11.5.12

A Pobra: o venres 25 de maio preséntase "Dark Butterfly", de Rexina Vega


Booktrailer do libro que se presenta

A Pobra, 11 de maio de 2012. A Asociación Cultural Barbantia informa da presentación do libro Dark Butterfly, de Rexina Vega. O acto terá lugar o venres 25 de maio, ás 20:30 h, na TENDA ESCOLA DEÁN (Rúa Rafael Calleja, 11-13), e nel estarán presentes, amais da autora, Manuel Bragado, director de Xerais; o noiés Agustín Agra, socio de Barbantia, e Amparo Cerecedo, presidenta da Asociación do Pequeno Comercio da Pobra.

Tamén, na Pobra:




Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: nova directiva para adaptar o regulamento de Protección Civil á realidade actual

  • Máis de trinta voluntarios estiveron co alcalde no Concello onte
  • Vaise renovar nun futuro próximo a directiva desta entidade
  • O Grumir vai contratar 15 persoas máis

 

 

Ribeira, 11 de maio de 2012.- O salón de plenos da Casa Consistorial acolleu onte a última hora da tarde unha recepción polo alcalde dos membros que integran a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Ribeira, nun acto que serviu para dar a coñecer á xunta directiva provisional desta institución, que foi constituída cun dobre cometido: por unha parte, elaborar un novo regulamento de funcionamento que someter ao Pleno que se adapte á realidade actual tanto dende o punto de vista lexislativo como operativo; e por outra, constituír -unha vez estea vixente ese regulamento- unha nova asemblea que propoña á súa vez ás persoas que integren a directiva da entidade.

 

Máis dunha trintena de voluntarios déronse cita no salón plenario, onde Manuel Ruiz Rivas loou o servizo inestimable que, dende hai moitos anos, vén prestando esta agrupación á sociedade ribeirense de forma desinteresada: unha opinión na que abondou o concelleiro de Seguridade e Mobilidade Cidadá, Víctor Reiriz Lampón, quen salientou que Protección Civil comprende dende rapaces ilusionados de 15 ou 16 anos ata xente “superprofesional”, como é o caso das persoas que integran o grupo de buceo ou as que loitan contra o lume.

 

O rexedor explicou á audiencia que a designación dunha directiva provisional está motivada polo feito de que o regulamento da agrupación está obsoleto e desfasado con respecto á normativa vixente en materia de asociacións de voluntarios de Protección Civil e, ademais, dáse a circunstancia engadida de que dende algún tempo a institución non conta cun xefe de grupo, pois a última persoa que desempeñaba esa función deixou de ser veciño do municipio, unha condición requirida para este particular.

 

Manuel Ruiz explicou que tomou a decisión de delegar na persoa do edil Seguridade e Mobilidade Cidadá as competencias en relación a Protección Civil. Tamén informou de que, co propósito de desenvolver as dúas funcións anteditas, se nomeou unha xunta directiva provisional que está composta por Víctor Reiriz, Jesús Pose, Miguel Ángel Sobrado, José Antonio Sobrado, Ramón Saavedra e Johnathan Romay.

 

Grumir: unha ducia máis e tres capataces


En outra orde de cousas, Manuel Ruiz aludiu a próxima contratación de 12 prazas máis outras 3 de capataz do Grumir con cargo aos fondos de cooperación da Xunta de Galicia: algo que se espera frutifique en dez ou quince días.

 

Non obstante, o alcalde tamén indicou que este ano se asignará unha contía económica nos Orzamentos Municipais que permita que unha vez remate o período con cargo aos fondos de cooperación, se podan contratar cos recursos propios do Concello e, a ser posible, enlazar cos próximos fondos de cooperación. “Eu espero que no peor dos casos, o que teña a sorte de traballar poda traballar polo menos nove meses seguidos e despois entrarán os fondos de cooperación do ano que vén”, declarou.






Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: Serafín Marcos divertiu aos escolares namentres aprendían a vida de Paz Andrade

Serafn_marcos

  • O curioso performer noiés está a estrear o seu novo espectáculo "Coñeces a Valentín?"


Ribeira, 11 de maio de 2012.- Como estaba previsto, o Auditorio Municipal rexistrou un cheo total durante o espectáculo que o artista Serafín Marcos ofreceu sobre a figura de Valentín Paz-Andrade, dentro da programación do Maio Cultural 2012 confeccionada polo Concello en homenaxe ao autor tributado este ano no día das Letras Galegas.

No salón de actos do edificio, déronse cita case 300 alumnos e profesores de primeiro e segundo ciclo de Secundaria dos colexios A Milagrosa de Oleiros, Sagrado Corazón de Castiñeiras e Galaxia, ademais de usuarios da Asociación Ámbar.

O espectáculo, que levaba o título de “Coñeces a Valentín”, realizou unha aproximación aos aspectos máis formais, aos máis tráxicos e as curiosidades da vida de Paz-Andrade, dende un punto de vista participativo e tremendamente divertido, espertando as gargalladas dos rapaces en multitude de ocasións.

Contacontos na biblioteca o sábado

Cabe recordar que, tamén dentro do Maio Cultural, mañá terá lugar a a segunda das actividades incluídas nos ‘Sábados de Libro na Biblioteca’: unha sesión de contacontos infantil a cargo de Marisa Irimia (Foz, 1969) titulada “Kontos de akí e akolá”.

A actividade, que está pensada para nenos e nenas de entre 3 e 12 anos, desenvolverase dende as 11.30 ás 12.30 horas e será de balde ata encher o aforo.

Antes, en Certo:

Serafín Marcos presenta o seu novo espectáculo "Coñeces a Valentín?"





Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: este sábado 12 de maio comeza o novo ciclo de andainas, cunha adicada á Vía Romana

Andainas_noia


O roteiro pasará pola Chaínza en dirección a Balbargos e voltará tamén por este barrio

Tamén, en Noia:




Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

A Pobra: orde do día do pleno extraordinario do 15 de maio

Media_httpfarm8static_cegiy

Non o ve ben? Entón prema aquí

Sorprenden as présas do equipo de goberno do PP, comandado por Isaac Maceiras, para dispor dun terreo -segundo punto- para a construción dun centro de saúde cando a Xunta de Galicia, do tamén popular Núñez Feijóo, non dispón de partida orzamentaria e cando o presidente do Goberno, Mariano Rajoy, tamén do PP, acaba de recortar 10.000 millóns en Sanidade e Educacións, uns cartos que lle virán moi ben para amañar a desfeita en Bankia do seu amigo e ex alto cargo do PP Rodrigo Rato.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Medio Ambiente: Isabel Coixet estrea "Marea blanca", homenaxe aos voluntarios que limparon o chapapote do Prestige, o mércores 16 de maio

  • A estrea será no cinema Callao de Madrid
  • O documental é patrocinado por unha firma cerveceira que está a protexer praias
  • Rodouse na Costa da Morte
Media_httpfarm4static_wnrlc

A traxedia do Prestige inspirou a artistas como Laxeiro

Barbanza-Noia, 11 de maio 2012: A varias veces premiada cineasta Isabel Coixet vén de rematar o documental “Marea Blanca” e procederá á súa estrea o vindeiro mércores 16 de maio ás 21:00 horas no Cine Callao de Madrid. Esta iniciativa insírese dentro do proxecto que Save The Beach leva a cabo este ano para homenaxear aos miles de voluntarios e voluntarias que contribuíron de xeito desinteresado e ante a pasividade do goberno do PP de entonces, nos labores de limpeeza durante a catástrofe do petroleiro Prestige. En 2012 cúmprese o décimo aniversario daquela desgraza que aínda está por xulgar e pola que ningún político de entón dimitiu: é máis, Rajoy, entón vicepresidente do Goberno, o de "los cuatro pequeños hilitos, me dicen, regueros solidificados con aspecto de plastilina en estiramiento vertical" é hoxe presidente do Goberno e Cascos, entón ministro de Fomento, está a piques de dirixir outra vez a autonomía asturiana-.

<script type="text/javascript" src="http://www.cadenaser.com/js/audio.js" ></script><link rel="stylesheet" href="http://www.cadenaser.com/css/ser_llevatelov2.css" type="text/css" /><div id="div_wma"></div><div><a onclick="makePlayer({id:'20030830csrcsrnac_14.Aes', tipo:'audio', href:'mms://a14.v78073.c7807.e.vm.akamaistream.net/7/14/7807/49af3032/prisaffs.download.akamai.com/7807/cadenaser/2003/08/20030830csrcsrnac_14_A_SAU.asf', autostart:true, ancho:null, corto:'NO', totalTime:'74'});return false;" href="javascript:void(0)" title="oir"><img src="

Media_httpwwwcadenase_aesvs
" width="19" height="19" border=0></a>&nbsp;<span id="div_20030830csrcsrnac_14.Aes" style="visibility:none;"></span></div><h1>Rajoy: "Del Prestige salen unos pequeños hilitos" (5/6/2002)</h1><img src="http://prisacommultidistribucion.112.2O7.net/b/ss/prisacommultidistribucion/5/H.14--WAP?pageName=llevatelo&ch=llevatelo&c1=llevatelo>emb&c18=prisacom&c20=gadget&h1=prisacom>cadenaser>gadget>llevatelo>emb>" width="0" height="0" border="0">

Protagonistas
Isabel Coixet desprazouse co seu equipo ata a Costa da Morte para entrevistar a algúns dos voluntarios máis activos durante o desastre medioambiental e aos que o Prestige lles mudou a vida. Entre eles atópase Sole Méndez, extremeña que chegou a
Galicia hai 10 anos para limpar praias de Fisterra e xa quedou aquí, onde naceu a súa filla, á que puxo de nome Alegría Fisterra.
Tamén conta a historia de Nacho Castro de Muxía, que se namorou dunha voluntaria catalana, coa que hoxe comparte vida e familia. Sven Schwebsch, un voluntario alemán, explica o xeito de impulsar, logo do desastre, a Rede de Voluntario Libre de Europa e o seu seguimento da costa anos despois.

Media_httpfarm5static_fpoac

A plataforma Nunca Máis aínda hoxe en día ten os seus carteis por todo o país

Galicia en Color – Rede de reencontros 10 anos- é unha iniciativa da Asociación de Profesionais do Turismo da Costa da Morte (APTCM) que nace con motivo deste décimo aniversario do naufraxio do Prestige para darlle as grazas -sen meterse en política, pola conta que lles trae- ás numerosas voluntarias e voluntarios que axudaron a limpar as praias galegas. O proxecto pretende deixar atrás a visión bicor (branco-negro) do desastre para demostrar ao mundo que Galicia "está chea de cor grazas aos voluntarios".

Pódese facer seguimento deste proxecto en dúas webs: www.galiciaencolor.es e www.coronasavethebeach.org/marea-blanca

280 quilómetros de fotos da Costa da Morte

Un dos elementos máis sorprendentes que se pode atopar en www.coronasavethebeach.org/marea-blanca é unha das fotos máis longas do mundo, unha imaxe dos 280 quilómetros de litoral máis afectado da Costa da Morte. A imaxe está realizada dende o mar e mediante un sistema de xeoreferenciación o voluntario pode deixar a súa mensaxe e lembranzas xusto no punto no que sacou chapapote hai 10 anos.

E o mesmo día, pero en Carballo:


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

10.5.12

Ribeira: este venres 11, "Coñeces a Valentín?", no auditorio para escolares, con Serafín Marcos

Media_httpfarm8static_oxdqi

Serafín Marcos estivo tamén no concerto de "Música e circunstancias"

Ribeira, 10 de maio de 2012.- No marco da programación do Maio Cultural 2012, mañá venres ás 11 horas terá lugar un espectáculo sobre a figura de Valentín Paz-Andrade -o homenaxeado deste ano no día das Letras Galegas- a cargo do artista polifacético Serafín Marcos. 

Con tal motivo, alumnos de primeiro e segundo ciclo de Secundaria dos colexios A Milagrosa de Oleiros, Sagrado Corazón de Castiñeiras e Galaxia, ademais de usuarios da Asociación Ambar, encherán por completo o salón de actos de 279 prazas do Auditorio Municipal para asistir ao evento.

Baixo o lema “Coñeces a Valentín”, Serafín Marcos propón un espectáculo que flúe a partir das testemuñas dos máis achegados e expón dun xeito ameno e participativo os aspectos máis formais, os máis tráxidos e as curiosidades da vida de Paz-Andrade.

Relacionada:
Coñeces a Valentín? Novo espectáculo de Serafín Marcos




Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Deportes: Padrón, Rois e Dodro acollen a chegada da Xira Galega de Karting

20120509_124242_large


Dodro, 10 de maio de 2012. Os concellos de Padrón, Rois e Dodro acollen a chegada da Xira Galega de Karting. Haberá 16 karts de potencia distinta en función de que o pilote un neno ou un adulto.  Os karts biprazas serán para que os pequechos poidan ir acompañados de seus pais. A organización reservou a xornada da mañá do xoves e do venres da vindeira semana para que os escolares do municipio de Dodro poidan conducir de balde estes vehículos.

Os alcaldes dos tres municipios colaboradores, Antonio Fernández Angueira, do Concello de Padrón, Valentín Alfonsín Somoza, do Concello de Dodro e Ramón Tojo Lens do Concelo de Rois presidiron a presentación da chegada da sexta edición Xira Galega de Karting, que terá lugar no aparcadoiro gardería municipal de Padrón do 17 ao 20 de maio.

Ao acto, que se celebrou no Concello de Dodro, asistiron a directora da Xira Karting, Raquel González, así como Antonio Cortés e Javier Torres, representantes de Gadis e Begano respectivamente, empresas que xunto con Estrella Galicia 0,0 patrocinan este evento. Unha proba que é posible grazas á colaboración de institucións públicas como, ademáis dos propios concellos, a Deputación Provincial da Coruña e a Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia.

Na súa intervención, Antonio Fernández Angueira desexou "unha feliz e exitosa estancia para a Xira Karting" e afirmou que a colaboración entre concellos "foi fácil" . Ademais, o alcalde Valentín Alfonsín Somoza apuntou que grazas a achega das administracións locais os escolares dos concellos poderán gozar, de maneira gratuíta, da sensación que produce pilotar un kart. Para eles a organización reservou as xornadas do xoves e venres da vindeira semana, en horario de 10.00 a 14.00 horas.

Pola súa parte Ramón Tojo Lens congratulouse da "colaboración entre concellos, xa que esta actividade é posible gracias a nosa unidade". Mentres que Valentín Alfonsín Somoza asegurou que "o circuito será un éxito en tódolos espectros da xuventude e da infancia".  Raquel González, directora de Xira Karting, referiuse a iniciativa que  “pretende achegar o deporte do automobilismo a todo o público e, ao mesmo tempo, servir de instrumento de educación viaria tanto para a mocidade como para aquelas persoas que xa non o son tanto”. Nesta liña sinalou que con este evento se “pretende que a familia poida pasar unha tarde diferente chea de emocións”.

Neste sentido, a responsable da proba salientou unha nova promoción que se aplicará este ano e que consiste en que pola compra dunha entrada se ten desconto para a seguinte. Una redución no prezo do que tamén se beneficiarán os que teñan o Carné Xove e as familias numerosas. Ademais, os supermercados Gadis repartirán vales desconto e invitacións entre os seus clientes; e Begano e Estrella Galicia 0,0 tamén farán promocións desta sexta edición da Xira Galega de Karting a través das redes sociais en internet. Karts para nenos e para adultos Os nenos a partir de 8 anos ou 135 centímetros de altura disporán de seis karts infantís cun motor modelo Honda de 125 centímetros cúbicos e con sistema de seguridade a distancia, de tal xeito que o director da carreira poderá frear manualmente a calquera coche en pista. Os adultos dispoñen de 10 karts con motor Honda de 200 centímetros cúbicos.

Ademais, como novidade, a Xira Karting pon a disposición do público un kart bipraza para que os máis pequenos que aínda non poden conducir vaian acompañados. O horario oficial do evento é o seguinte: as mañás do xoves 17 e venres 18 de 10.00 a 14.00 horas é reservado a escolares; o sábado 19 e o domingo 20 a apertura será de 12.00 a 14.00 horas. Tódalas tardes a apertura será de 17 a 22.00 horas. A tarifa estándar é de 7 euros nenos e de 10 adultos. Hai tarifas con desconto desde 3,5 euros neno e 5 euros adulto, cunha duración de manga de aproximadamente cinco minutos. O evento contará tamén con xogos, inchables e regalos.

Campamentos deportivos 2012

Por outra banda, vén de coñecerse que a Deputación da Coruña concede catro prazas ó concello de Dodro para os “Campamentos Deportivos 2012”. Os Campamentos Deportivos, convocados pola Deputación da Coruña ofrécenlle catro prazas ós rapaces e rapazas de Dodro: o aloxamento terá lugar no Colexio Calvo Sotelo, da Coruña, do 8 ó 14 de xullo. Realizáranse diversos deportes tales como golf, vela de cruceiro, tenis e volei praia.

As persoas interesadas deberán acudir ó Departamento de Deportes do Concello de Dodro. Poderán participar os rapaces e rapazas do concello que comprendan as idades de 8 a 13 anos. A fecha de inscrición finalizará o día 1 de xuño.
A cota de inscrición será de 85€. Ésta inclúe o transporte interno, estadía e a manutención en residencia, así como os gastos das actividades a realizar. Dita cantidade debe ser pagada tras a confirmación da praza.
Para poder optar a unha praza, as persoas interesadas deben cubrir a ficha de inscrición. Ésta debe estar asinada polos pais ou titores dos solicitantes. Ademais deben presentar unha foto tipo carné, unha fotocopia da tarxeta sanitaria e do libro de familia ou no seu defecto, a do carné de identidade. Tamén deben entregar a copia do pagamento da cota de inscrición correspondente.
En caso de que sexa preciso un tratamento específico ou algún tipo de doenza por parte do solicitante, débese presentar un xustificante médico que así o acredite.
No caso de que haxa máis solicitudes que prazas, optarase a realizar un sorteo público diante do secretario.


Antes, en Certo:


Letras Galegas: actos o 16 (libro) e o 24 (cine)


Política: o PP minte e xestiona mal, di o Bng


Política: o Psoe di que o alcalde minte sobre a secretaria



Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: o XV Aniversario Club Natural Sport convoca a parte da "beautiful people" galega este sábado

Media_httpkultipsbilb_tcceg

Rosalía Mera, unha das mulleres máis ricas deste país, será unha das homenaxeadas con insignia de ouro e brillantes

Ribeira, 10 de maio de 2012. Este sábado, 12 de maio, vaise realizar un, disque, sinxelo acto que conmemorará o XVº Aniversario do Club Natural Sport – Videlgi Riveira. Vai ter lugar no restaurante La Cascada a partires das 14:00 horas e nel vanse entregar as insignias de prata, ouro e ouro e brillantes desta entidade, así como rendir unha merecida homenaxe ao equipo pentacampeón de España de combate e ao seu deportista máis veterano, José Domínguez Noceda, “Pepe Rego”, receentemente finado.

Cheo absoluto

As 200 localidades quedaron pequenas ante a fervenza de peticións para asistir a este acto.


Aas insignias, catalogadas en tres categorías irán parar a mans de:

 

       INSIGNIAS DE OURO e BRILLANTES: para todas aquelas persoas ou entidades que promulgan valores do deporte a través do seu día a día.

o        Dña. Rosalía Mera Goyenechea (Fundación Paideia)

o        D. Gabriel Masfurroll Lacambra (Fundación Álex)

o        D. Vicente del Bosque (Seleccionador Nacional de Fútbol)

o        D. Yulis Gabriel Mercedes (Tae Kwon Do - Medallista Olímpico e impulsor del programa Tae Kwon Do para la Igualda den R. Dominicana)

o        D. Pedro Miguel Moreira Povoa (Tae Kwon Do - Diploma Olímpico)

o        D. Jesús Álvarez Cervantes (Periodista)

 

       INSIGNIAS DE OURO: para aquelas persoas e entidades que colaboraron estreitamente co taekwondo a nivel local, nacional e internacional.

o        Dña. Mercé Barrientos Varela (Presidenta de la FGT)

o D. Antonio Vidal Pego (Director General Proyectos Renovables de Galicia)

o        D. Luis López Boado (Director General Pereira Productos del Mar)

 

       INSIGNIAS DE PRATA aos colaboradores no tae kwon do local.

o        D. Jorge Gómez Cadórniga

o        Dña. Carolina Fernández Vázquez

 

       EQUIPO PENTACAMPIÓN DE ESPAÑA: primeira vez na historia deste deporte a nivel nacional na que un equipo consegue ganar cinco campionatos de forma consecutiva:

o        Alejandro Vidal Álvarez

o        Alicia Agrelo Lema

o        Miguel Martínez Muras

o        Rebeca Mariño Torrado

o        Pablo Carou Varela

o        Susana Oliveira Martínez

o        Juan Fernández Rey

o        Estefanía Hernández García

o        José Fernández Rey

o        Lua María Piñeiro Devesa

o        Ángel Parada Martínez

o        Sabela Lonja Dios

o        Juan Ramón Millares Vilar

o        Lara Ouviña Martínez

o        Raúl Bouzas Somoza

o        Fernando Rascado Ríos

o        Javier Sieira Rodríguez

o        Gerardo Ortiz González

o        Osiris Luis Romay Queiruga

o        Ismael Castro Santos

 



Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: cincocentos nenos disputan na Fieiteira este sábado 12 o Campionato Escolar de Atletismo

  • Trátase do clasificatorio para o certame autonómico do día 26 en Vigo
  • Barbanza aporta nada menos que 8.000 rapaces ao deporte galego en idade escolar

Ribeira, 10 de maio de 2012.- O municipio de Ribeira converterase esta fin de semana no epicentro do atletismo en idade escolar a través da celebración este sábado no complexo da Fieiteira do Campionato Provincial Escolar de Atletismo, no que participarán medio milleiro de rapaces de toda a demarcación coruñesa.

O xefe provincial de Deportes da Coruña, Roberto García; a directora técnica da Federación Galega de Atletismo, Madó González; e o concelleiro de Deportes do Concello de Ribeira, Juan Luis Martínez, explicaron hoxe nun acto celebrado no Consistorio local os detalles deste certame.

O de Ribeira deste sábado será unha competición que inclúe tanto probas individuais como combinadas e na que participarán nenos e nenas das categorías benxamín, alevín e infantil (nacidos entre 2003 e 2000). O certame dará comezo xa en torno ás 10 da mañá e se prolongará ao longo de todo o día. Haberá probas de todo tipo: tanto saltos, como carreiras e lanzamentos.

Os rapaces que acoden ao torneo son os que rexistraron as mellores marcas das fases zonais, e do mesmo se desprenderán os deportistas que participen o próximo 26 de maio no Campionato Galego, certame que se disputará na cidade de Vigo.

Segundo informou Roberto García, esta competición enmárcase no Plan Xogade da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, que convocou neste curso a uns 68.000 rapaces de todo tipo de especialidades deportivas, das cales 4.800 foron de atletismo.

O xefe provincial da Xunta tamén destacou a aportación da comarca de Barbanza ao deporte galego en idade escolar, cuns 8.000 rapaces involucrados.


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical