6.4.10

Ribeira: a lonxa bateu o seu récord histórico de facturación en marzo ao pasar dos catro millóns de euros

Imaxe de arquivo da lonxa ribeirense

(Nota do Concello)

Ribeira, 6 de marzo de 2010.- A pesar do mal tempo, que impediu que gran parte da flota saíse a faenar, a Lonxa Municipal rexistrou no pasado marzo un récord ao superar por primeira vez na súa historia a barreira dos catro millóns de euros de facturación mensual, ata acadar un total de 4.234.000 euros. A mellor cifra rexistrada ata o momento fora establecida fai un ano, en marzo de 2009, cando se logrou unha facturación total de 3.957.000 euros. Polo que respecta ao volume de descargas, a do pasado mes ascendeu aos 3.455.000 kilos, cifra sensiblemente inferior aos 5.700.000 de fai 12 meses.


Un dato que tamén merece ser destacado foi o do prezo medio acadado en marzo, que ascendeu a 1,23 €/kg. Esta cifra ven a duplicar practicamente a establecida no mes de marzo de 2009, o que evidencia a significativa alza na demanda de peixe rexistrada.

Xarda


Como especies máis importantes, cómpre destacar tanto en descargas como en facturación o caso da xarda, especialmente se se ten en conta que no caso do cerco e das artes varias, as embarcacións non puideron capturar esta especie a partir do día 11 de marzo, mentres que no caso dos barcos de arrastre o último día de desembarcos foi o día 15 de marzo. Malia así, o volume de xarda capturada en arrastre ascendeu a 1.560.000 kilos, con 1.025.000 euros de facturación.

Tamén merecen ser destacados o lirio, o xurel e a pescada. En canto ao lirio, descargáronse 504.000 kilos, cun volume de facturación de 856.000 euros. Polo que respecta ao xurel, descargáronse en arrastre 414.673,42 euros, cunhas transaccións de 443.000 euros. E no caso da pescada, descargáronse 197.000 kilos en arrastre, por un importe total de 408.000 euros.

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical