Pose, adestrador do Betanzos, é natural de Carreira
Ribeira, 16 de agosto de 2012. Este vindeiro sábado 18 de Agosto de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 18:00 no Campo Municipal de A Fieteira o Sálvora realizará unha xornada de formación para os seus adestradores que será impartida polo adestrador do Betanzos CF José Manuel Pose Santamaría, que estará acompañado polo adestrador de porteiros Angel Rico e o preparador físico Cristian Fernández que desempeñan estas función no equipo adestrado polo preparador ribeirense na Terceira división.
Estas xornadas enmárcanse dentro da política da directiva do clube, encabezada por Ramón Martínez que é, na medida das súas posibilidades, poder darlle aos seus adestradores novos métodos de traballo de cara a poder ofrecer aos/ás nenos/as a mellor formación posible. Nesta xornada participaran todos os adestradores que están inmersos en todos os equipos do clube desde Prebenxamíns ata Seniors.
A elección de Jose Manuel Pose (Vilar-Carreira 1977) para impartir esta xornada está motivada a que é un adestrador nado en Ribeira e que tras iniciarse en equipos de Fútbol Base como Montañeros CF pasou a adestrar a equipos de categoría seniors coma o Atlético Arteixo, Dorneda CF e SD O Val e está realizando desde mediados da temporada pasada as funcións de adestrador do Betanzos CF na 3ª división. Polo tanto consideran desde a directiva que é a persona idónea para poder ofrecer, xunto o seu equipo de traballo, unha formación axeitada para que os adestradores poidan aplicar no traballo de formación que fai o Sálvora.
Desde a directiva agradecen a este equipo de traballo, capitaneado por Jose Manuel Pose, tódalas facilidades que deron desde que lle presentaron a proposta para vir a ensinar unha parte dos seus coñecementos os adestradores deste pequeno clube.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario