do corredor que se está a construir entre Brión e Noia e deste xeito axilizar a conversión do corredor en autovía”. ”A obra do primeiro tramo Brión-Martelo tiña que estar rematada no mes de febreiro de 2010 e a día de hoxe acumúlase retraso ao igual que no caso do segundo tramo entre Martelo e a ponte de Ceilán”, afirma Lage Tuñas.

”Durante máis de 16 anos de gobernos do PP na Xunta (1990-2005) non fixeron un só metro de novas estradas entre Noia e Santiago. Baixo o goberno socialista construiuse a autovía Santiago-Brión e comezaron as obras do corredor de Brión a Noia. Agora o que esperamos é que o goberno de Feijóo complete os plans que deixou aprobados o PSdeG na pasada lexislatura e o corredor entre Brión e Noia entre en funcionamento na súa totalidade, o 1 de xaneiro de 2011” explicaba. Lage Tuñas recordou hoxe que “o goberno socialista na Xunta foi o que cambiou o trazado do corredor Brión-Noia e modificou o proxecto de anteriores gobernos do Partido Popular que deseñaran unha vía rápida sen posibilidade de desdobramento”. “Nós aprobamos un deseño do corredor con previsión de desdobramento ao incluir xa as expropiacións do conxunto dos terreos necesarios para construir a autovía de Noia a Santiago”.

O goberno socialista deixou os terreos expropiados e o deseño do corrredor previsto para convertirse en Autovía, agora o que esperamos é que Núñez Feijóo continúe cos plans que xa tiña o goberno anterior”, concluíu.

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical