4.4.11

Ribeira: o Bng quere melloras no parque natural, "no que a Xunta segue sen implicarse"

Ribeira, 4 de abril de 2011. O BNG presentou dúas iniciativas en relación co Parque Natural de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán. Os nacionalistas interésanse polas inversións e actuacións realizadas pola Xunta no Parque e pola situación na que se atopa a concesión de axudas en materia de conservación dos recursos naturais e o fomento de accións para a poboación local e para o desenvolvementos sustentábel do mesmo.

"Vinte anos despois da declaración de Parque Natural deste privilexiado entorno co que contamos no noso concello, a Xunta segue sen implicarse na atención e coidado do mesmo. A pesar de ser o Parque galego máis visitado as queixas relativas á ausencia de estratexias de implicación e colaboración das persoas que viven nestes espazos, así como polo recorte dos medios e inversións neste espazo están á orde do día. Recentemente as queixas son relativas á falta de guías no Parque ao despedir ás persoas que viñan realizando estas funcións e á ausencia dunha planificación axeitada dos usos e xestión deste espazo natural", explican.

Iniciativas parlamentarias:
Parque Natural
Parque Natural investimentos

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Porto do Son: os comuneiros de Xuño son os anfitrións dunha xornada sobre gando no monte o sábado 9 de abril

Media_httpfarm6static_whlha

Porto do Son, 4 de abril de 2011. A Mancomunidade Serra do Barbanza organiza unha xornada sobre as posibilidades que ten o uso controlado do gando no monte. Será este sábado 9 de abril no centro de interpretación das Lagoas de Xuño e San Pedro.

Falarán, ás doce do mediodía, Eloi Villada, sobre aproveitamentos silvopastorís nos montes galegos; e á unha da tarde, Fuco Barreiro, que disertará sobre o Monte cabalar: Unha experiencia de silvopastoreo.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: a presentación oficial da candidatura do Bng é o venres 15 de abril

A Pobra: a presentación oficial da candidatura dos socialistas é este venres 8 de abril

INVITACION.pdf Download this file

A Pobra do Caramiñal, 4 de abril de 2011. A presentación da candidatura dos Socialistas da Pobra terá lugar o vindeiro venres día 8 de abril ás 20,30 horas no restaurante o Lagar. Contarán coa presenza de José Manuel Lage Tuñas, (Parlamentario) e Elena Espinosa Mangana (ex Ministra de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño). Presentará o acto José Carlos Alonso.


A continuación haberá unha cea para a cal pregan confirmen asistencia.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

A Pobra: os socialistas acusan ao alcalde de enganar á poboación con caros folletos sobre deportes

A Pobra, 4 de abril de 2011. Os socialistas pobrenses denunciaron hoxe que "unha vila para o deporte é o título dun panfleto que o goberno da Pobra enviou a tódalas vivendas do pobo. Este libelo, que consta de 16 páxinas, con numerosas fotografías e de calidade excelente, financiado cos cartos de todos os Pobrenses, (para que non teñamos dúbidas ó respecto ten  o escudo do Concello na súa portada) mostra futuras instalacións e pretende que os veciños crean que este goberno estivo implicado co deporte e cos deportistas ao longo da lexislatura".


O grupo municipal socialista engade que "nese panfleto que pagamos todos, e carísimo, nos agochan o abandono de numerosas instalacións deportivas. Hoxe estamos no Camiño Ancho para demostrar que doado é falsear a realidade tendo cartos. Estamos dentro dunha pista deportiva que ten dúas porterías sen anclaxes e unhas canastras sen aros que ademais serve de almacén de pedras. Parece que ao Sr. Alcalde non lle importan os rapaces que queiran practicar deporte nesta pista. Nas noticias vemos con máis frecuencia que a que quixeramos accidentes por caídas de porterías enriba de nenos con resultados de mortes, os rapaces que queiran practicar deporte no Camiño Ancho non interesan ao PP deste concello, a súa seguridade é  insignificante para os actuais responsables do deporte".


Ademais, cren que esta pista deportiva o aire libre, así como a de Lamas e Andrés, deberían poder ser utilizadas para o deporte recreativo e útiles para o máximo número de especialidades compatibles  e alcanzar unha rentabilidade maioritaria.


"O abandono é visible e recuperar espazos en desuso e infrautilizados para a práctica deportiva non é a prioridade do Sr. Maceiras. Aproveitamos para felicitar ós numerosos deportistas do pobo que alcanzan éxitos nos distintos campionatos aos que acoden. Eses éxitos persoais son debidos ao seu esforzo e dedicación e o sacrificio propio e das súas familias e non á axuda recibida polo Alcalde da Pobra, tal e como quere aparentar nos libelos propagandísticos que está repartindo na precampaña electoral", conclúen.

 


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: la plataforma social de Aguiño pide al alcaldable socialista un plan turístico para la zona y mejor saneamiento

Media_httpfarm4static_onchd

Ribeira, 4 de abril de 2011. El candidato del PSOE a la alcaldía de Ribeira, Andrés Fariña, se reunió con las diez organizaciones y colectivos que forman la plataforma social y vecinal de Aguiño, que le demandaron un plan turístico que ponga en valor los recursos naturales de la zona y mejoras en el saneamiento.

“Los miembros de la plataforma piden una atención especial a la promoción turística de Aguiño, en coherencia con los espacios de protección medioambiental que representan el Parque das Illas Atlánticas y el complejo dunar de Corrubedo”, afirma Fariña, que se comprometió a impulsar las peticiones si los ciudadanos le dan su confianza en las urnas. Las asociaciones de la zona esperan ver pronto una bandera azul en la playa do Castro.

La plataforma la componen la asociación Sagres; la asociación de vecinos Ardora; el club de jubilados de Aguiño y Carreira; la asociación Francisco Lorenzo Mariño; la cofradía de pescadores; el colectivo Pax in Requiem; la asociación de padres del colegio de Aguiño; la comisión de fiestas A Dourixeira; la sociedad deportiva Xuventú Aguiño, y la asociación musical Albéniz.

El saneamiento fue un tema importante en la reunión, ya que además está pendiente la construcción de una nueva depuradora en Ribeira. Las asociaciones de Aguiño se comprometen a aunar esfuerzos en beneficio de la colectividad, pero exigen correspondencia a la hora de poner en marcha de forma urgente un Plan de Saneamiento Integral para la ciudad, que incluya el polígono industrial.

Los vecinos de Aguiño mostraron a Fariña su descontento con la evolución posterior del polígono de Couso, prometido con garantías medioambientales y resultando ser un foco de olores y vertidos al mar.

Por otra parte, la cofradía solicitó un mayor protagonismo en la gestión marisquera de la zona y la plataforma demandó por último al candidato socialista la recuperación del muelle fenicio de A Cobasa.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: o alcaldable polo PP pretende dotar de máis solo industrial ao municipio

Ruiz Rivas dixo que ten a confirmación de Medio Ambiente de que o macropolígono vaise desbloquear este mes

Ribeira, 4 de abril de 2011.- Contar con máis metros de chan industrial no municipio para afianzar a competitividade de Riveira foi unha das necesidades que se lle espuxeron a Manuel Ruiz Rivas na reunión que o candidato á Alcaldía polo Partido Popular mantivo onte cos veciños e veciñas de Castiñeiras. O cabeza de cartel do PP coincidiu con esta afirmación e opina que, coa demanda de chan existente, xa é posible desenvolver unha fase do Parque Empresarial de Barbanza (comunmente coñecido como macropolígono), na zona de Moldes.

O candidato popular manifestou ante a numerosa asistencia reunida no adro da igrexa parroquial, que el aposta firmemente polo desenvolvemento industrial do municipio, e que con tal motivo contempla dúas vías de actuación: o proxectado macropolígono e a ampliación do parque de Xarás. 

Sobra a primeira vía, Ruiz Rivas informou aos veciños de que o conselleiro autonómico competente (Agustín Hernández, de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas) lle confirmou persoalmente que o Consello da Xunta aprobará este mesmo mes o Plan Sectorial do macropolígono, “desbloqueando así a situación lamentable que nos deixou o Bipartito, ao planificar a construción do macropolígono nun solo que tiña especial protección forestal”.

Neste punto, Ruiz Rivas explicou que, “para corrixir este despropósito”, a Xunta actual tivo que realizar un primeiro cambio lexislativo nunha lei de acompañamento aos Orzamentos e que, coa aprobación do plan sectorial, o chan do macropolígono por fin será apto para o seu desenvolvemento industrial, satisfacendo así as demandas de empresas que precisan de máis solo para expandirse, como Frinsa.

Xarás

En canto ao polígono de Xarás, Manuel Ruiz manifestou que, de serlle encomendada en xuño a acción de goberno, fará cantas xestións sexan necesarias para lograr a súa ampliación, obstaculizada no seu día polo goberno autonómico que comandaban PSOE e BNG. 

Neste sentido, Manuel Ruiz indicou que foi o goberno do PP o que puxo en funcionamento a segunda fase do parque de Xarás e que “son precisamente os que agora se enchen a boca falando de chan industrial os que impediron a súa ampliación en 70.000 metros cando estaban gobernando no Bipartito”.



Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: o programa de saídas culturais para maiores inclúe seis roteiros este ano

Sadas_culturais

Dende Santiago ata Madrid, as Médulas e León, Illas Cíes, A Mariña de Lugo e San Andrés de Teixido

Ribeira, 4 de abril de 2011.- A concelleira de Igualdade, Acción Social, Maiores e Dependencia, María Esther Patiño Rey, presentou hoxe o programa de Saídas Culturais organizado polo Departamento de Servizos Sociais para os maiores do municipio.

Segundo informou a edila, Santiago de Compostela será o primeiro punto de destino cunha excursión que se celebrará o vindeiro 15 de abril e incluirá  a visita dos Xardíns dos Pazos e da Cidade da Cultura. O prazo de inscrición para esta viaxe comeza no día de hoxe e rematará o día 8. O prezo é de 25,20 euros por persoa.  

Todos os interesados en participar nesta ou nas outras cinco viaxes incluídas na programación deben cumprir os requisitos establecidos (é dicir, estar empadroado en Ribeira e contar cunha idade igual ou superior aos 60 anos, ou ben ter 55 ou máis e estar xubilado) e entregar as súas solicitudes no Departamento de Servizos Sociais, sito na rúa de Correos nº5 de Santa Uxía (números de teléfono 981 874 131 e 981 873 409).


A segunda das viaxes terá como destino Madrid e se celebrará entre o 6 e o 9 de maio. O seu prezo é de 212,10 euros e o prazo de inscrición terá lugar do 25 ao 29 de abril.


Media_httpfarm6static_meryu

A seguinte viaxe será ás Médulas e A León e desenvolverase nos días 8 e 9 de xuño. O prezo é de 90,30 euros e o prazo de inscrición abrangue entre o 30 de maio e o 3 de xuño.

A antepenúltima das excursións partirá rumbo ás Illas Cíes. Celebrarase o día 15 de xullo por un prezo de 39,20 euros. O prazo de inscrición ábrese o 4 e péchase o 8 de xullo.

Para o día 19 de agosto está prevista unha ruta pola Mariña Lucense. O seu prezo é  de 28,70 euros e os prazos de inscrición, entre o 8 de xuño e o 12 de agosto.

A última saída cultura será a San Andrés de Teixido o día 16 de setembro. O seu prezo é de 27,30 euros e os prazos de inscrición, entre o 5 e o 9 de setembro.

Cabe lembrar que as inscricións realizaranse como máximo para dúas persoas. O prezo inclúe autobús, entrada en museos, guía durante todo o percorrido, comida e seguro de viaxe.

As prazas serán adxudicadas por estrito orde de chegada.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Sanidade: a Plataforma en Defensa da Sanidade pública da Barbanza concentrouse hoxe diante do Hospital

Na concentración estivo o parlamentario outiense Lage Tuñas

Ribeira, 4 de abril de 2011. Hoxe concentráronse na porta do Hospital da Barbanza os integrantes da  Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da comarca da Barbanza. Segundo explicaron, queren "evitar a intención da Consellería de Sanidade de privatizar o Servicio de Diálise do centro, e adxudicarlle a súa xestión a unha Fundación totalmente privada. Se esto ocorre, os doentes-usuarios deste servizo serán atendidos en condicións inferiores ás prestadas na actualidade cun servicio dependente o 100% do Servicio Galego de Saúde".

Dende a Plataforma, que  está integrada por diversas asociacións plurales da comarca da Barbanza, Sindicatos e Partidos Políticos, teñen pensado realizar máis mobilizacións para acadar os seus obxetivos, sendo o fundamental a loita frente a privatización.

Máis información no weblog:

http://plataformabarbanza.blogspot.com


Nota do Psoe:

LAGE TUÑAS: “ O PP ESTÁ ENSAIANDO NO HOSPITAL DO BARBANZA A PRIVATIZACIÓN E EXTERNALIZACIÓN DOS SERVIZOS DOS HOSPITAIS COMARCAIS ”


-O Portavoz da Área Institucional do Grupo Socialista desprazouse hoxe á localidade de Ribeira par participar concentración diante do hospital para defender a ampliación do servizo de diálise do Hospital do Barbanza pero “sin privatizalo”.


-”O Partido Popular está preparando a privatización do servizo de diálise, e non imos a quedar calados." asegurou José Manuel Lage.


-”Vese con claridade que o PP concibe a Sanidade como un negocio e non como un dereito universal a prestar polos servizos públicos” explicaba José Manuel Lage.

Ribeira, 4 de abril de 2011. O portavoz de Área Institucional do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, José Manuel Lage participou hoxe na concentracion de protesta contra a posible privatización do servizo de diálise do hospital do Barbanza.

Lage Tuñas dixo hoxe que “o PP está ensaiando no hospital do Barbanza a privatización e externalización dos servizos dos hospitais comarcais ”. A concentración de protesta foi organizada polo comité de empresa do hospital do Barbanza e pola plataforma en defensa da sanidade pública do Barbanza. O deputado socialista leva xa presentadas varias iniciativas parlamentarias en defensa da calidade asistencial do hospital do Barbanza e da mellora dos recursos económicos e de persoal neste centro hospitalario.

O Comité de Empresa do Hospital do Barbanza daba conta fai días da visita de técnicos dunha entidade privada para coñecer o funcionamento actual do servizo de diálise do complexo hospitalario asentado en Ribeira (A Coruña) co obxecto de facerse cargo da xestión do citado servizo.

O Portavoz da Área Institucional do Grupo Socialista desprazouse hoxe á localidade de Ribeira par participar concentración diante do hospital para defender a ampliación do servizo de diálise do Hospital do Barbanza pero “sin privatizalo”.

“Posto que foron os propios responsables do SERGAS os que deron crédito á posibilidade de que unha fundación privada se faga cargo dun servizo público do hospital, os socialistas galegos aquí estamos para defender o servizo público sanitario e a ampliación do mesmo para evitar que os cidadáns da comarca teña que desprazarse ao hospital a Santiago” explicou hoxe José Manuel Lage, deputado socialista no parlamento de Galicia.

O Portavoz da Área Institucional do Grupo Socialista desprazouse hoxe á localidade de Ribeira par participar concentración diante do hospital para defender a ampliación do servizo de diálise do Hospital do Barbanza pero “sin privatizalo”.

”O Partido Popular está preparando a privatización do servizo de diálise, e non imos a quedar calados." asegurou José Manuel Lage ao tempo que engadiu que “ vese con claridade que o PP concibe a Sanidade como un negocio e non como un dereito universal a prestar polos servizos públicos”


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: o Bng esixe que se reparen as vías de servizos afectadas pola nova estrada a Santiago, no tramo que corresponde a Noia


Noia, 4 de abril de 2011. Os concelleiros do BNG, Bieito González e Xosé Bernaldo Castro, denunciaron hoxe en rolda de prensa, realizada no lugar de Sampaio, o abandono da empresa que estaba a realizar as obras de reposición de camiños de servizos, recollida de augas e acceso ás fincas privadas. A marcha da empresa en cuestión coincideu co remate do pasado mes de marzo. Os concelleiros puxeron de manifesto que, segundo o proxecto técnico, “hai 7.800 metros lineais de camiños de servizos, e que moitos tramos dos mesmos debían ir perfectamente asfaltados, sobre todo aqueles nos que existe unha forte pendente a fin de garantir a súa perduravilidade ao longo do tempo, e en definitiva que sexan transitables”, non sendo así ata o momento.


Tamén afirmaron que hai unha chea de propiedades sen acceso ás mesmas, incluso “unha de propiedade municipal, sita no lugar de Sampaio, á que se accedía directamente desde a estrada vella, sendo agora imposible facelo ao ter que dar un rodeo de preto de dous quilómetros”. Do mesmo xeito explicaron que hai unha morea de deficiencias nas recollidas das augas, que se non se corrixen ocasionarán no futuro múltiples dificultades. Reprocharon ao goberno local de Noia o feito de non ter posto en marcha "con verdadeira vontade de facer algo, a Comisión de seguimento das obras da estrada Noia-Santiago” aprobada polo Pleno do Concello en novembro de 2009, a instancias do propio BNG; así como a falta de control, nesta materia concreta, da Consellería de Medio Ambiente e Infraestructuras. Informaron que na Xunta de Voceiros, a celebrar na tarde de hoxe, poñerán no coñecemento da mesma os feitos que denuncian, sen desbotar presentar unha iniciativa diante do Pleno do Concello, e mesmo ante o Parlamento Galego.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical