14.6.10

Opinión: o padre Teixugo advirte de novo sobre as expropiacións polo gasoduto

Vannos limpar en Barbanza por esta leria sobre uns 1.000 ferrados, así, case ás agochadas. Reaxide, fregueses! Lede a segunda parte da oitava homilía do Padre Teixugo en http://certo.es/index.php?page=homilia_viii

Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

A Pobra do Caramiñal: arranxarán por preto de 200.000 euros o saneamento no lugar do Pozo


A Pobra do Caramiñal, 14 de xuño de 2010. O Concello de A Pobra anunciou hoxe en nota de prensa o comezo das obras de saneamento no lugar de Pozo:

"Vistas as necesidades existentes no lugar do Pozo, en San Lázaro – Parroquia de Santa Cruz, o concello considerou oportuna a elaboración dun proxecto para a instalación de rede de saneamento, abastecemento de auga e separativa de pluviais.

     Este foi presentado na Consellería de Medio Rural que, para satisfacción deste alcalde e do equipo de goberno, lle deu o visto bo, sacouno a licitación e foi adxudicado á empresa CONSTRUCCIONES NIMA S.A. O orzamento de execución é de 195.986,98 € e a actuación consistiría na realización das seguintes obras:

  1. Rede de abastecemento: colocación de 245 metros lineais de tubaría de 90 mm en PEAD con 3 válvulas.
  2. Rede de saneamento: colocación de 215 metros lineais de tubaría de 315 mm de diámetro en PVC SN4 Compacto e 7 pozos.
  3. Rede de pluviais: colocación de 260 metros lineais de tubaría de 315 mm de diámetro en PVC SN4 Compacto e 8 pozos.

       Todas as canalizacións irán soterradas en zanxa, rechea con material de préstamo e procedente da escavación. Repoñerán o pavimento que resulte afectado ou demolido na execución das obras con base de formigón de 20 cm. e capa de rodadura de 6 cm de aglomerado asfáltico en quente.

     Damos as grazas á Xunta de Galicia, e máis concretamente, á Consellería de Medio Rural, por acometer esta obra tan necesaria coa que, sumada á obra realizada con cargo ao F.E.I.L. e levada a cabo pola empresa AQUAGEST S.A., completaranse todos os servizos desta zona e o noso concello dará un paso máis para a consecución do saneamento integral, un dos piares sobre os que se basea o traballo que ven desenvolvendo este equipo de goberno".

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Ribeira: o 20 de xuño, ruta de sendeirismo ao Monte Pindo

Castelo de San Xurxo por Noel Feans.
"(...) no século X Sisnando (bispo de Iria Flavia) ordenou a construción do Castelo de San Xurxo nas beiras do monte Pindo, para protexer estas terras dos continuos ataques dos piratas medievais. Diversas familias nobres de Galiza habitárono ata que o castelo foi destruido no ano 1467 nas Revoltas Irmandiñas. Dise que fai cincuenta anos aínda se podían ver parte dos seus muros, desfeitos polos buscadores de tesouros (...)". Foto cargada o 22 de xullo, 2009 por Noel Feans en Flickr

Ribeira, 14 de xuño de 2010. A Asociación As Miñoteiras organiza, coa colaboración do Concello de Ribeira, unha ruta de sendeirismo polo Monte Pindo que se desenvolverá este domingo 20 de xuño. 

Cun percorrido de 14 quilómetros, o itinerario inclúe a ascensión á Pena Moa (627 metros), que se efectuará a ritmos moi suaves e con frecuentes paradas, de xeito que calquera persoa cun mínimo de fondo físico poida disfrutar dunha das rutas montañeiras coas vistas panorámicas máis impresionantes das que podemos gozar na costa galega. 


A saída terá lugar da estación de autobuses de Santa Uxía de Ribeira ás 9.30 horas. O prezo por participar é de 10 euros. 

Os interesados poden inscribirse na Oficina Municipal de Deportes (981 835 650 ou deportes@riveira.com).


 

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

13.6.10

Lingua galega: dispoñible na rede "No meu mar, na miña lingua"

http://www.youblisher.com/files/publications/5/29079/2.jpg,http://www.youblis...&scaleContent=true&preserveProportions=false&centerContent=true&hardcover=false&hardcoverThickness=3&hardcoverEdgeColor=16777215&highlightHardcover=true&frameWidth=0&frameColor=16777215&frameAlpha=100&firstPageNumber=1&autoFlipSize=50&navigationFlipOffset=30&flipOnClick=true&handOverCorner=true&handOverPage=true&alwaysOpened=false&staticShadowsType=Asymmetric&staticShadowsDepth=1&staticShadowsLightColor=16777215&staticShadowsDarkColor=0&dynamicShadowsDepth=1&dynamicShadowsLightColor=16777215&dynamicShadowsDarkColor=0&moveSpeed=2&closeSpeed=3&gotoSpeed=3&rigidPageSpeed=5&flipSound=http://www.youblisher.com/flash/sounds/02.mp3&hardcoverSound=&preloaderType=Thin&pageBackgroundColor=14540253&loadOnDemand=true&allowPagesUnload=true&showUnderlyingPages=false&playOnDemand=true&freezeOnFlip=false&darkPages=false&smoothPages=false&rigidPages=false&flipCornerStyle=manually&flipCornerPosition=bottom-right&flipCornerAmount=50&flipCornerAngle=20&flipCornerRelease=true&flipCornerVibrate=true&flipCornerPlaySound=false&zoomEnabled=true&zoomPath=http://www.youblisher.com/files/publications/5/29079/large-&zoomImageWidth=794&zoomImageHeight=1125&zoomOnClick=false&zoomUIColor=12303291&zoomHint=Double click for zooming.&centerBook=true&useCustomCursors=false&dropShadowEnabled=false&dropShadowHideWhenFlipping=true&backgroundColor=15658734&backgroundImage=&backgroundImagePlacement=fit&printEnabled=true&printTitle=Print Pages&downloadURL=http://www.youblisher.com/files/publications/5/29079/pdf.pdf&downloadTitle=Download PDF&downloadSize=Size: 5.4306640625 Mb&downloadComplete=Complete&extXML=&stageHeight=100%&stageWidth=100%" />

Un traballo feito no instituto "Félix Muriel" de Rianxo do que lles falamos en http://certo.es/index.php?page=no_meu_mar_na_mina_lingua

Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Blogs: a Festa da Dorna de Ribeira, no blog Turismo de Galicia

Colaboración: Ramón Torrado titula "Estalotes no solpor"

12.6.10

Noia: Portos de Galicia destaca a Noia como Porto Xacobeo e inclúeo dentro dos actos do Xacobeo 2010

"A súa vinculación coa ruta marítima así o demostra", recoñece a Xunta de Galicia, pois "segundo contan as crónicas, foi un dos portos máis importantes de Galicia"


Noia, 12 de maio de 2010.- Portos de Galicia incluirá ao porto de Noia como porto Xacobeo e o fará partícipe das actividades previstas nos actos programados para o Xacobeo 2010. O denominado como porto de Compostela, xa pasa a formar parte dos portos xestionados polo ente público e denominados como Portos Xacobeos.
O obxectivo deste programa denominado Portos Xacobeos é o de achegar os portos do Camiño aos cidadáns. Pretendese fundamentalmente dar a coñecer os nosos portos, a súa relación histórica co Camiño de Santiago programando unha serie de actos de tal xeito que poidan participar neles ou seren espectadores, potenciando, ao mesmo tempo, as nosas instalacións portuarias e a súa vinculación histórica co Camiño de Santiago.
Esta é unha aportación mais ao fenómeno Xacobeo, unha gran oportunidade para dar a coñecer por primeira vez a vinculación dos portos cos diferentes Camiños, nunha aposta por favorecer o coñecemento das nosas instalacións portuarias aproveitando a oportunidade que nos ofrece este ano Santo nunha realidade sociocultural dos lugares elixidos para a esta actuación, características socioeconómicas dos destinatarios e instalacións existentes, entre outros aspectos.
Portos de Galicia levará a cabo este programa a cabo nas instalacións portuarias que, desde o ente público foron elixidas como portos Xacobeos, é dicir, portos que pola súa situación dentro dos diversos Camiños de Santiago estean relacionados ou vencellados ao mesmo, ven pola súa situación de chegada de peregrinos como pola súa inclusión dentro do propio itinerario como son ademais os de Ribadeo, Betanzos, Pontedeume, Corcubión, Cee, Muxía, Fisterra, Tui, Pontevedra, Pontecesures, Vilanova de Arousa, Cambados, Rianxo, A Pobra do Caramiñal e Ribeira.

Ata aí a nota íntegra de Portos de Galicia. En Certo comezamos con esta reivindicación dende o mesmo día en que se coñeceu o programa "Portos Xacobeos", o 3 de marzo deste ano. Publicamos todas estas notas relacionadas:


3 de marzo de 2010:  Disque Noia non é "porto xacobeo"



Porto de Compostela
: a canción de Los Tamara que non escoitaron na Xunta

Protesta: o 21 de maio, marcha nocturna reivindicando o Portus Apostoli


Porto Xacobeo: o Psoe pide ese estatus para Noia no Parlamento 



Cinema: Xacobeo Filme patrocina 11 festivais. Noia, fóra de novo



Historia: 8 de xuño de 1147, arriban 200 naves dende Inglaterra

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

11.6.10

Lingua galega: a rusa como arma cómoda de futuro en Aguiño

Xa lles faláramos en http://certo.posterous.com/lingua-galega-os-do-ceip-de-aguino-ponen-as-r das rusas, as zapatillas da avoa, as máis cómodas para andar pola casa. Tanto, que de cote vemos polas rúas señoriñas (coma no Facebook, señoras que...) que as empregan para ir facer pequenos recados, desbotar o lixo ou mesmo pasear á cadela.
Con este obxecto cotián, os do colexio de Aguiño seguen a facer campaña a prol do emprego do idioma dun xeito moi creativo. O que ven na imaxe é unha espiral, figura xeométrica moi ligada a moitas das nosas vellas pedras. Mais esta acción non é a única coas rusas como eixo: pásense por http://heroinasdesalvora.blogspot.com/search/label/o%20zapatillazo e verán máis.
(Nota de Certo: esta entrada no xornal foi feita tamén en rusas. Cousas do teletraballo co teletrebello).

Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Boiro: das catro praias coa bandeira "Q" de calidade turística en A Coruña, tres son de Boiro

  • 1. A Retorta

    Playas

    Praza de Galicia S/N 15930, Boiro, A Coruña
    Telf.: 981842654 / turismo@boiro.org
    www.boiro.org

  • 2. Carragueiros

    Playas

    Plza. de Galicia S/N 15930, Boiro, A Coruña
    Telf.: 981844800 / turismo@boiro.org
    www.boiro.org

  • 3. Mañóns

    Playas

    Mañóns 15930, Boiro, A Coruña
    Telf.: 981844800
    www.boiro.org

  • 4. Playa de Laxe

    Playas

    Avda. Cesáreo Pondal, 26 15117, Laxe, A Coruña
    Telf.: 981706903 / joaquin.vidal@laxe.dicoruna.es
    www.Concellodelaxe.com


  • Tamén teñen a bandeira azul. O que non quere dicir que sexan as mellores praias nin nada: hai xente que prefire as salvaxes e solitarias, sen ningún tipo de servizo.
    Relacionada: http://certo.posterous.com/boiro-o-alcalde-recolle-o-luns-en-madrid-as-b

    Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

    Ribeira: integrantes de Amicos estiveron no Parlamento de Galicia

    O parlamentario ribeirense Manuel Ruiz Rivas exerceu de anfitrión

    Ribeira, xuño de 2010. Alumnos e monitores da asociación "Amicos" de Ribeira (Asociación de Familias de Persoas con Discapacidade Psíquica) visitaron o Parlamento de Galicia. No seu percorrido polas instalacións da Cámara Galega puideron coñecer as distintas estancias, dende o salón de plenos ata as oficinas, pasando pola biblioteca ou os despachos dos parlamentarios.

    "O Sr. Ruíz, como bo anfitrión, acompañounos en todo momento e guiounos polas distintas estancias, destacando o salón de plenos e o seu despacho persoal", explican en nota de prensa os de Amicos. Como anécdota da visita salientan a ocupación da mesa da presidencia da Cámara polos membros da Asociación e os escanos dos distintos grupos parlamentarios, do que envían probas fotográficas.

    Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

    Twitter

    Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical