Pose, adestrador do Betanzos, é natural de Carreira
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Ribeira, 16 de agosto de 2012. O pasado luns 13 de agosto, tivo lugar a asemblea constituínte da Comisión pola recuperación da Memoria Histórica da Barbanza. Desta asemblea saíu electa unha Xunta Xestora que administrará a Comisión ate o próximo día 10 de setembro que terá lugar a Asemblea de aprobación de estatutos e elección da Xunta Directiva que administrará a Comisión pola recuperación da Memoria Histórica da Barbanza.
A Xunta Xestora que saíu electa desta Asemblea está formada por:Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Nota de Certo: como é habitual neste medio, publicamos o que nos chega e dende fontes case sempre solventes. E, como é normal, quen queira réplica, ten todo o dereito.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Ribeira, 14 de agosto de 2012.- Máis de 150 expositores van amosar os seus produtos esta fin de semana na cidade de Santa Uxía con motivo da celebración da nova feira Artemar Ribeira: unha iniciativa auspiciada polo Concello e incluída dentro da Semana do Mar, que nace coa intención de dinamizar o municipio para que este sexa un “referente da cultura mariñeira”, segundo palabras do propio alcalde Manuel Ruiz Rivas.
Así o manifestou o rexedor local durante a presentación desta feira mariñeira. Ruiz subliñou que concorrerán en torno a un 60% máis de expositores que reunía en anos pasados a feira artesanal e mariñeira e salientou sobre todo que un 25% do total pertencen ao municipio riveirense, cumprindo así un dos principais obxectivos con que foi concibida esta nova iniciativa, como é a de potenciar e poñer en valor a industria e o sector empresarial, cultural e asociativo do noso municipio.
A atleta ribeirense Ana Peleteiro, recentemente proclamada campioa do mundo xuvenil en triple salto, será a encargada de dar o pregón inaugural este venres ás 20.30 horas, nun acto que tamén contará coa participación da directora xeral de Comercio da Xunta, Nava Castro.
Tres áreas neurálxicas
O rexedor explicou que o evento terá tres áreas neurálxicas onde concentrará a exposición. En primeiro lugar, a praza de España vai ser un dos principais puntos neurálxicos da feira coa instalación de tres grandes carpas e un stand institucional do Concello.
Así, haberá unha Carpa Náutica na que, nunha superficie de 400 metros cadrados, un total de 12 empresas e entidades significativas do municipio e da comarca exhibirán o potencial de Ribeira no mundo do mar. Xunto a elas, unha exposición de maquetas de dornas e as confrarías de Aguiño, Palmeira e Ribeira. A carpa tamén dará cabida a exposicións de redes e palillos e amosarase o traballo en vivo de palilleiras.
Tamén haberá unha Carpa da Alimentación de 400 metros na que se concentrarán 14 empresas. Neste espazo haberá dende degustacións e maridaxes ata catas de viño e venta de produtos.
Ademais, un dos grandes epicentros feirais vai ser a Carpa Gastronómica na que se van suceder ao longo da feira diferentes degustacións de produtos e demostracións de cociña (Show Cooking) cos que se pretende non só resaltar produtos consolidados senón sobre todo de promocionar as cualidades de aqueles produtos do mar que nestes momentos non teñen tanta saída comercial (relojito, cabalón...). Este escenario tamén dará cabida a outras accións, como presentacións literarias, entregas de premios ou actuacións musicais.
Por último, no mesmo centro da praza de España estará situado o stand institucional do Concello, cunha serie de elementos identificativos da evolución da cidade e a cultura mariñeira do municipio, ademais de contar cunha pequena aportación de contidos da Consellería do Mar.
Doutra banda, a praza do Concello será o espazo destinado a servir de referente cultural da feira e un espello do tecido social, coa presenza de stands das asociacións Amas de Casa, Aires da Dorna, Riveira Escríbese con V, Ámbar e A Creba, ademais da presenza do colectivo barbanzano Fotógrafos no Paraíso (que efectuarán uns obradoiros sobre esta arte e recollerán imaxes de todo o evento para a súa posterior exposición) e do artista local Antonio Pérez (que exhibirá a súa obra e realizará unha acuarela que pintará no transcurso da feira e será doada ao Concello).
Artesáns
Unha das grandes novidades deste ano reside en que o Concello contactou directamente cunha selección de artesáns de calidade que se axustan ao espírito que o Concello quere imprimir á feira en futuras edicións. Froito deste labor concorrerán un total de 26 artesáns selectos (a maioría galegos -4 deles ribeirenses- pero tamén nacionais e internacionais), que estarán apostados tamén na praza do Concello.
Por último, avenida do Malecón, a rúa Santa Uxía e a Rúa de Galicia albergarán preto de 100 postos que se corresponden cos contidos da feira artesanal e mariñeira de pasadas edicións.
Múltiples actividades
Artemar Ribeira vai ser escenario tamén da celebración de máis dunha vintena de actividades que complementarán e fortalecerán o apartado expositivo. Tal e o caso das actuacións dos grupos de música A Gandaina (música tradicional galega) Al-Folk (árabe) e Tuttis Catraputis (tradicional portuguesa) ou da animación de Confusión e Faquir Testa.
Documental e grupos locais
Así mesmo, Artemar vai dar cabida á presentación oficial en exclusiva para Galicia do documental Torreiros, de Pablo Ces, laureado con diversos galardóns a nivel estatal, ademais de actuación musical dos grupos locais Entrelíneas e The Siberets, dunha sesión DJ, ou da conferencia de Rosa Orellán en torno á presenza dos mariñeiros de Ribeira en Terranova, entre outras accións.
Non hai que esquecer tampouco os xogos e obradoiros de carácter infantil que terán lugar na praza Pablo Neruda e na Praza do Rueiro, nin o Concurso de Escaparates e a Ruta de Tapeo e Degustación de Cócteles Mariñeiras: dúas iniciativas que se repiten ante o éxito rexistrado o ano pasado grazas á colaboración da hostalería local e dos seus empresarios.
A Regata da Dorna de Prata ou o Concurso Ocean Man serán outras actividades de índole deportiva e fortemente vinculadas ao mar que terán lugar nos tres días de feira.
Ribeira: o sábado 25 de agosto preséntase a novela "La alianza de los tres soles" post.ly/8nXNz Ribeira: máis dun cento de rapaces no bautismo de vela do Náutico esta fin de semana post.ly/8nVtl Haría fotocopias y me iría a una boca de metro a repartir este artículo de Millás: cultura.elpais.com/cultura/2012/0… Me conformaré con un RT...
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Dodro, 14 de agosto de 2012. A Concellería de Servizos Sociais e Igualdade do Concello de Dodro convoca as axudas á escolaridade para o curso 2012-2013.
Están destinadas a menores escolarizados/as nos cursos de educación infantil, primaria, secundaria obrigatoria (ESO) e post-obrigatoria (garantía social) que residan e estean empadroados/as no concello. Os conceptos subvencionables son material escolar, alimentos infantís e comedor escolar e actividades estraescolares.
O prazo de solicitude é do 16 de agosto ao 7 de setembro e deberán formalizar a solicitude no departamento de servizos sociais do concello. Para máis información poden chamar ao 981 802 466
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Rianxo, 14 de agosto de 2012. Os días 21, 22 e 23 de agosto celebrarase na Praia de Tanxil un torneo de Volei Praia para participantes de todas as idades. Cun carácter recreativo, o torneo é para parellas tanto masculinas como femininas e establécense dúas categorías: A, para nados no 1995 e anteriores e B, para os nados no 1996 e posteriores.
As inscricións pódense formalizar no Pavillón de Rianxo e na mesma praia ata o inicio da proba o día 21.
Rianxo:o X Festival de Baile e Música Tradicional "Aleivosía" terá lugar este sábado 18 de agosto post.ly/8ckBx
— Certo (@Certo) August 14, 2012
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Muros, 14 de agosto de 2012. Este venres, 17 de agosto, ás 21:00 horas, celebrarase en Muros, na Casa da Comunidade de Montes de Serres ( detrás da Igrexa de Serres ) unha xuntanza de Compromiso X Galicia que será aberta a todas aquelas persoas que mostren certo interese en participar neste novo proxecto galeguista e progresista.
Entre outros temas tanto de ámbito nacional como local elixirase ao novo secretario local de Muros.Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Explica a voceira do Psoe, Teresa García, que "agora o alcalde do PP Isaac Maceiras aparece vendendo una “marabillosa” actuación que contempla a construción da mesma rotonda e con afección da devandita finca, cando no seu día prometeulle solucionarlle o asunto para non seren expropiados forzosamente. Unha vez máis, demóstrase que cando na Xunta goberna o seu partido Isaac di “Sí señor” e cando gobernamos os demais fai manipulación política e demagóxica para conseguir votos fáciles".
Ao respecto de dita actuación e ante a falta de información por parte do goberno local, o PSdeG a través dos deputados Pablo López Vidal e José Manuel Lage Tuñas presentaron no Parlamento de Galicia unha pregunta escrita sobre “as razóns, os datos e as previsións respecto da construción dunha rotonda glorieta na estrada AC-305 Padrón- Riveira no Concello da Pobra do Caramiñal (publicada no BOPG 734 o 18 de xullo de 2012”.
modo
— Certo (@Certo) August 14, 2012@certoenfurecido TANTA FESTA DO MARISCO NA POBRA E NON VIMOS A ISAAC MACEIRAS VESTIDO DE NÉCORA NIN AOS SEUS CONCELLEIROS DE GAMBAS eló
— Francisco Calo (@pacodomartelo) August 13, 2012
@certo XI Travesia a nado Concello de Porto do Son twitter.com/pacodomartelo/…
Sanidade: este martes 14, na Pobra, ás 20:30, acto lúdico-informativo en defensa da sanidade pública post.ly/8mfjt
— Certo (@Certo) August 13, 2012
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
España en llamas: la infomación que nunca se publicó yorokobu.es/espana-en-llam… Por qué tanto misterio?
— Ricardo Cana (@rcana) August 14, 2012
Arias Cañete en 7 claves: tiene participaciones en empresas petrolíferas, cobra trienios como Abogado del Estado... goo.gl/Wpe3S
— quehacenlosdiputados (@que_hacen) August 14, 2012
modo
— Certo (@Certo) August 14, 2012@certoenfurecido TANTA FESTA DO MARISCO NA POBRA E NON VIMOS A ISAAC MACEIRAS VESTIDO DE NÉCORA NIN AOS SEUS CONCELLEIROS DE GAMBAS eló
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia