Ribeira, 16 de agosto de 2012. O pasado luns 13 de agosto, tivo lugar a asemblea constituínte da Comisión pola recuperación da Memoria Histórica da Barbanza. Desta asemblea saíu electa unha Xunta Xestora que administrará a Comisión ate o próximo día 10 de setembro que terá lugar a Asemblea de aprobación de estatutos e elección da Xunta Directiva que administrará a Comisión pola recuperación da Memoria Histórica da Barbanza.
A Xunta Xestora que saíu electa desta Asemblea está formada por:• Xan Ermida (Presidente).
• Adrián Romay (Secretario).
• Xosé Alberte Lorenzo (Tesoureiro).
• Xosé Deira (Vocal).
• Aldolfo Muiños (Vocal).
• Xoan Pastor Rodríguez (Vocal).
• Xosé Antonio Pérez Fernández (Vocal).Tanto dende a Asemblea como desta Xunta Xestora animan a que se una máis xente a esta iniciativa e que asista a próxima Asemblea que se celebrará o próximo 10 de setembro, ás 20:00 horas, na Biblioteca da Casa do Mar de Ribeira.
Na información hai unha copia dos estautos por se alguén quixera alegar ou modificar algo, segundo explicou Xosé Alberte Lorenzo Álvarez, o tesoureiro.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario