- FESTIVAL FIN DE CURSO
- DÍA: sábado 7 de xullo
- HORA: 21h00
- LUGAR: Campo de Arriba (en caso de choiva será no Auditorio de Rianxo)
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia







Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Ribeira, 4 de xullo de 2012.- O Auditorio Municipal acubillou esta mañá a inauguración dun curso da Universidad Internacional Menéndez Palayo, que leva por título ““La Depresión: qué es y cómo tratarla”, organizado pola citada institución académica co patrocinio da Deputación Provincial de A Coruña e a colaboración do Concello.
Para dar inicio a esta acción formativa personáronse na instalación cultural o alcalde e deputado provincial, Manuel Ruiz Rivas; o director da UIMP en Galicia, o político e profesor Xosé Luis Barreiro Rivas; e o director do curso, o ribeirense Gualberto Buela-Casal, presidente da Asociación Española de Psicoloxía Conductual e profesor da Facultade de Psicoloxía da Universidade de Granada.
O programa do curso abrangue un intenso programa que se prolongará ata o venres ás 18.30 horas co acto de clausura.
Este mesmo venres, a prestixiosa psicóloga María Jesús Álava Reyes impartirá de balde unha conferencia aberta a toda a cidadanía da comarca baixo o título de “A inutilidade de sufrimento”: mesma denominación que a do seu libro máis coñecido, con máis de 250.000 exemplares vendidos.
Onte, en Certo:
Venres 6 de xullo: conferencia "A inutilidade do sufrimento"
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Uns 200 rapaces de 20 países nacidos entre 1994 e 2002 tomarán parte nesta acción, que ao longo de sete días (do 9 ao 15 de xullo) lles permitirá interactuar con combatentes e adestradores do máis alto nivel, algúns dos cales participarán na cita londinense. Entre as nacionalidades representadas figuran Italia, Suíza, Colombia, República Dominicana, México, Chile, Ecuador, Luxemburgo, Bélxica, Portugal, Marrocos, Papúa Nova Guinea, Holanda e Arxentina.
Para presentar esta acción compareceron hoxe no Consistorio o concelleiro de Deportes, Juan Luis Martínez; o presidente do Club Natural Sport, José Francisco Agrelo; Suvi Mikkonen, deportista finlandesa clasificada para Londres; e Jesús Ramal, adestrador da Selección Olímpica de Finlandia; ademais de tres deportistas que están axudando a preparar a Suri Mikkonen a súa participación olímpica: as suizas Nina Kläy (subcampiona de Europa absoluta) e Manuela Bezzola (campioa da Universiada e olímpica en Beijing) e a española Yaiza Soiza (campiona nacional).
O concelleiro de Deportes salientou o feito de que nunca antes en Ribeira albergaran tal cantidade de deportistas olímpicos: especialistas que perfilan a súa preparación cara os Xogos de Londres como a referida Suri Mikkonen, Gabriel Mercedes (República Dominicana, prata en Beijing), Theresa Tona (Papúa Nova Guineaa), Isaam Chernoubi, Sanaa Atrabrour ou Wian Dislam (estes tres, de Marrocos) ademais do brasileiro Diego Silva, quen requiriu os servizos como spárring dun dos máis laureados combatentes de Galicia e membro do Natural Sport, Raúl Bouzas.
O edil e tenente de alcalde ribeirense recordou tamén a vertente solidaria do campamento, que propiciou que nove deportistas de distintas procedencias puidesen ser becados ao cento por centro na súa estancia no campamento solidario.
Impacto económico
Por último, Juan Luis Martínez cifrou entre 60.000 e 80.000 euros a repercusión económica positiva que vai supor a celebración do campamento Soño Olímpico para o tecido empresarial do municipio de Ribeira.
O presidente do Club Natural Sport, José Francisco Agrelo, manifestou que o campamento de verán, que está totalmente autofinanciado, vaise dividir en dous grupos en función das idades: de iniciación, para os nacidos entre 2002 e 1998; e de perfeccionamento, para os que o fixeron entre 1994 e 1997.
Pola súa parte, tanto Jesús Ramal como Suri Mikkonen amosaron a súa compracencia de poder participar no campamento e subliñaron o gran nivel dos adestradores e deportistas que se van concentrar. A combatente finlandesa tamén salientou as semellanzas de clima existentes entre Galicia e Londres, o que lle axudará a afinar na súa preparación.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
The Lákazans twitter.com/silviamiron/st…
— Silvia García Mirón (@silviamiron) July 3, 2012
Boiro, 4 de xullo de 2012. The Lázakans foi a banda que se alzou co premio gañador no certame Curota Sound que se celebrou na noite deste martes pasado na discoteca Tonos de Boiro e que se incluía dentro da programación das Festas do Verán.Y los ganadores del Curota Sound... THE LAKAZANS!!!! Enhorabuenaaaa! Y ahora a celebrarlo!
— Silvia García Mirón (@silviamiron) July 4, 2012
Turno para The Siberets twitter.com/silviamiron/st…
— Silvia García Mirón (@silviamiron) July 3, 2012
Máis de trescentas persoas acudiron á esperada final do concurso que contaba con Agoraphobia, Belfastt, The Siberets e The Lákazans como os catro últimos clasificados. Os grupos noveis do Barbanza demostraron, unha vez máis, a gran cantidade de seguidores cos que contan. O segundo premio foi a mans da banda de Ribeira Belfastt; o terceiro premio para ás boirenses Agoraphobia; e o cuarto foi a parar a The Siberets.And now... Belfastt! twitter.com/silviamiron/st…
— Silvia García Mirón (@silviamiron) July 3, 2012
Y por último, Agoraphobia! twitter.com/silviamiron/st…
— Silvia García Mirón (@silviamiron) July 4, 2012
En total repartíronse 1.100 euros en premios a través da entrega de cheques para gastar en material musical: 500 euros para a banda gañadora, 300 euros para o segundo clasificado, 200 euros para o terceiro e 100 para o cuarto clasificado do certame. O método de votación na final estableceuse a través dun total de sete votos, seis correspondentes aos membros do xurado e un séptimo que outorgaba o público asistente. O xurado estivo formado por Fran Velo, compoñente dos Heredeiros da Crus; Sonia Lebedynski, cantante de Fía na Roca; Juan Ciego, compoñente de The Covers e profesor de música; un representante da Escola de Música de Boiro; Nolo Romero, Concelleiro de Xuventude e Festexos e representante institucional do Concello de Boiro; e Alberto García, técnico de cultura do Concello. Jorge Campaña, presidente da Asociación Cultural Borobó, agradeceu a colaboración de tódalas empresas que fixeron posible que este certame tivera un premio cunha cuantía económica, así como a propia participación dos grupos e a asistencia de todo o público durante estes meses. Asemade, Campaña quixo incidir en que “estamos vendo como o obxetivo deste certame, a promoción de grupos do Barbanza, se está cumprindo, pois as bandas concursantes están conseguindo bolos en diversos locais de concellos da comarca".Y aquí los organizadores del Curota Sound. Tras más de tres meses hemos llegado a la final. Un enorme gracias a todos!! twitter.com/silviamiron/st…
— Silvia García Mirón (@silviamiron) July 3, 2012
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Ribeira: este venres, 6 de xullo, presentación do novo disco de Jabon Blue post.ly/87Etl
— Certo (@Certo) July 3, 2012
Ribeira, 3 de xullo de 2012.- A doutora María Jesús Álava Reyes, unha das psiquiatras máis mediáticas e prestixiosas de España, vai a ofrecer este venres día 6 de xullo, ás 20 horas, unha conferencia aberta á asistencia de toda a cidadanía de Ribeira e da comarca. O seu título, “A inutilidade do sufrimento”, mesmo nome que o do seu libro de divulgación máis coñecido e aclamado, do que se teñen vendido xa máis de 250.000 exemplares e que está a servir de guía de cabeceira para moitísimas persoas que buscan mellorarse a si mesmas no mundo das emocións.
Esta acción está auspiciada pola Universidade Internacional Menéndez Pelayo, que emprendeu as xestións encamiñadas a que a eminente doutora Álava Reyes se dirixa de xeito gratuíto e desinteresado ante a audiencia riveirense para incidir nas claves para desenvolver unha vida máis harmónica e positiva.
Curso da Universidade Menéndez Pelayo
Precisamente, hai que recordar que a citada institución académica organiza dende martes e ata o venres un curso titulado “La Depresión: qué es y cómo tratarla”, que terá lugar no Auditorio Municipal.
Dirixido polo riveirense Gualberto Buela-Casal, presidente da Asociación Española de Psicoloxía Conductual e profesor da Facultade de Psicoloxía da Universidade de Granada, o obxectivo deste curso reside en dar a coñecer os avances actuais no coñecemento sobre a natureza da depresión, os modelos explicativos e os distintos procedementos, tanto na avaliación e diagnose como nos distintos enfoques de tratamento (psicolóxico e psiquiátrico).
AVANCE DE PROGRAMA:
Mércores, 04 Xullo 2012
10:00 h.
Inauguración:
Raúl Quevedo Blasco
PDI Facultad de Psicología. Univ.de Granada
Gualberto Buela Casal
Presidente de la Asociación Española de Psicología Conductual.
Catedrático de Psicología Univ. de Granada
Xosé Luis Barreiro Rivas
Director de la UIMP en Galicia
10:15 h.
¿Cómo identificar la depresión?
Gualberto Buela Casal
12:00 h.
La naturaleza y modelos explicativos de la depresión
Wenceslao Peñate Castro
Catedrático de Psicología Clínica. Univ. de la Laguna
17:00 h.
¿Somos o estamos depresivos?
Gualberto Buela Casal
18:30 h.
¿Somos o estamos ansiosos?
Raúl Quevedo Blasco
Xoves, 05 Xullo 2012
10:00 h.
El deterioro cognitivo y la depresión de ancianos
Raúl Quevedo Blasco
12:00 h.
Qué pueden hacer los psicólogos clínicos con la depresión: un modelo empírico de tratamiento
Francisco José Santolaya Ochando
Presidente del Consejo General de Colegios de Psicólogos de España
17:00 h.
La reexperimentación emocional para el tratamiento de la depresión
Wenceslao Peñate Castro
18:30 h.
MESA REDONDA: La Depresión: ¿una consecuencia de la sociedad actual?
Gualberto Buela Casal
Wenceslao Peñate Castro
Raúl Quevedo Blasco
Viernes, 06 Xullo 2012
10:00 h.
Casos clínicos en depresión
Francisco José Santolaya Ochando
12:00 h.
Cambios en el estado de ánimo de los niños y adolescentes:Cómo identificarlos y cómo tratarlos
Mª Jesús-Natividad Álava Reyes
Directora de APERTIA CONSULTING
17:00 h.
Cómo puede ayudar la familia en el tratamiento de la depresión
Mª Jesús-Natividad Álava Reyes
18:30 h.
Clausura y entrega de diplomas
Gualberto Buela Casal
Raúl Quevedo Blasco
Ribeira: este sábado 7 de xullo, derradeira asemblea de peñas antes da Festa da Dorna post.ly/87IMf
— Certo (@Certo) July 3, 2012
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Dorna: "Carallos de Rei" e "A Nasa", peñeiros deseñadores
Ribeira: así loce o faro de Sálvora, por Xoán Arco da Vella youtu.be/m0RVPrypzxs
— Certo (@Certo) July 2, 2012
Ribeira: espectacular sesión de breakdance por Vella Escola de Noia no dos "Panos brancos contra a droga" youtu.be/_NOpJljEdkM
— Certo (@Certo) July 2, 2012
Jabon Blue presenta "Niña de las manos frías". Javi Maneiro compaxina o retorno de Heredeiros da Crus co novo disco culturagalega.org/noticia.php?id…
— Certo (@Certo) July 3, 2012
Etnografía: editan 25.000 trípticos para promover o vía crucis marítimo-fluvial do Ulla e Arousa post.ly/87HQB
— Certo (@Certo) July 3, 2012

Cultura marítima: un libro sobre dornas, resucitado na Rede
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Relacionada:

Natureza: Adega denuncia a mala xestión das praias da Corna e Coroso
A Pobra, 3 de xullo de 2012. ADEGA organiza este xoves día 5, unha xornada de voluntariado ambiental na praia da Corna (Pobra do Caramiñal) dentro do programa “Conservando as nosas Dunas”. A asociación ecoloxista continúa a divulgar o problema das especies invasoras, e a importancia de conservar os ecosistemas dunares. Estas accións teñen por obxectivo aumentar a concienciación cidadá, divulgar e promover iniciativas de custodia litoral, facilitando para iso ferramentas de conservación. Outros dos obxectivos é acadar un mellor estado ecolóxico dos ecosistemas dunares.
A Fundación Biodiversidad seleccionou estas actuacións propostas por ADEGA no marco da iniciativa Playas, voluntariado y custodia del territorio, xunto con outras 30 actividades en todo o estado.
Este xoves o voluntariado traballará en labores de eliminación de flora exótica invasora e limpeza do areal. Esta praia ten un ecosistema dunar ben conservado mais conta con numerosas ameazas que poñen en perigo tanto a flora como a fauna alí presente. Atópase gran cantidade de lixo en toda a praia e ata o día de hoxe non foi retirado. É preciso realizar limpezas selectivas e manuais respetando deste xeito a vexetación dunar, o argazo e este hábitat onde aínda se pode atopar píllara papuda (Charadrius alexandrinus). A píllara é unha ave catalogada como vulnerable no catálogo nacional de especies ameazas e polo tanto precisa de protección real, e divulgación do seu valor ecolóxico. Aniña na area na parte baixa das dunas, polo que os seus ovos corren o perigo de ser pisados por bañistas ou cans.
Estas actuacións darán continuidade aos traballos realizados por ADEGA no proxecto Corna, no que alén de eliminar flora exótica invasora, tamén se realizou unha campaña divulgativa sobre o valor deste ecosistema e a necesidade de protección da píllara.
En Porto do Son o 19 de xullo
Haberá unha segunda xornada de voluntariado o día 19 de xullo e se desenvolverá no concello de Porto do Son (na Praia de Areas Longas).
Serán actividades gratuítas onde o voluntariado contará con seguro de accidentes, alén de ter cubertos os gastos de transporte e comida. As voluntarias e os voluntarios que queiran participar en calquera das dúas xornadas poden apuntarse ou pedir información no seguinte enderezo.
Máis info:
Lucía Parente
Email: lucia@adega.info
Tlf: 981 57 00 99 - 669 80 69 08
A Pobra: a ignorancia é ben atrevida, resumo desta entrevista. galiciaconfidencial.com/nova/10891.html vía @gconfidencial @carloscallon @amesanl
— Certo (@Certo) July 2, 2012
Lo más cercano a la alta velocidad que apareció por Galicia fue el chófer de Manuel Fraga tinyurl.com/43gnpws
— Jot Down Magazine (@JotDownSpain) July 2, 2012
Fredy Naz: "escribir é unha autoterapia". "Hai que ler para ser menos sumiso". "Lean aos novos da literatura galega" certo.es/index.php?page…
— Certo (@Certo) July 2, 2012
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Ribeira: este venres, 6 de xullo, presentación do novo disco de Jabon Blue post.ly/87Etl
— Certo (@Certo) July 3, 2012
Ribeira: a firma noiesa Josoni investirá máis dun millón de euros no matadoiro mancomunado ata 2020 post.ly/87FK4
— Certo (@Certo) July 3, 2012
Xa se poden coller a nécora, o polbo, a lagosta, o lumbrigante, o conguito e o patulate. Ehh: quietos parados! Os que teñan licencia! #eló
— Certo (@Certo) July 2, 2012
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia