27.5.10
Rianxo: petróglifo dos Campos, "que está como se non estivese"
Lean os comentarios e comprenderán o título. En http://fotosderianxo.wordpress.com/2010/05/26/o-petroglifo-dos-campos/
Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
26.5.10
Ribeira: a dorna local Áncora, gañadora do Campionato de Primavera de Dornas a Vela
A crónica e unhas fotos que da gloria velas, no blog dos organizadores, en http://lajareu.blogspot.com/2010/05/finaliza-o-campeonato-de-primavera-de.html
Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Sanidade: a segunda concentración para pedir celadores no Hospital da Barbanza, o luns 31 de maio
O próximo luns 31 de Maio de 2010 os traballadores do Hospital da Barbanza volverán a concentrarse para solicitar a categoría de celadores para o centro.
"Non faltes, aféctanos a todos", piden na súa web.
A anterior concentración foi o 30 de abril. Houbo movementos políticos e peticións varias, mais a categoría de celador segue sen ter presenza no hospital de referencia desta bisbarra. En Certo publicamos varias novas ao respecto, que poden atopar en http://certo.posterous.com/?sort=&search=celadores
Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Ribeira: a Consellería do Mar organiza xornada de portas abertas hoxe e mañá na Escola Oficial Náutico-Pesqueira
Esta iniciativa realizarase entre hoxe e o 28 de maio no Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo, nas escolas oficiais Náutico-Pesqueiras de Ribeira, e Ferrol e no Instituto Galego de Formación en Acuicultura (Igafa) Ribeira, 26 de maio de 2010.- A Consellería do Mar potencia e divulga a súa oferta formativa a través dunhas xornadas de portas abertas que se celebrarán entre hoxe e o 28 de maio nos catro centros da súa competencia, o Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico, de Vigo; a Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira, a Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol e o Instituto Galego de Formación en Acuicultura (Igafa). O obxectivo desta iniciativa é dar a coñecer e informar da oferta de cada centro e amosar as súas instalacións a futuros alumnos e alumnas. Hoxe e mañá serán a Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira e o Igafa os que dean a coñecer as súas ensinanzas. O centro de Ribeira pode visitarse en horario de mañá e tarde e nel ofrecerase un percorrido polas instalacións, guiado por persoal do centro para informar aos visitantes das diferentes ensinanzas que imparte, das súas saídas profesionais e do funcionamento das instalacións. Ademais os visitantes terán a oportunidade de ver dúas exposicións. Unha delas de motores reais en miniatura feitos artesanalmente e que conta con vídeos de mostra no que o autor explica o proceso de fabricación. Nesta mostra tamén se poderán observar aparatos náuticos antigos. A outra exposición é fotográfica e sobre a cultura tradicional mariñeira e a recuperación da memoria etnográfica da poboación mariñeira de Aguiño.
No Igafa presentarán a súa oferta atendendo aos colectivos de alumnos/as, de equipos directivos e docentes de centros de educación secundaria e a empresas específicas de acuicultura e mergullo. Isto último, realizarase a maiores no mes de xuño para propoñer novas liñas de colaboración ou melloras nas xa existentes na actualidade e abrir un foro de suxerencias sobre necesidades formativas e/ou liñas de futuro. Para poder ver o centro hai dúas quendas de visita, unha ás 10:00 horas e outra ás 12:00 horas. Mañá 27 de maio e o 28 será o Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo o que abra as súas portas para presentar a súa oferta formativa da familia profesional marítimo-pesqueira, ciclos medios e superiores de ponte e máquinas e certificados de Profesionalidade de Pesca e Mercante. Farano fundamentalmente para alumnos de centros de educación secundaria e bacharelato, sobre todo procedentes de zonas tradición pesqueira, coa intención de que coñezan as instalacións do centro, as aulas de simulación, de pesca, de navegación, de GMDSS, de motores, etc. e que vexan o tipo de traballos que realizan os alumnos. A Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol realizará estas xornadas o día 28 de maio.Tamén para expoñer a súa oferta formativa e presentar as súas instalacións, entre elas a aula de seguridade. A maiores, o 4 de xuño, este centro volverá a abrir as súas portas coa mesma finalidade. Con este tipo de iniciativas, a Consellería do Mar busca dar a coñecer os centros da súa competencia, para a captación de alumnado e para poñer en coñecemento do sector pesqueiro as titulacións que se imparten nestes centros. Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Opinión: Jorge Emilio Bóveda analiza as últimas decisións políticas
O artigo "O último coito" (non ten nada que ver cos contos eróticos de Susana Moo) está en http://certo.es/index.php?page=o_ultimo_coito
Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
25.5.10
Porto do Son: reglamento de La protección obrera, en 1901
Atópase no Museo do Mar de Vigo.
A imprenta que o sacou do prelo estaba en Noia (R. y Blanco).
Xa choveu!
Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Medio Ambiente: a Sociedade Galega de Historia Natural dalle un enorme tirón de orellas aos políticos
Foto: Joaquín Vilas (Panoramio)
.... Os erros a corrixir son moi importantes. No caso do ámbito do POL, a día de hoxe a “desordenación do territorio” levounos a ter 11600 puntos de amarre en portos deportivos, 2 aeroportos malos que compiten entre si, 2 portos exteriores separados apenas 17 km e un sinfín de paseos marítimos absurdos que urbanizan espacios naturais da beiramar e que hai que arranxar despois de cada temporal forte. A grave desordenación tamén nos levou a que aínda falten por construir nada menos que 22 das 91 depuradoras necesarias nese territorio e a que persistan 1926 puntos de verteduras, todo o cal ameaza gravemente a riqueza pesqueira e marisqueira do noso litoral. A desordenación urbanística e a falta de respecto á lexislación ambiental tamén nos levou ás recentes sentencias do Tribunal Supremo contra o macrorrelleno do porto de Marín e contra a tramitación da licencia dos depósitos de combustible no de Vilagarcía.
A política dos feitos consumados en moitos concellos, ese tristemente famoso “ti vai facendo” que en realidade era un “ti vai (des)facendo”, no ámbito do POL traduciuse nun caos urbanístico que devoraba o litoral galego ata que a Lei 6/2007... paralizou cautelarmente os desenvolvementos urbanísticos na franxa de 500 m desde a ribeira de mar ata que se elabore o POL.
... O litoral galego é moito máis que un solar urbanizable, ou que un terreo a encher con infraestruturas enerxéticas, de comunicacións e plantas de acuicultura. O litoral de Galicia forma parte do patrimonio natural, cultural, etnográfico e identitario non só dos galegos, senón de todos os europeos, e como patrimonio común inalienable debemos ordenalo, aproveitalo de xeito sostible e protexelo por enrriba de calquera interese particular.
... Por iso, dende a SGHN damos a benvida ó Plan de Ordenación do Litoral non só porque é necesario, senón porque, facendo da necesidade virtude, é en liñas xerais un bo plan... De todolos xeitos, a SGHN discrepa con algúns artículos do POL, considera que outros deberan de mellorarse, bota en falla a inclusión dalgún adicional e considera oportuno facer diversos comentarios sobre outros.
... a súa principal carencia (é que) ningún artigo fai referencia á imprescindible campaña de reposición da legalidade urbanística... Ademais, á SGHN demanda que o POL establezca con claridade que os hábitats de conservación prioritaria, os denominados Espazos de interese de taxóns e os espazos de interese paisaxístico quedan excluidos do desenvolvemento urbano, turístico e industrial.
... A SGHN considera preciso que se inclúa unha disposición transitoria que estableza unha moratoria na execución dos PXOM e os plans sectoriais para que se adapten ó POL e ás DOT; senón corremos o risco de que, como os PXOM, dentro de 8 anos os planos sectoriais aínda non se adaptaron.
No caso do Art. 16 considérase moi acertado que para definir os espazos de interese de taxons se teña en conta toda a xeoforma en que aparece a especie, pero ademais da existencia de taxons de Flora Vascular endémicos, vulnerables ou de distribución reducida, debera contemplarse calquera outro taxón incluido no Catálogo Galego de Especies Ameazadas.
... Consideramos imprescindible que as medidas de integración paisaxística contempladas nos Art. 54 a 62 se fagan extensivas ós proxectos de concentración parcelaria dentro do ámbito do POL.
... A moi sensata recomendación do Art. 61 para que nas áreas de actividade industrial e económica a altura da iluminación se sitúe por debaixo das copas das árbores, co obxecto de aproveitar ao máximo a luz, debera estenderse a todas as instalacións de alumeado público.
É unha magnífica noticia para o medio litoral galego o modelo de sendeiros peonís contemplado no POL, claramente inspirado no modelo europeo de sendeiros de gran e pequeno percorrido e que sen dúbida algunha son moitísimo máis respectuosos, fermosos, sustentables e baratos que o perxudicial e carísimo modelo de paseos marítimos desenvolvido ata agora.
... En síntese, a SGHN quere máis que este POL pero sobre todo, deixando ó lado posibles diferencias con outras entidades ou persoas, a SGHN quere como mínimo este POL. E ademais quere que se aplique real e efectivamente canto antes. Dende hai xa 8 anos, no primeiro contacto con cada novo Conselleiro de Medio Ambiente a SGHN só lle fai unha petición: que cumpra e faga cumprir a lexislación ambiental. Congratulámonos de que, dito con outras verbas, ese sexa precisamente un dos dez principios inspiradores ou obxectivos xerais do POL:
“A transparencia e o respecto, por que sen respecto ás normas e convencións rexionais, nacionais e internacionais democráticamente aprobadas, a convivencia, a paisaxe e o medio ambiente deterióranse, moitas veces de xeito irreversible”.
O texto íntegro da intervención está recollido no PDF SGHN_Comisión_Parlamentaria_POL
Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Boiro: caravana de vehículos antigos o xoves 26 de maio
Boiro, 25 de maio de 2010. Unha caravana integrada por nove vehículos antigos visitará Boiro este xoves, día 26 de maio. A viaxe, organizada polo Club Packard Ibérica, parte da Praza Maior de Salamanca con destino á Praza do Obradoiro de Santiago de Compostela, á que está prevista a chegada para o xoves a mediodía. Logo de asistir á Misa do Peregrino, a comitiva porá rumbo a Boiro, onde parará para comer no Restaurante Florida (sobre as 15.00 horas).
Ao remate do xantar, sobre as 17.00 horas, os coches antigos vanse desprazar ata o casco urbano de Boiro, por onde pasarán pola rúa Principal para dirixirse ao peirao de Escarabote e, posteriormente, ao de Cabo de Cruz. De volta ao casco urbano, permanecerán expostos na Praza de Galicia durante unha hora.
Entre os vehículos que participan nesta ruta figuran un Packard descapotable de 1930, un Dodge 1935 convertible, un Rolls Royce Corniche cabrio e un par de Jaguar.
Quen queira máis información sobre o Club Packard Ibérica e os incribles coches que forman parte del, só ten que ver a web http://www.packardclub.es. Teñen un concepto moi "seu" do emprego de Internet, pois hai que pedir permiso para publicar as fotos que alí teñen, así que empregamos nesta información unha imaxe que nada ten que ver con eles, pero que poden vostedes empregar no que desexen, como todas as de Certo.gl.
Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Boiro: o Concello despídese tamén da cuarcita na rúa Santos Mieites
Con cuarcita
Sen cuarcita
Boiro, 25 de maio de 2010. O Concello de Boiro informa que, a partir de mañá mércores, día 26 de maio, procederase a levantar a cuarcita da rúa Santos Mieites, no tramo comprendido entre as rúas Robustiano Pérez del Río e Poeta Manuel María, para ser substituída por adoquín, igual ao xa utilizado no resto desta rúa peonil e na Pablo Iglesias. O motivo deste cambio son as constantes roturas da cuarcita, polo que se decidiu utilizar outro material máis resistente, tendo en conta tamén o bo resultado do adoquín no resto da zona peonil.
O Concello de Boiro, que xa ten informado aos comercios afectados do inicio das obras, pide desculpas tanto aos empresarios como aos veciños polas molestias que a actuación poida ocasionar, á vez que se pon á súa disposición, a través da Concellería de Obras e Servizos, para atender calquera incidencia ao respecto.
Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia













