20.2.12

Ribeira: Ámbar celebrou o entroido cos seus integrantes vestidos de choqueiros

Ribeira, 20 de febreiro de 2012. Hoxe celebraron no Centro Ocupacional e Centro de Día da Asociación AMBAR das Persoas con Diversidade Funcional unha gran festa de antroido na que non faltou a música, o baile e os doces típicos.

 

Á primiera hora da mañá os fogóns da cociña do Centro de Recursos comezaron a funcionar para preparar as saborosas rosquiñas de entroido, mentras nos talleres, cada grupo se vestía e maquillaba para a ocasión.

 

Arredor das 12, amigos e familiares achegáronse ó Centro de Recursos da Barbanza para asistir ó festival no que desfilaron unha gran variedade de tribus do mundo, dende os Tuareg do deserto do Sáhara, ós Masais de Kenia, pasando polo antigo Exipto e México, tamén tiveron a visita dos nosos antepasados os Castrexos de Neixón e un grupo de Españois que os deleitaron cos bailes máis comúns do noso país.

 

Tralo desfile, o xurado coa axuda da votación do público proclamou os seguintes premios:

Mellor maquillaxe: Os Egipcios e os Masais.

Mellor decorado: Os Castrexos.

Mellor posta en escea: Os Tuareg.

Rei do antroido: Carlos Fernández (do grupo Os Mexicanos).

Raíña do antroido: Sonia Alonso (do grupo Os Españois).

 

A festa rematou cun baile no que participaron os usuarios do centro, o persoal e os invitados (familiares e amigos), mostrando estes últimos as súas felicitacións polo traballo realizado.


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

18.2.12

Mar: esixen a Feijóo que cumpra coas confrarías ante a alarmante situación económica destas

  • A portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira asegura que a practica totalidade das confrarías de Galicia están nunha situación económica moi delicada, xa que non poden facer fronte aos seus gastos
  • Soneira pregunta á Conselleira do Mar “se é consciente da situación económica na que se atopan as confrarías" e que “medidas pensa poñer en marcha para solucionar este problema” 
Media_httpfarm3static_gdlcb

Confraría de Rianxo

Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2012. A portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira anunciou hoxe que rexistrou unha batería de iniciativas parlamentarias nas que esixe ao Goberno de Feijoo que cumpra os convenios coas cofrarias de Galicia.

Soneira asegura que a practica totalidade das confrarías de Galicia están nunha situación económica moi delicada, xa que non poden facer fronte aos seus gastos.

Advirte que moitas confrarías están facendo fronte ás nóminas asistencias técnicas dos vixiantes, cos seus recursos propios. E denuncia que esta situación “aboca aos positos a unha carencia absoluta de liquidez, ou a recorrer a polizas de crédito, ou incluso a recorrer a recursos dos propios cofrades.

Advirte que “por mor da crise ou pola irresponsabilidade dun numero importante de compradores as lonxas atópanse con atrasos e impagos moi importantes, tanto polo volume dos recursos como polos períodos, cada vez mais longos do atraso no abandono da mercadoría”.

Explica que este fenómeno ten “consecuencias moi graves para a economía das confrarías que actúan, na practica, como un Fondo de Garantía para que os mariñeiros e os armadores cobren por unha captura que algunha veces, non se abona ata pasadas semanas ou meses ou nunca”. 

Soneira pregunta á Conselleira do Mar “se é consciente da situación económica na que se atopan as confrarías" e que “medidas pensa poñer en marcha para solucionar este problema”.

6 INT impagos confrarias 170212 MARISOL 78267-asinado.pdf Download this file

9 POP impagos confrarias 170212 MARISOL 78250-asinado.pdf Download this file

13 POC impagos confrarias 140212 MARISOL 78266-asinado.pdf Download this file

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Política: Converxencia XXI, tamén decepcionada ante a recente reforma laboral

Media_httpfarm3static_fqiae

Barbanza, 18 de febreiro de 2012. Converxencia XXI posicionouse en nota de prensa sobre a recente reforma laboral aprobada polo goberno do PP con axuda dos conservadores cataláns de CIU. Velaquí a nota íntegra:

"A situación do mercado laboral español é crítica. O alarmante aumento do desemprego e a elevada precariedade laboral -que se ceba especialmente entre os mais desfavorecidos e que está a levar xa a moitos á dolorosa decisión da emigración- son os seus penosos síntomas. Desde Converxencia XXI sempre temos solicitado unha actuación decidida por parte do goberno que permita poñer couto a esta sangría.

O goberno do Partido Popular obtivo recentemente nas urnas o respaldo dos electores para levar adiante unha acción de goberno que sente as bases da recuperación económica e que permita que todos os segmentos sociais se beneficien dunha prosperidade recobrada. Lamentabelmente, as decisións que ata o momento está a tomar o goberno dos Sr. Rajoy están defraudando a confianza que o electorado puxo no Partido Popular nas pasadas eleccións xerais. Primeiro foi unha traizoeira suba de impostos que castiga sobre todo as clases medias e agora chega unha insatisfactoria reforma laboral.

Desde Converxencia XXI consideramos a reforma laboral decepcionante por varios motivos:

1.      A reforma laboral non serve para reducir significativamente a dualidade do noso mercado de traballo, no que un terzo dos empregados está sometido á presión de pésimos contratos temporais e que, o que aínda é peor, carece de expectativas de estabilidade no emprego. Neste sentido a reforma non fai nada para reducir a panoplia contractual que padece o mercado laboral español. A reforma non só non reduce o actual abano de contratos, mais aínda introduce algún mais. Desde Converxencia XXI avogamos pola simplificación do menú de contratos e, en particular, pola introdución dun contrato indefinido único con custos de despido crecentes coa antigüidade como xeito de fomentar a contratación indefinida.

2.      Na actual reforma laboral obviase completamente a introdución do chamado sistema austríaco consistente na creación dun fondo de capitalización individual que acompaña ao traballador ao longo da súa vida. A introdución deste fondo estaba xa prevista na reforma laboral do 2010. Desde Converxencia XXI avogamos pola paulatina introdución deste fondo de capitalización como xeito de favorecer a mobilidade dos traballadores -e consecuentemente a afectación eficiente do factor traballo- e de evitar problemas de liquidez ás empresas que confronten necesidades de despedimento.

3.      A reforma laboral insiste na política, manifestamente fracasada, de subvencións á contratación introducindo unha serie de bonificacións fiscais para a contratación de certos grupos de traballadores. Ademais, segue a permitir o uso do FOGASA para subsidiar despedimentos. A política das subvencións conduce a ineficiencias, corrupción e agravios comparativos, ademais de supor un lastre para unhas finanzas públicas xa de por si deterioradas.

4.      A reforma laboral non inclúe un elemento chave que é un críbel plan de choque para fomentar a formación e reincorporación dos desempregados ao mercado laboral, mais aínda, a errada política de subvencións retrae recursos desta tarefa.  Debemos ter en conta que mais da metade dos desempregados españois apenas teñen estudos básicos e que só nunha mínima parte das colocacións intermedian os servizos públicos de emprego. Debemos ligar a protección por desemprego á reinserción laboral e á procura efectiva de traballo. Temos que mellorar a eficacia das políticas activas de emprego reorientándoas aos desempregados de longa duración e á xente nova con baixo nivel de estudos. Debemos fomentar a participación das axencias privadas na intermediación e formación laboral avaliando rigorosamente os seus resultados e  facendo depender a súa remuneración do seu suceso.

5.      A reforma presumibelmente non vai reducir os custos de transacción asociados ás mudanzas no emprego, que non benefician nin a empresarios nin a traballadores e que implican moi a miúdo pesados procedementos xudiciais e administrativos. Desde Converxencia XXI avogamos por unha simplificación da lexislación e dos procesos administrativos en materia laboral co fin de reducir custos laborais innecesarios e de reducir a incerteza nas relacións laborais, aspectos ambos que lastran a contratación indefinida.

En definitiva, esta non é a reforma laboral que os precarios e os desempregados agardaban e tanto necesitaban. Certamente, non todo é negativo na reforma. Realízase unha certa homologación dos custos de despedimento nos novos contratos cos países do noso entorno, o cal a medio prazo ha ter unha certa incidencia positiva na contratación e reducirá, aínda que insuficientemente, a temporalidade. Tamén se avanza na flexibilidade interna, na descentralización da negociación colectiva e na redución da ultraactividade, aspectos tan necesarios para que as empresas podan adaptarse a condicións cambiantes e así podan manter os empregos, evitando que o mercado de traballo español reaccione agudamente vía cantidades xerando un enorme stock de desempregados tan pronto como o ritmo de crecemento económico se desacelera. Porén, precarios e desempregados teñen aínda que manter a esperanza. Mais tal vez xa se lles estea esgotando".

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Política: Ánxela Franco, escollida nova responsable comarcal do Bng non escindido

Noia120217_062_1

Barbanza-Noia, 18 de febreiro de 2012. A Asemblea Comarcal do BNG de Muros-Noia celebrada na tarde de onte, renovou a composición do seu Consello Comarcal, escollendo a Ánxela Franco Pouso -Porto do Son- como nova portavoz responsábel comarcal. 

A celebración da Asemblea enmárcase dentro do proceso aberto como consecuencia da celebración da XIII Asemblea Nacional que, logo da súa celebración os días 28 e 29 de xaneiro en Amio (Compostela), concluirá dentro de quince días coa renovación de todos os consellos locais e os seus respectivos responsábeis. 

A este proceso comarcal só se presentou unha candidatura, acadando o seguinte resultado: 52 votos a favor, 11 en branco e un voto nulo. Logo da proclamación do resultado Ánxela Franco dirixiu unhas palabras ao conxunto da militancia presente, asegurando que os seus esforzos van estar dirixidos a aplicar as políticas do BNG na procura de solucións aos diferentes problemas que atinxen á cidadanía desta comarca. Tamén asegurou que "hai que superar as feridas que se puideron abrir logo do intenso debate interno producido perante todo este proceso asembleario", en clara alusión aos que se esgazaron da fronte nacionalista, dende Encontro Irmandiño a algúns independentes. 

A candidatura completa está  composta por:

1.- Ánxela Franco Pouso

2.- Xoán Xosé  León Martínez

3.- Laura Eiras Rivadeneira

4.- Bieito González Domínguez

5.- Xaquín Abeijón Núñez

6.- Xosé Agapito Romeiro Barreiro

7.- Sofía Caamaño Lado

8.- Manuel María García Fernández

9.- Mª do Carme Insua Varela

10.- Xosé Lois Agrelo Hermo

11.- Irati García Tomé

12.- Xosé Manuel Alonso Carballo

Suplentes:

13.- Xosé Manuel Ponte Barreiro

14.- Vicente Pardo Capón

15.- Bárbara Resua Sampedro

16.- Mª do Carme Priegue Sande

17.- Xoán Manuel Lamela Lema 

Ás doce persoas escollidas na Asemblea de onte, engadiránselle os seis responsábeis locais asi como a representación de Galiza Nova.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

17.2.12

Ribeira: o CEIP de Frións acorda ter xornada única dende o vindeiro curso

  • Clara maioría a favor desta xornada única (66 votos contra 9)
Media_httpfarm6static_tlgwd

Ribeira, 17 de febreiro de 2012. No CEIP Plurilingüe de Frións, sendo as 19:17 horas do 17 de febreiro de 2012, levántase acta do resultado das votacións no sector de nais/pais/titores/as legais para a implantación da xornada lectiva en sesión única de mañá no CEIP Plurilingüe de Frións, cos seguintes resultados:

Número de electores/as  103
Número de votantes      75
Votos afirmativos para implantar a xornada única        66
Votos negativos para a implantación da xornada única    9
Votos nulos     0
Votos en blanco 0

O punto 4 da Orde do 29 de maio de 2008 establece como requisito para a implantación da xornada única o acordo favorable do 58% do total do censo das nais/pais/titores/as legais do alumnado.
Dacordo con este punto, a maioría do censo das nais/pais ou titores legais do alumnado do CEIP Plurilingüe de Frións sería 59 votos afirmativos. "Así pois, e segundo os resultados da votación, 66 votos a favor, obtense  maioría suficiente para a implantación da xornada única", conclúe o director deste colexio, Luís Teira Parada, que proporcionou esta información.


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ajedrez: la quinta jornada de liga deparó una contundente victoria del Distribunosa Xadrez Rianxo

Media_httpfarm6static_uceud

Rianxo, 17 de febrero de 2012. Contundente victoria del Distribunosa xadrez Rianxo que sólo cede un tablero en la Primera División Gallega del grupo B. Se jugó en Marín.
“Ence-Ajedrez Marín A” (1 ptos) VS “DISTRIBUNOSA Xadrez Rianxo” (3 ptos)
Daniel Barreiro 0-1 Manuel Ángel Abuín Boullón
alfonso Cabaleiro 0-1 Sergio Arevalillo Romero
Luis Moldes 0.5-0.5 Miguel Ferrol Muniz
Miguel Santiago 0.5-0.5 Daniel Martínez Dourado
Próxima jornada el “DISTRIBUNOSA Xadrez Rianxo” se enfrenta al “CFS -casa da xuventude” en Vilagarcía.
--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
(Tercera División Gallega grupo C)

Aplastantes victoria del “B” y el “C”
“DISTRIBUNOSA Xadrez Rianxo B” (3.5 ptos) VS “USC Compostela” (0.5 ptos)
Alberto Hevia 1-0 Victor Garcia
Néstor Martínez 1-0 Valentín Defloraine
Rogelio ferrol 1-0 Alfredo regeiro
Jorge Méndez 0.5-0.5 Javier Cancela
“DISTRIBUNOSA Xadrez Rianxo c “(4 ptos) VS “Hostal Miramar” (0 ptos)
Carlos Piña 1-0 Cristopher Rodriguez
Tania Rey 0-0 Samuel Saavedra
Maria Romero 1-0 Toño Romero
Clara Rey 1-0 Jorge Somoza
“Escola Xadrez Rianxo c “(1 ptos) VS “Escola USC” 3ptos)
Marco Bravo 0-1 Pedro Vieites
Alejandro Penas 0-1 Martín Pena
Javier Morares 0-1 Manuel Corral
Manuel Castaño 1-0 David Corral

Próxima jornada el “DISTRIBUNOSA Xadrez Rianxo B” se enfrenta en Muxi al “Cabo Touriñan B” y el “DISTRIBUNOSA Xadrez Rianxo C” viaja a Compostela para enfrentarse al USC Compostela. El Escola Xadrez Rianxo recibe al Hostal Miramar.

Lugar y fecha: Encuentros Celebrados 5 jornada Liga Gallega de Ajedrez 2012, 11/02/2012.

Resumen:
“Ence-Ajedrez Marín A” (1 ptos) VS “DISTRIBUNOSA Xadrez Rianxo” (3 ptos)
“DISTRIBUNOSA Xadrez Rianxo B” (3.5 ptos) VS “USC Compostela” (0.5 ptos)
“DISTRIBUNOSA Xadrez Rianxo c “(4 ptos) VS “Hostal Miramar” (0 ptos)
“Escola Xadrez Rianxo c “(1 ptos) VS “Escola USC” 3ptos)
Próxima jornada: 18/02/2012

Antes, en Certo:


Ajedrez: resultados de la cuarta jornada de liga en Rianxo


Xadrez: equilibrio na terceira xornada de liga para os rianxeiros


Ajedrez: reparto de puntos dos de Rianxo

Liga de Ajedrez: Distribunosa comienza bien

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Boiro: presentados os últimos números da Revista Galega de Educación

A REVISTA GALEGA DE EDUCACIÓN CUMPRE 25 ANOS

 

§               A publicación foi presentada en Boiro este xoves 16 de febreiro, nun acto organizado por Nova Escola Galega e celebrado no Centro Social.

§               A RGE, editada por NOVA ESCOLA GALEGA, celebra a efeméride co seu número 50, recompilatorio do seu cuarto de século de vida.

§               Con dúas épocas diferenciadas, a Revista Galega de Educación segue cumprindo o seu papel como publicación independente que pula pola consecución dun sistema educativo galego, público, laico e democrático.

§               Trátase, cando os medios de comunicación galegos viven un momento crítico, dunha publicación especializada caracterizada pola súa independencia e pluralidade.

§               De xeito practicamente paralelo ao seu número 50, conmemorativo do seu aniversario, acaba de ver a luz o número 51, que ten como tema central os xoguetes tradicionais.

§               O patrimonio lúdico galego é abordado no número 51 da publicación desde diferentes ópticas, e conta coa colaboración de especialistas bretóns, aragoneses, cataláns, valencianos e portugueses, ademais dos galegos.

 

 

Boiro, 17 de febreiro de 2012.

 

A REVISTA GALEGA DE EDUCACIÓN, publicación editada polo Movemento de Renovación Pedagóxica NOVA ESCOLA GALEGA, acaba de cumprir os seus primeiros 25 anos de vida. Para conmemoralo, a RGE vén de editar o seu número 50, un número recompilatorio do seu primeiro cuarto de século de existencia. Nel pode atoparse un baleirado dos artigos incluídos nos corenta e nove números precedentes, actualizando deste xeito os recursos que a propia publicación ofrece aos profesionais da educación. Paralelamente, o número conmemorativo inclúe unha pequena antoloxía de traballos publicados no seu día e que conservan toda a súa actualidade.

 

De maneira practicamente simultánea, a RGE acaba de sacar á rúa o seu número 51, centrado na súa parte monográfica nos xoguetes tradicionais e a na súa utilidade educativa nos tempos de hoxe. No número inclúense colaboracións de especialistas galegos do talle de Xosé López e Xosé Manuel García (coordinadores do monográfico e investigadores recoñecidos sobre a materia) ou de Antón Cortizas, pero tamén de especialistas bretóns, portugueses, valencianos, cataláns e aragoneses. O número sae á luz xustamente nun momento no que as iniciativas de recuperación do patrimonio lúdico galego son numerosas, por unha parte, e razoablemente vigorosas, por outra, consonte co que está sucedendo na contorna europea próxima.

 

Boiro foi escollido como lugar dentro dunha rolda de actos de presentacións que se van desenvolver por todo Galicia e que se van anunciando na páxina web da asociación: www.nova-escola-galega.org, onde tamén aparece toda a información sobre a publicación.

 

No acto interviñeron Susana Couso, membra do secretariado nacional de Nova Escola Galega, Paco Veiga, tamén membro do secretariado e do Consello de Redacción da revista e Manuel González, membro do Consello de Redacción.

Web de referencia: www.nova-escola-galega.org


 


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: a segunda edición da Aula de Saúde oferta numerosas ponencias entre febreiro e abril

Noia_aula-de-saude-121

  • Teñen recoñecemento de carácter sanitario da Consellería de Sanidade
  • O cancro, o sintrom ou a diabetes, obxeto das principais conferencias. A primeira, o xoves 23F

Noia, 17 de febreiro de 2012. Por segundo ano consecutivo, o Concello de Noia pon en marcha a II edición da “Aula da Saúde”. Deste xeito dase continuidade a unha iniciativa que pretende afondar naqueles aspectos de actualidade no ámbito sanitario dirixidos á poboación xeral.

Nesta edición obtívose o recoñecemento de carácter sanitario pola Consellería de Sanidade de la Xunta de Galicia para actos científicos, así mesmo como os avais da Sociedade Galega de Xeriatría e Xerontoloxía e Sociedade Española de Médicos de Atención Primaria (Delegación de Galicia).

Ás persoas asistentes distribuiráselles un exemplar do “Manual para pacientes oncológicos e as súas familias” editado pola citada entidade.

Os temas das conferencias irán dende a oncoloxía e a abordaxe psicolóxica do cancro por parte dos pacientes e familias, ata as patoloxías e as síndromes máis relevantes na poboación xeral facendo especial mención a aqueles relacionados coas persoas maiores.

Aos participantes daráselles un certificado de asistencia. Para inscribirse na Aula da Saúde haberá que enviar un correo electrónico a saudenoia@gmail.com ou por teléfono no 981842100 ou 609823134. Tamén inscribir on line nesta ligazón.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

16.2.12

A Pobra: o Psoe denuncia os continuos recortes da sanidade pública do goberno Feijóo e pon como exemplo o centro de saúde local

  • Aseguran que no centro sanitario da Pobra hai "graves deficiencias" e "non sempre se cubren as baixas de persoal sanitario"
  • O parlamentario Lage Tuñas di que o PP "está deteriorando os servizos sanitarios pola vía dos recortes tanto na atención primaria como nos centros hospitalarios"
  • Piden que se arranxen os graves problemas do centro de saúde actual "pois A Pobra non vai ter un novo polo menos ata 2013"

Media_httpfarm6static_eayee

A Pobra do Caramiñal, 16 de febreiro de 2012. O Portavoz da Área Institucional do PSdeG-PSOE, José Manuel Lage desprazouse esta mañá á Pobra do Caramiñal para ofrecer unha rolda de prensa en compañía da voceira municipal socialista, Teresa García e presentar diversas iniciativas parlamentarias relacionadas co centro de saúde da citada localidade.

O deputado socialista expresou a súa preocupación “polo grave deterioro da sanidade que comezamos a sufrir da man dos gobernos do Partido Popular. Creo que hai que ser realistas e sabendo que como mínimo ata o 2013 a Pobra do Caramiñal non vai dispor dun novo centro de saúde, polo que lle pedimos á Xunta de Galicia que arranxa o actual, resolva os problemas existentes e o acondicione para mellorar as condicións laborais dos profesionais e as prestacións sanitarias que reciben os veciños e veciñas”.

Lage Tuñas explicou que “o PP está deteriorando os servizos públicos coas súas políticas de recortes, fundamentalmente na sanidade e na educación, cando podían recortar noutros ámbetos nos que hai marxe. Para os socialistas a sanidade universal e a educación gratuita son liñas vermellas que imos defender con uñas e dentes”.

O PSdeG-PSOE denuncia “os continuos recortes na sanidade pública” e pon como exemplo “o centro de saúde da Pobra do Caramiñal, que presenta graves deficiencias e onde non sempre se cubren as baixas do persoal sanitario”.

Teresa García, voceira municipal do PSdeG, explicaba esta mañá que “ata o de agora a Xunta de Galicia fixo oídos xordos ás peticións veciñais para unha mellora do inmoble que alberga ao centro de saúde de Pobra do Caramiñal. O alcalde mira para outro lado como se non fose con el”.

“A existencia de defícits no ámbito da limpeza, a presencia permanente de humidades na sala de extraccións, pintura descunchada tanto nas consultas como en urxencias; un claro déficit hixiénico nas fiestras, as continuas e reiteradas avarías nos baños, así como o estado deplorable do exterior do edificio entre outras cousas deixan ver a situación na que se atopa o centro sanitario da Pobra do Caramiñal”, afirmou Teresa García.

Os socialistas entenden que “é necesario que a administración actúe con inmediatez e faga as reparacións e obras de mantemento necesarias para mellorar o inmoble do centro de saúde pobrense, e de igual xeito introduzca as melloras tecnolóxicas que permitan unha mellora na prestación dos servizos sanitarios.”

O deputado Lage Tuñas rematou sinalando que “o PP está deteriorando os servizos sanitarios pola vía dos recortes tanto na atención primaria como nos centros hospitalarios e un bo exemplo témolo na Pobra do Caramiñal”.

Antes, en Certo:


Sanidade: moción socialista sobre as deficiencias do centro de saúde


Centro de saúde: alegacións do Bng


 
 
 

77765-PNC Centro de saúde A Pobra.pdf--.pdf Download this file

76849-PNP Plan de actuación para a mellora técnica e física do centro de saúde da Pobra do Caramiñal.pdf Download this file

76875-Artigo 9.- Copia informes técnicos 2010-2011 sobre o centro de saúde da Pobra do Caramiñal.pdf Download this file

77110-POP Visita técnica centro de saúde A Pobra do Caramiñal no ano 2011.pdf Download this file

77760-POP Centro de saúde A Pobra.pdf Download this file

77765-PNC Centro de saúde A Pobra.pdf Download this file

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical