- Teñen recoñecemento de carácter sanitario da Consellería de Sanidade
- O cancro, o sintrom ou a diabetes, obxeto das principais conferencias. A primeira, o xoves 23F
Noia, 17 de febreiro de 2012. Por segundo ano consecutivo, o Concello de Noia pon en marcha a II edición da “Aula da Saúde”. Deste xeito dase continuidade a unha iniciativa que pretende afondar naqueles aspectos de actualidade no ámbito sanitario dirixidos á poboación xeral.
Nesta edición obtívose o recoñecemento de carácter sanitario pola Consellería de Sanidade de la Xunta de Galicia para actos científicos, así mesmo como os avais da Sociedade Galega de Xeriatría e Xerontoloxía e Sociedade Española de Médicos de Atención Primaria (Delegación de Galicia).
Ás persoas asistentes distribuiráselles un exemplar do “Manual para pacientes oncológicos e as súas familias” editado pola citada entidade.
Os temas das conferencias irán dende a oncoloxía e a abordaxe psicolóxica do cancro por parte dos pacientes e familias, ata as patoloxías e as síndromes máis relevantes na poboación xeral facendo especial mención a aqueles relacionados coas persoas maiores.
Aos participantes daráselles un certificado de asistencia. Para inscribirse na Aula da Saúde haberá que enviar un correo electrónico a saudenoia@gmail.com ou por teléfono no 981842100 ou 609823134. Tamén inscribir on line nesta ligazón.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario