14.9.10
Deportes: A Pobra acolle este venres 17 pola noite a Milla Urbana Nocturna, na que se agarda récord de participación
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Boiro: o Concello quere construír na Praza de Galicia un dos parques infantís máis grandes da comarca
No caso do parque do Saltiño, Mariano Muñiz indica que "se fará unha actuación singular, sendo o primeiro da Comarca que conte cun chan mixto de pavemento continuo de caucho, e céspede artificial, áreas de xogos diferenciadas para menores de 6 anos, e para nenos de 6 a 12 anos, sendo a área de xogo dos nenos pequenos tematizada en base o popular personaxe de debuxos animados Pocoyo". En relación coas actuación singulares, a través dun programa específico da Xunta de Galicia estanse a xestionar subvencións para a renovación do parque da Plaza de Galicia, o de máis uso do Concello. Con este parque, o investimento total xestionado, superaría os 230.000 €, sendo o esforzo económico do concello en torno ó 15%, gracias ó traballo realizado a través da implicación de diversos organismos supramunicipais. O parque da Plaza de Galicia, con 400 m2 previstos de área de xogos, vai ser uns dos máis grandes da comarca adicado a infancia, con xogos específicos para bebés (0-3 anos), nenos pequenos (3-8 anos) e nenos no último tramo infantil (8-12 anos), incluíndo xogos específicos para nenos con discapacidades ou mobilidade reducida.
Xogos de Parque Europa Os xogos serán de última xeración, tematizados en base ás aventuras do bosque e de deseño novedoso. Estos xogos foron instalados recentemente no parque Europa, o parque lúdico máis grande, promovido pola Comunidade de Madrid. No que atinxe ao rural, realizáronse actuacións de mellora en Cariño e no Chazo, con novos espazos de xogo, e está prevista unha actuación de mellora en Noceda antes do remate do ano 2010. "O Concello é consciente de que case ó 11% da poboación boirense son menores de 10 anos, e iso implica que case o 40% da poboación teña nenos a cargo directa ou indirectamente, polo que as necesidades de espazos específicos para a infancia debe de ser unha prioridade municipal", asegurou Muñiz. O Concello é coñecedor de áreas, tanto urbanas como rurais, que requiren actuacións de mellora ou equipamento, como poden ser as de Barraña ou A Cachada, e prometen facer "un importante esforzo pola súa mellora". Teñen previsto rematar o ano con algunha actuación puntual en Barraña, que conta cunha importante afluencia de público tanto na época estival, como no resto o ano, debido á proximidade dos centros de ensino.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Cinema: buscan figurantes para gravar en Ribeira "El legado celta". Homes con pelo longo e barba e mulleres con melenas e pelo sen tinxir
Buscan homes con pelo longo e barba. Pode que a tatuaxe haxa que tapala!Ribeira, 14 de setembro de 2010. Alén Filmes está apurando a contratación de figurantes para o documental "El legado celta", para o que se fixo xa un cásting o sábado pasado. Están buscando homes con pelo longo e barba e mulleres con melenas e co pelo sen tinxir. Calquera interesado en participar deberá enviar un correo electrónico a alenfilmes@alenfilmes.es con fotos súas actuales (non vale a de cando estabas delgado ou cando collestes aquel bronceado que daba gusto mirarche) e cos datos de contacto para poder comentarlles as condicións.
As persoas escollidas irán contratadas no réxime de artistas (figuración) e cobrarán 30 euros líquidos por xornada. En principio só sería un día de gravación por persoa. Os días de gravación serán do venres 17 de setembro ao martes 24 (cada persoa escollida iría só un día destes). As gravacións serán na área de Ribeira. Calquera dúbida ou máis información, poñédevos en contacto con María Domínguez, produtora de Alén Filmes, nos teléfonos 637 44 45 16 ou 986 442 994.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
13.9.10
Noia: a lea coa escollera queda resolta. Portos de Galicia cede e Costas vaina eliminar como tiña previsto. O alcalde, satisfeito
A estrutura que Costas contaba ter este ano xa eliminada pero que paralizou Portos de Galicia, que agora cede Noia, 13 de setembro de 2010. Lémbranse da polémica que comezou en marzo deste mesmo ano entre as diversas administracións e formacións políticas autonómicas, estatais e locais por un "quítame alá esa escollera"? Pois este luns semella que foi frutífero e que por fin os noieses se van ver libres desa formación artificial de coídos que limita a navegación e afea -aínda máis- a ría de Noia cando está a marea baixa.
Publicamos un montón de notas de prensa e "contra-notas", que poden ler, se teñen paciencia e tempo, aquí ou aquí. Mais, se xa están ao tanto de todas estas batalliñas entre administracións que só levan a adiar obras necesarias para os pobos, céntrense en ler as tres seguintes, que son fresquiñas de hoxe. Como son tan o máis listos que nós, fixaranse nos matices de cada nota, segundo sexa o seu emisor e a que administración ou partido pertenza. Nós, como adoitamos facer, non cambiamos nin unha coma:
La Directora General de Sostenibilidad de la Costa y el Mar del MARM recibe un nuevo informe sobre el proyecto “Demolición del Canal de Escollera de Acceso a Noia”
Puede que éste sea el último pintor de la escollera noiesa En este documento se rectifica el emitido por Portos de Galicia el 3 de marzo de 2010 sobre el referido proyecto. 13 de septiembre de 2010. La directora General de Sostenibilidad de la Costa y el Mar del MARM, Alicia Paz Antolín, y el presidente de Portos de Galicia, José Manuel Alvarez-Campana, se han reunido este lunes en la sede de la Dirección General de Sostenibilidad de la Costa y del Mar. Durante el encuentro, José Manuel Alvarez-Campana ha entregado a la Directora General un nuevo informe de la Xunta de Galicia en relación con el proyecto “Demolición del Canal de Escollera de Acceso a Noia”, elaborado por la Dirección General de Sostenibilidad de la Costa y del Mar, y que se encuentra en tramitación ambiental en estos momentos. Este informe rectifica el emitido por Portos de Galicia el 3 de marzo de 2010 sobre el referido proyecto y autoriza ahora la ejecución de las obras, condicionado únicamente al mantenimiento de un 10%, aproximadamente, de la escollera, que coincide con la alineación del dique que se encuentra en la planificación que está siendo estudiado por Portos de Galicia para una ampliación de las instalaciones del puerto. En el documento, Portos reconoce que “el estado actual de esos diques y la situación de los calados en la ría restringen de manera casi completa el uso portuario de esta zona y, por lo tanto, a día de hoy, es necesario redefinir el acceso a las instalaciones del puerto de Noia y su compatibilidad con la escollera y su permanencia, tanto en longitud como dimensiones”. En el marco de la planificación portuaria que está desarrollando el Organismo, indica que “la escollera (3.300 metros lineales) podría ser retirada, eliminando la totalidad del dique sur de 1.700 metros y permaneciendo únicamente un tramo de la alineación del dique norte coincidente con el diseñado en la planificación del puerto indicada anteriormente, lo que supone aproximadamente el 10% (330 metros) de la totalidad de la longitud de la escollera actual”. Asimismo, propone una revisión de los límites del dominio público marítimo-terrestre del puerto de Noia, dejando dentro de la zona de servicio, exclusivamente, el puerto y la lámina de agua que se corresponde a las dimensiones del mismo así como a las obras de ampliación que pudieran realizarse hacia el sur de la ría. La Dirección General de Sostenibilidad de la Costa y del Mar está estudiando el informe y agradece la colaboración de Portos de Galicia para favorecer la ejecución de un proyecto que supondrá una mejora ambiental de la ría.
PORTOS DE GALICIA E COSTAS CHEGAN A UN ACORDO SOBRE O ESPAZO PORTUARIO E
PROXECTOS DE FUTURO PARA A RÍA DE NOIA
O organismo portuario cambiará o antigo modelo de escollera de Noia por outro mais sostible denominado “canle de dragaxe” no bordo portuario
Portos di que a escollera será substituída por unha "canle de dragaxe"Santiago, 13 de setembro de 2010.-Portos de Galicia acadou un acordo coa Dirección Xeral de Costas polo que garante o carácter portuario de Noia e a adscrición de terreos para levar a cabo a infraestrutura do vial Brión-Noia. A ría mellorará ademais co proxecto de saneamento e rexeneración integral que levará a cabo a Xunta de Galicia, nunha actuación que mellorará os fluxos de auga e corrente necesarios para a actividade pesqueira e marisqueira. Este é o resultado dunha intensa labor de coordinación entre as administracións.
Co acordo acadado, Portos de Galicia manterá os terreos portuarios actuais evitando o plantexamento de Costas de reverter o actual dominio público portuario o que significaría unha volta atras para estas instalacións. Polo mesmo acordo, Portos de Galicia autorizaría as obras proxectadas pola administración do Estado pero, ademais, o ente público cambiará o antigo modelo de escollera de Noia, por outro mais sostible denominado “canle de dragaxe” no bordo portuario, que permitirá acceder a calquera dos puntos do peirao ao longo de todo o porto de Noia. Por outra banda, os informes técnicos indicaron que non se facía necearia a escollera para sustentar os piares do vial, cousa que en principio pudo valorarse. Así mesmo, Portos de Galicia acordou a modificación dos límites de adscrición do dominio público portuario de Noia, por unha banda, cara ao desenvolvemento de novas actividades portuarias coa futura creación dunha nova dársena, e pola outra, para a execución da variante de Noia que leva a cabo a Consellería de Medioambiente e Infraestruturas, sobre terreos que adscribiría Costas que quedarían fóra da zona de servizo portuario.
O alcalde de Noia valora moi positivamente que Portos de Galicia reconsiderara a sua posición respecto do proxecto de rexeneración da Ría
Guerrero afirma que a limpeza da Ría de Noia era o principal obxectivo desta lexislatura, que xa remata nuns meses
Noia, 13 de setembro de 2010. Rafael Garcia Guerrero considera que a obra de retirada da escollera e de dragado da ría é a obra máis importante para a vila. Tras máis de tres anos de xestión só quedaba o derradeiro escollo, que era a oposición
do ente Portos de Galicia. A autorización de Portos permitirá o comezo da obra nos vindeiros meses.Como alcalde é a maior satisfacción, xa que o compromiso da limpeza da ría era o principal obxectivo deste mandato. Lamentamos o atraso provocado, xa que se esta autorización de Portos a deran en prazo e forma xa podería ter comezado a obra, pero hai que congratularse da recuperación do sentido común de Portos.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Ribeira: o mércores 22 de setembro, charla sobre coidadores de enfermos de Alzheimer e proxección de curtas sobre esta enfermidade
Imaxe de arquivo dun curso de Agadea sobre alzheimer en Dodro Ribeira, 13 de setembro de 2010. O vindeiro 22 de setembro, ás 19.00 horas, o Auditorio Municipal acubillará unha charla coloquio titulada "Coidadores de enfermos de Alzheimer (unha ventá aberta ó coidado)” organizada por Agadea (Asociación Galega para a Axuda dos Enfermos tipo Alzheimer), coa colaboración do Concello de Ribeira.
No transcurso da sesión emitiranse as tres curtametraxes finalistas do SNC-Lundbeck, que tratan e exemplifican a convivencia dos coidadores con persoas afectadas pola enfermidade de Alzheimer. Unha vez proxectados estes filmes, dous neurólogos do Hospital da Barbanza (Xiana Rodríquez Osorio e Manuel Rodriguez Yáñez) mergullaranse neste tema con maior profundidade.
Para máis información contactar con Agadea (teléfono: 981 595 738, e-mail: agadea@agadea.org).
Queren ver esas curtas porque non poden achegarse á charla ese día?
Ana Lorenz Fonfría - "Algo queda" é a curta gañadora, dotada con 3.000€. Podes vela en
Diego Cañizal Rallo quedou segundo finalista con "La ventana abierta", que podes ver en
Lara Pedraz Castillo foi terceira finalista do concurso e premio do público con "Hasta mañana", que podes visionar en
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
12.9.10
Noia: a consellería de Cultura inviste 82.000 euros na rehabilitación da capela de San Antón, en Santa Cristina de Barro
A Dirección Xeral do Patrimonio Cultural prevé rematar en novembro os traballos de recuperación da capela, que contempla actuacións sobre a cuberta, o acondicionamento do entorno e a restauración do peto de ánimas Noia, 12 de setembro de 2010.- A Consellería de Cultura e Turismo, a través da súa Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, investirá un total de 82.000 euros nas obras de recuperación da Capela de San Antón, na parroquia de Santa Cristina de Barro en Noia, que ten a consideración de Ben Inventariado. A finalización da obra está prevista para o mes de novembro tras acometer actuacións de rehabilitación centradas na cuberta, o acondicionamento do entorno e a restauración do peto de ánimas. De forma detallada, os traballos contemplados no proxecto consisten na demolición dos restos da cuberta existente e a limpeza da vexetación que sobrancea sobre a bóveda. Precísase asemade da execución dunha nova estrutura de madeira na cuberta e, sobre ela, unha nova cuberta. Procédese tamén á limpeza exterior dos muros da capela e á limpeza e pintado dos muros interiores. Nos labores de acondicionamento inclúense a instalación eléctrica de iluminación e, no entorno da capela, a construción dun camiño enlousado de pedra na zona de acceso. Do mesmo xeito, a restauración do peto de ánimas contempla a súa limpeza, reparación e reposición de pezas desaparecidas e a recuperación, na medida do posible, das pinturas sobre o mesmo. A capela de San Antón de Santa Cristina de Barro, sita no concello de Noia, data do século XI-XII. Desde o punto de vista artístico destaca o seu peto de ánimas, construción de pedra que data de finais do século XIX e principios do XX. Este elemento patrimonial ten a consideración de Ben de Interese Cultural pola súa condición de peto de ánimas de máis de cen anos. Antes publicamos:
Capela de San Antón: estará arranxada en novembro?
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Rianxo: a conselleira do Mar, Rosa Quintana, asistiu ao Día Grande das festas da Guadalupe

Festas da Guadalupe: Programa completo
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Ribeira: "Flor de Toxo" organiza o I Recital de Poesía Galega o sábado 18 de setembro
Ribeira, 12 de setembro de 2010. "A lingua é parte fundamental da cultura dun pobo e patrimonio de especial protección", asegura a Asociación Flor de Toxo, de Ribeira, que no seu afán de potenciar e coidar a cultura galega, organiza para o día 18 de setembro, ás 21:30 no Auditorio Municipal de Ribeira, o I recital de Poesía Galega. Nel, os versos dos máis famosos poetas galegos voltarán á vida a través das gorxas de Luís Pérez, estudante de Filoloxía Galega na USC; Antón Parada Bretal, estudante de Xornalismo e membro do grupo de rap "8 Ferrados", que participou nos anos 2009 e 2010 no Día da Galiza Mártir; Francisco Javier Gómez, actual presidente da Asociación Flor de Toxo e Antonio Piñeiro, directivo de Flor de Toxo.
"Queremos destacar que ningún dos participantes son profesionais, pero non por iso hai que deixar de ter en conta o seu mérito, porque o feito de ser un grupo de mozos que potencia a cultura fainos incluso máis dignos que moitas figuras da literatura", explican os organizadores. Ademais, convidan a toda a poboación da bisbarra a achegarse a esta actividade cultural que parte dunha entidade formada por mozos e mozas do municipio ribeirense. Relacionada: Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia



















