20.10.11

Dodro: retoman convenio de alimentos coa Cruz Vermella, ante a que está caendo

Charla_3_idade

Dodro, 20 de outubro de 2011. A Concellería de Servizos Sociais e Igualdade do Concello vén de informar que a primeiros de xullo retomou o convenio de colaboración do banco de alimentos coa Cruz Vermella, convenio que se eliminara fai máis de dous anos por parte do goberno anterior.

Este convenio de colaboración coa Cruz Vermella "non supón ningún custe para o concello e benefíciase do reparto de alimentos que esta organización realiza. Mañá venres 21 de outubro o Concello de Dodro recibirá por parte desta entidade 1.737,18 kg de alimentos consistentes en alimentos básicos como arroz, pastas, fariña, caldos, etc ou bebida pausterizadas, cacao, leite, cereais infantis e natillas para nenos/as e persoas da 3ª idade, alimentos que axudarán a mellorar a mala situación económica que están a pasar algunhas familias do concello", explica Marisol Boga, responsable de Servizos Sociais.
http://www.concellodedodro.org/image/image_gallery?uuid=c03066ca-eac2-43a9-ad23-03b1c34def8c&groupId=12226&t=1318857184386

Esta concellería elaborou unhas bases reguladoras para o reparto de estes alimentos e con data 17 de outubro anunciouse un bando comunicando a todas aquelas persoas que necesiten ser beneficiarias, se poñan en contacto coas oficinas de servizos sociais para facer a solicitude correspondente. Os veciños poderán realizar a solicitude para entrar dentro de este programa o longo de todo o ano.
Este primeiro reparto efectuarase nos últimos días do mes de outubro e terá continuidade todos os meses.

Charlas rematadas

Por outra banda, a  Concellería de Servizos Sociais e Igualdade rematou o pasado venres o primeiro ciclo de charlas organizado nos meses de setembro e outubro.
As charlas que ían orientadas a persoas en situación de dependecia, os/as coidadores/as e ás persoas interesadas na temática tiveron unha grande aceptación por parte da veciñanza, sendo moi numeroso o grupo que acudiú a elas.
A última das charlas estaba orientada á prevención na 3ª idade: "Prevención na 3ª idade dos riscos no consumo de medicamentos e outras sustancias", na que se trataron diversas adiccións como o tabaco, o alcohol e os medicamentos, e a maneira de prevenilas. Asistiron a esta charla 30 persoas e recibiron un diploma de asistencia.

Baloncesto para os maiores de 6 anos

Por outra banda, a Concellería de Deportes do Concello oferta unha nova actividade deportiva dentro da súa programación, Baloncesto. Esta nova actividade está dirixida a nenos/as maiores de 6 anos, será gratuita e desenvolverase os sabados de 12h a 13,30h no pavillón polideportivo de Dodro.
As inscricións poden realizarse no departamento de Deportes do concello en horario de oficina ata o 4 de novembro incluido.

Nota de Certo:
Hoxe, 20 de outubro de 2011, temos que darlle os parabéns a Euskadi. Que a liberdade que acadades faga medrar a democracia de tod@s. #AgurETA

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: denuncian que o parque natural de Corrubedo leva tres anos sen convocar a Xunta Consultiva

  • É o parque máis visitado de Galicia e non se convoca este órgano dende xullo de 2008
  • Non hai un só proxecto sustentable que conxugue desenvolvemento local e conservación da natureza
Media_httpfarm6static_jcbch

Ao pé do parque natural téñense cazado o ano pasado raposos de xeito ilegal

Ribeira, 20 de outubro de 2011. O representante das Asociacións Protectoras do Medio Ambiente na Xunta Consultiva do Parque Natural de Corrubedo, Manoel Santos, enviou hoxe un comunicado no que se denuncian estes feitos. Como é habitual neste xornal, aínda que as notas e pés de foto son nosas, reproducimos íntegra a nota:

"Corrubedo, 20/10/2011-. As figuras de protección da natureza, establecidas na Lei 9/2001 de Conservación da Natureza, non son simples títulos nobiliarios para os nosos espazos naturais máis senlleiros. Son, por riba de todo, mecanismos para asegurar a protección, conservación, restauración e boa xestión dos seus valores naturais, garantindo a súa preservación para as xeneracións futuras.

Porén, tamén deben ser normas eficaces para pular pola sustentabilidade, xa non só ecolóxica, senón tamén social, dos lugares nos que se emprazan, procurando que a súa xestión redunde nun desenvolvemento rural sustentábel, no que a poboación se implique de cheo na súa conservación. Se non se dá esta confluencia e convivencia entre os intereses das poboacións dos espazos protexidos e as actuacións tendentes á súa conservación, dificilmente as figuras de protección da natureza cumprirán o seu cometido.


Entre outras cousas, para que os parques naturais non sexan vistos como “inimigos” dos seus poboadores e poboadoras, como hogano acontece en toda Galicia, a Lei galega de Conservación establece a creación de Xuntas Consultivas que colaboren na súa xestión. Malia que estas teñen unha abusiva presenza gobernativa, de xeito que as súas decisións como órganos colexiados están radicalmente cercenadas, constitúen, a día de hoxe, vieiros para camiñar cara a necesaria transparencia e participación da cidadanía na xestión dos espazos protexidos. Se esta feble –e única– vía de participación non funciona e nin sequera se convocan as súas xuntanzas, o espírito das leis de conservación da natureza fica en papel mollado. Non serven.

Media_httpfarm4static_fkbhc

O desleixo de certas partes do parque é evidente

No Parque Natural de Corrubedo a Xunta Consultiva non se reúne dende hai máis de tres anos, de xeito que aos propietarios, aos ecoloxistas, aos académicos de universidades e, xa que logo, ás xentes do común que por lei figuran como representantes nela, se lles nega deliberadamente o dereito a participar na xestión, a ser informados das actuacións que se levan a cabo no parque, a colaborar na aprobación dos orzamentos anuais, a coñecer a política de axudas e subvencións, a participar nas iniciativas de formación e educación ambiental, etc. En definitiva, a ser parte do Parque Natural.

Asemade, esta política de afastar a cidadanía da xestión do espazo explica con claridade como na contorna dun parque natural que está a piques de cumprir 20 anos –5 de xuño de 2012–, e logo da “chuvia de millóns” caída coa existencia de numerosos proxectos europeos nese período e a chegada de centos de milleiros de visitantes ao ano, non exista nin un só proxecto sustentábel que conxugue protección da natureza e desenvolvemento local, nin no eido turístico, nin no eido produtivo, nin no eido cultural, nin no eido educativo… Arranxar muros, pechar leiras, repicar fachadas ou remodelar tellados –e mesmo cemiterios e igrexas– pode ser necesario para manter unha estética no parque, mais non parece o prioritario para practicar a ecoloxía social necesaria para sobardar a gravísima crise ambiental e social que padecemos.

Dende as organizacións de protección da natureza galegas esiximos a convocatoria urxente da Xunta Consultiva do Parque Natural do Complexo dunar de Corrubedo e Lagoas do Carregal e Vixán, así como o deseño dunha estratexia efectiva por parte desta, establecendo prioridades na aplicación dos orzamentos para que a conservación da natureza e o desenvolvemento local (e real) sustentábel vaian da man".

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: máis de 9.000 consultas nos tres puntos de información turística abertos no verán

Ribeira, 20 de outubro de 2011. Un total de 9.240 persoas visitaron durante o verán algunha das tres oficinas de turismo de Ribeira en demanda de información, segundo se desprende das estatísticas elaboradas pola Área de Turismo, que rexistra datos tomados no punto informativo de Xarás (estivo aberto do o 15 de xuño ao 31 de agosto) no do Malecón (de 15 de xuño a 15 de setembro) e no Centro de Información do Parque Periurbano de San Roque (abre todo o ano, pero os datos que se indicarán a continuación refírense aos tres meses de verán). 

Cabe resaltar que durante o período estival as dependencias de información turística recibiron a visita de persoas procedentes dun total de 30 países, incluíndo a España. 

Das tres dependencias referidas, a oficina do Malecón foi a máis concorrida cun total de 4.670 consultas no período analizado. Polo que respecta a demandas de información presenciais (sen contar consultas telefónicas, 1.382 foron feitas por persoas de Galicia, 2.652 por individuos procedentes das outras 16 Comunidades Autónomas e tamén da cidade autónoma de Melilla, mentres que 453 por orixinarios doutros 26 países (Alemaña, Canadá, Portugal, Noruega, Hungría, Suecia, México, Holanda, Inglaterra, Italia, Canadá, Arxentina, Austria, Xapón, Israel, Suíza, Venezuela, Francia, Irlanda, Estados Unidos, Bélxica, Romanía, Chile, Perú, Polonia e Sudáfrica). 


A segunda oficina máis frecuentada foi o Centro de Interpretación do Parque Periurbano de San Roque a situada en Xarás, onde o número de consultas recibidas en demanda de información turística ascendeu a 2.479. 1.786 visitantes procedían de Galicia, 470 doutras Comunidades Autónomas e 77 eran estranxeiros (naturais de Francia, Estados Unidos, Arxentina, Austria, Italia, Portugal, Inglaterra e Suíza). 


Pola súa parte, a oficina de Xarás acadou un total de 2.091 visitas. Das presenciais, 783 foron feitas por persoas procedentes de Galicia, 1.117 doutras Comunidades e 153 por estranxeiros (de Francia, Italia, Holanda, Arxentina, Dinamarca, Estados Unidos, Bélxica, Alemaña, Arxentina, Suíza, Portugal, Perú, Austria, Inglaterra e Andorra).

Hoxe, 20 de outubro de 2011, temos que darlle os parabéns a Euskadi. Que a liberdade que acadades faga medrar a democracia de tod@s. #AgurETA



 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Porto do Son: dende o 4 de novembro ao 4 de decembro, exposición de María Xesús Díaz

Invitación.pdf Download this file

Estará no Centro de Interpretación de Baroña

Titúlase "Interpretacións"

Servirase cóctel na inauguración.

Hoxe, 20 de outubro de 2011, temos que darlle os parabéns a Euskadi. Que a liberdade que acadades faga medrar a democracia de tod@s. #AgurETA

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Boiro: este venres 21 de outubro, dúas funcións de "Cama e conto" a cargo de Teatro Babaluva

Media_httpwwwbabaluva_rojkc

Boiro, 20 de outubro de 2011. Mañá, venres 21 de outubro, haberá dúas funcións, ás 18:00 e ás 20:00 horas, de "Cama e conto", unha obra que representa Babaluva Teatro. Será na casa da cultura "Ramón Martínez López", no parque da Cachada.
Está destinada a público infantil entre 4 e 12 anos e ás súas familias.


Sinopse:

Hoxe Malva e a súa nai xúntanse para limpar a casa onde vivían hai tempo. Namentras recollen os obxectos da habitación , lembran aqueles días nos que Malva devecía porque a súa nai lle lera un conto antes de ir durmir.
con esas historias viaxaban ata un mundo de fantasía onde todo era posible. Pero desde que Malva aprendeu a ler as cousas cambiaron e xa non houbo "cama e conto" ata que a nena discorreu unha idea bomba.
ORGANIZA: Concellería de Cultura do Concello de Boiro e Agadic

Máis información: http://www.babaluva.com

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

19.10.11

Rianxo: visita guiada pola Rúa do Medio este xoves 20 para ver a exposición "Berros no roncar das ondas"

Media_httpwwwxk3fotoc_jmzvw

Foto tomada de "Berros no roncar das ondas"

Rianxo 19 de outubro de 2011. Estas son as seguintes actividades culturais previstas na vila natal de Castelao, Dieste e Manuel Antonio:

Xoves 20, ás 18:00 horas, na Rúa do Medio

Visita guiada á exposición BERROS NO RONCAR DAS ONDAS, instalada nos balcóns da Rúa do Medio, a cargo de Xacobe Meléndrez, autor da mesma. Máis información pinchando aquí.

Venres 28, ás 20:30 horas, no Auditorio de Rianxo

Organizado pola Asociación Cultural Barbantia, e coa colaboración dun xornal disque galego, a Editorial Galaxia e o propio Concello de Rianxo, terá lugar a presentación dun novo número do suplemento cultural A VOZ DE BARBANTIA, do libro de Francisco Castro IN VINO VERITAS, a cargo do autor e dos directivos de Barbantia María Xesús Blanco e Antón Riveiro Coello, así como da exposición de Che Tembra ”Castelao: 125 aniversario”. O acto abrirase e pecharase con interpretacións ao piano de Iago Hermo Martínez.

Sábado 29, ás 20:30horas, no Auditorio de Rianxo

Concerto da BANDA DE MÚSICA DE TEO, organizado pola Escola de Música de Rianxo coa colaboración do Concello.


Pode que tamén lle interese:

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: máis de 1.300 inscritos xa na VI Xuntanza do Maior deste domingo 23 de outubro

Paula_con_xesos

  • A rifa solidaria irá para axudar a Paula, a nena de Boiro con agnesia sacra que está a tratamento en Alemania
  • O encontro terá lugar na céntrica praza de España, baixo carpas
  • Disque se aforra este ano en autoridades, ao invitar a menos

 

Ribeira, 19 de outubro de 2011.- Máis de 1.300 persoas xa adquiriron a súa entrada para participar este domingo na sexta edición da Xuntanza do Maior de Ribeira: un acontecemento que cambia de ubicación respecto a anos anteriores e terá lugar nunha carpa instalada en plena Praza de España, en pleno centro da cidade.  

O programa do evento, organizado pola Concellería de Igualdade, Acción Social, Maiores e Dependencia de Ribeira, iniciarase ás 12.30 horas cunha Misa Solemne na Igrexa Parroquial de Santa Uxía con participación da Coral Polifónica Municipal de Ribeira.  

Acto seguido terá  lugar a recepción dos asistentes na carpa da xuntanza, estando previsto que a comida dea inicio en torno ás 14 horas. O acontecemento prolongarase ata a noite e estará amenizado polo grupo Gandaina de Palmeira e a orquestra Salsa Rosa. 

Contribución solidaria

Cabe recordar que o desenvolvemento do encontro dará cabida, co lema de “Cun pouquiño de cadaquén facemos moito por Paula”, a unha contribución solidaria dirixida a axudar da pequena boirense. 

Recurte de autoridades, pero vén a conselleira de Traballo

Por outra parte, a organización do evento decidiu recortar respecto a convocatorias anteriores o número habitual de autoridades ás que se acostuma convidar, diminuíndo así os gastos protocolarios. 

Unha das persoas que en principio si asistirán ao evento é a conselleira de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, Beatriz Mato Otero. 

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Política: Converxencia XXI preséntase ás eleccións en toda Galicia, tras acadar os avais necesarios

  • Vinte anos despois, Galicia volverá a contar cunha forza política propia e moderada nunhas eleccións ás Cortes Xerais, logo de presentados os avais ante as xuntas electorais provinciais  

Barbanza-Noia, 19 de outubro de 2011. Converxencia XXI acadou o aval da sociedade galega para presentarse ás eleccións ás Cortes Xerais do Estado do vindeiro 20 de novembro. Con tan só dous anos de vida, este partido galego que se di "de centro", conseguiu xuntar preto de 4.000 sinaturas entre as catro circunscripcións electorais galegas. 

Deste xeito Converxencia practicamente dobra o requisito esixido pola lei electoral, que se “reformou precisamente para bloquear a entrada de novos partidos e novas ideas”, lembra o seu secretario xeral Carlos Vázquez Padín. Segundo esta reforma electoral, os partidos políticos sen representación no Congreso e no Senado necesitan o 0,1% do censo electoral provincial en avais de cidadáns, debidamente asinados e cos seus datos completos.

Converxencia XXI, un partido que asegura financiarse "só coas cotas dos seus afiliados", fixo un grande esforzo material e humano despregando mesas, e visitando cidadáns porta por porta nas principais cidades e vilas de Galicia. "Grazas a este esforzo, Converxencia XXI foi o único partido sen representación parlamentaria que conseguiu as sinaturas necesarias nas catro províncias galegas", afirman en nota de prensa.

Antonio Pérez, coordinador electoral da formación, afirmou que ademais de recoller os avais, os afiliados de Converxencia XXI "recibiron tamén numerosos apoios de galegos e galegas que cren necesario o novo proxecto político que defende Converxencia XXI para Galicia". Así, o secretario xeral, Carlos Vázquez Padín, expresou o seu agradecemento aos cidadáns que asinaron os avais e aos que escoitaron a atenderon amablemente os afiliados da formación. “Vinte anos despois, os electores decidiron que Galicia merecía unha opción electoral, de centro galeguista, seria e dinámica”, sinalou Vázquez Padín.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: a Plataforma pola Sanidade Pública da Barbanza convoca concentración o xoves 27 de outubro contra os recortes

Ribeira, 19 de outubro de 2011. O próximo xoves 27 de outubro, a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Barbanza empraza a todo o mundo a unha nova concentración. Nesta ocasión maniféstánse en contra dos recortes que está sufrindo a sanidade, "que están repercutindo na prestación que se ofrece ós usuarios, deteriorándoa cada vez máis", explican. "Non falles, vémonos as 8 da tarde na Praza do Concello de Ribeira, este xoves 27 de outubro", animan.

Máis información: http://plataformabarbanza.blogspot.com

Ribeira_manifa_27

concentracion-cartel.pdf Download this file

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: promoven catálogo de boas prácticas dirixido a axentes envoltos na promoción do deporte

Presentación Decálogo de Deportes e Entrega Becas Deportistas.doc Download this file

  • Contan con presentalo este venres, 21 de outubro, no auditorio
  • Tamén servirá o acto para facer entrega de becas a trece deportistas salientables de Ribeira

Ribeira, 19 de outubro de 2011.- Ao longo destas últimas semanas, o Concello estivo a traballar na elaboración dun Decálogo de Boas Prácticas para o Deporte en Ribeira que será presentado este venres, 21 de outubro, nun acto aberto ao público que terá lugar a partir das 20 horas no Auditorio Municipal. 

O Executivo local pretende que este documento sirva de ferramenta de traballo para que adestradores, clubs, pais e nais, corpo arbitral, deportistas e o resto de axentes involucrados no deporte base do municipio asuman un código de conduta que mire polas boas prácticas e o xogo limpo dos nenos e nenas do municipio, ao tempo que avogue pola promoción dos mellores valores inherentes á práctica deportiva, tales como o respecto, a tolerancia, o esforzo ou a responsabilidade. 

O documento está  dividido nun decálogo xeral e seis decálogos específicos para deportistas, corpo técnico, directivos, árbitros, pais e nais e espectadores. 

A presentación do venres servirá tamén para a entrega das correspondentes becas a trece deportistas destacados do concello, acto  que correrá a cargo do alcalde Manuel Ruiz Rivas e do edil municipal de Deportes, Juan Luis Martínez Queiruga. 

Convenio cos clubs

Doutra banda, media hora antes do evento (19.30 horas) no propio salón de actos do Auditorio Municipal escinificarase a sinatura dos convenios de colaboración entre o Concello e nove clubs deportivos de diversas disciplinas do municipio. Esta firma estará aberta á presenza dos medios de comunicación.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical