11.5.12

Ribeira: Serafín Marcos divertiu aos escolares namentres aprendían a vida de Paz Andrade

Serafn_marcos

  • O curioso performer noiés está a estrear o seu novo espectáculo "Coñeces a Valentín?"


Ribeira, 11 de maio de 2012.- Como estaba previsto, o Auditorio Municipal rexistrou un cheo total durante o espectáculo que o artista Serafín Marcos ofreceu sobre a figura de Valentín Paz-Andrade, dentro da programación do Maio Cultural 2012 confeccionada polo Concello en homenaxe ao autor tributado este ano no día das Letras Galegas.

No salón de actos do edificio, déronse cita case 300 alumnos e profesores de primeiro e segundo ciclo de Secundaria dos colexios A Milagrosa de Oleiros, Sagrado Corazón de Castiñeiras e Galaxia, ademais de usuarios da Asociación Ámbar.

O espectáculo, que levaba o título de “Coñeces a Valentín”, realizou unha aproximación aos aspectos máis formais, aos máis tráxicos e as curiosidades da vida de Paz-Andrade, dende un punto de vista participativo e tremendamente divertido, espertando as gargalladas dos rapaces en multitude de ocasións.

Contacontos na biblioteca o sábado

Cabe recordar que, tamén dentro do Maio Cultural, mañá terá lugar a a segunda das actividades incluídas nos ‘Sábados de Libro na Biblioteca’: unha sesión de contacontos infantil a cargo de Marisa Irimia (Foz, 1969) titulada “Kontos de akí e akolá”.

A actividade, que está pensada para nenos e nenas de entre 3 e 12 anos, desenvolverase dende as 11.30 ás 12.30 horas e será de balde ata encher o aforo.

Antes, en Certo:

Serafín Marcos presenta o seu novo espectáculo "Coñeces a Valentín?"





Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical