Serafín Marcos estivo tamén no concerto de "Música e circunstancias" Ribeira, 10 de maio de 2012.- No marco da programación do Maio Cultural 2012, mañá venres ás 11 horas terá lugar un espectáculo sobre a figura de Valentín Paz-Andrade -o homenaxeado deste ano no día das Letras Galegas- a cargo do artista polifacético Serafín Marcos. Con tal motivo, alumnos de primeiro e segundo ciclo de Secundaria dos colexios A Milagrosa de Oleiros, Sagrado Corazón de Castiñeiras e Galaxia, ademais de usuarios da Asociación Ambar, encherán por completo o salón de actos de 279 prazas do Auditorio Municipal para asistir ao evento. Baixo o lema “Coñeces a Valentín”, Serafín Marcos propón un espectáculo que flúe a partir das testemuñas dos máis achegados e expón dun xeito ameno e participativo os aspectos máis formais, os máis tráxidos e as curiosidades da vida de Paz-Andrade. Relacionada:
Coñeces a Valentín? Novo espectáculo de Serafín Marcos
Ribeira: o XV Aniversario Club Natural Sport convoca a parte da "beautiful people" galega este sábado post.ly/7DpOV
— Certo (@Certo) May 10, 2012
Ribeira: crean o trofeo "Verónica Boquete" para premiar á mellor xogadora da Copa Sálvora 2011 post.ly/7Do3X
— Certo (@Certo) May 10, 2012
Ribeira: o Leliadoura realizou unha viaxe cultural a París post.ly/7Dn6p
— Certo (@Certo) May 10, 2012
Ribeira: Carreira acolle este venres 11 unha charla sobre compostaxe e separación de lixo post.ly/7DlYH
— Certo (@Certo) May 10, 2012
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario