"A súa vinculación coa ruta marítima así o demostra", recoñece a Xunta de Galicia, pois "segundo contan as crónicas, foi un dos portos máis importantes de Galicia"
O obxectivo deste programa denominado Portos Xacobeos é o de achegar os portos do Camiño aos cidadáns. Pretendese fundamentalmente dar a coñecer os nosos portos, a súa relación histórica co Camiño de Santiago programando unha serie de actos de tal xeito que poidan participar neles ou seren espectadores, potenciando, ao mesmo tempo, as nosas instalacións portuarias e a súa vinculación histórica co Camiño de Santiago.
Esta é unha aportación mais ao fenómeno Xacobeo, unha gran oportunidade para dar a coñecer por primeira vez a vinculación dos portos cos diferentes Camiños, nunha aposta por favorecer o coñecemento das nosas instalacións portuarias aproveitando a oportunidade que nos ofrece este ano Santo nunha realidade sociocultural dos lugares elixidos para a esta actuación, características socioeconómicas dos destinatarios e instalacións existentes, entre outros aspectos.
Portos de Galicia levará a cabo este programa a cabo nas instalacións portuarias que, desde o ente público foron elixidas como portos Xacobeos, é dicir, portos que pola súa situación dentro dos diversos Camiños de Santiago estean relacionados ou vencellados ao mesmo, ven pola súa situación de chegada de peregrinos como pola súa inclusión dentro do propio itinerario como son ademais os de Ribadeo, Betanzos, Pontedeume, Corcubión, Cee, Muxía, Fisterra, Tui, Pontevedra, Pontecesures, Vilanova de Arousa, Cambados, Rianxo, A Pobra do Caramiñal e Ribeira.Ata aí a nota íntegra de Portos de Galicia. En Certo comezamos con esta reivindicación dende o mesmo día en que se coñeceu o programa "Portos Xacobeos", o 3 de marzo deste ano. Publicamos todas estas notas relacionadas:
3 de marzo de 2010: Disque Noia non é "porto xacobeo"
Porto de Compostela: a canción de Los Tamara que non escoitaron na Xunta
Protesta: o 21 de maio, marcha nocturna reivindicando o Portus Apostoli
Porto Xacobeo: o Psoe pide ese estatus para Noia no Parlamento
Cinema: Xacobeo Filme patrocina 11 festivais. Noia, fóra de novo
Historia: 8 de xuño de 1147, arriban 200 naves dende Inglaterra
Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario