6.1.13

Cultura: vídeos da presentación de "Extramunde", de Xavier Queipo, no Ateneo de Ribeira

Dodro: así foi a Cabalgata de Reis de 2013

Media_httpfarm9static_yydri

As SS.MM os Reis Magos chegaron na tarde do 5 de xaneiro montados nunha carroza que percorreu o Concello repartindo caramelos.

Media_httpfarm9static_dfbmx

O percorrido rematou na Praza do Concello onde os Reis realizaron a ofrenda ao Neno Xesús e posteriormente foron recibidos polo alcalde.

Media_httpfarm9static_ybica

As SS.MM recibiron a todos os nenos/as que esperaban ansiosos para dicirlles as súas peticións para esta noite máxica e entregáronlles agasallos. Houbo chocolate con churros para todos, globos e moita ilusión.

Media_httpfarm9static_vzbmn

Despois celebrouse o II Concurso de tartas, pasteis e biscoitos e todos os presentes degustaron os doces presentados despois do fallo do xurado e da entrega de premios.

VISITA AO CENTRO DE DÍA DE DODRO

Media_httpfarm9static_fdizt

 
Por outra banda, e tamén co gallo da celebración do Nadal, o pasado venres 28 de decembro, un grupo de nenas e nenos dos Talleres de Escolaridade do Concello de Dodro visitaron o Centro de Día da mesma localidade. Durante a visita, os/as menores coñeceron as instalacións, e a actividade que se desenvolve nesta “escola de maiores” grazas a dúas usuarias que fixeron de guías.

Nesta xornada de convivencia, as nenas e nenos presentaron a figura do Apalpador, interpretaron unhas panxoliñas e máis tarde compartiron unha clase de ximnasia con tódalas personas maiores e profesionais que traballan neste recurso. Ao finalizar a actividade o grupo de menores foi agasallado cuns marcapáxinas elaborados polas persoas do centro.

O obxecto desta actuación é por en valor a importancia das persoas maiores do territorio e os recursos de atención e coidado das mesmas a través do desenvolvemento de actividades de carácter interxeracional.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

4.1.13

Ribeira: sete agrupacións musicais e nove carrozas protagonizarán a Cabalgata de Reis

  • O Concello tamén informa dos emparellamentos para o torneo de tenis de Nadal que disputa esta fin de semana as finais

Media_httpfarm2static_xrurd

Ribeira, 4 de xaneiro de 2013- Mañá sábado terá lugar na cidade de Santa Uxía a tradicional Cabalgata de Reis, que unha vez máis agarda ser un acontecemento multitudinario. No desfile participarán sete agrupacións musicais e de animación da rúa con preto de 200 compoñentes, nove carrozas e o Spresso de Oriente con dous vagóns. Tamén desfilarán un total de 250 nenos e nenas con idades de 5 a 12 anos vestidos de estrelas, mouras, pastores, galleta de xenxibre, paxes verdes, amarelos e vermellos, e paxes reais.

1.200 quilos de caramelos

Como persoal de apoio asistirán 70 persoas, entre o monitorado para o reparto de 1.200 quilos de caramelos, protección lateral das carrozas, Protección Civil, Policía Local e membros da organización, ademais dun servizo especial de ambulancia medicalizada que acompañará todo o percorrido.

Os Reis Magos chegarán por mar á cidade a bordo dunha embarcación da Confraría de Pescadores San Pedro de Ribeira (desembarcarán no pantalán da caseta de Portos). Ás 17.30 horas comezará a cabalgata dende o recheo do Malecón, se ben previamente (ás 17 horas) haberá un pequeno pasarrúas de todos os nenos e agrupacións dende o Auditorio.

Ás 19 horas aproximadamente a comitiva chegará ao Concello, onde as Súas Maxestades serán recibidas polo alcalde. O percorrido incuirá o Malecón, a praza da Concordia, a rúa de Galicia, Romero Ortiz, Malecón, Rosalía de Castro, Concello, 9 de Agosto, Rosalía de Castro e Concello.

Sorteo de agasallos

Melchor, Gaspar e Baltasar terán ocasión de felicitar as festas aos veciños dende o balcón da Casa Consistorial: un acto que servirá tamén para celebrar o sorteo dos tres superagasallos aos que poden optar os nenos e nenas coas rifas que repartiu o Carteiro Real durante as súas visitas polas distintas parroquias do municipio. Os tres superagasallos serán outros tantos monopatíns con casco e proteccións que os nenos: un regalo ideal para estrear a pista recentemente instalada nas inmediacións da praza do Centenario. 

Despois de dirixirse á  veciñanza dende o Consistorio, haberá un espectáculo pirotécnico de luz e son dende as pérgolas da praza e lanzaranse 24 cañóns de serpentinas.

Noutros concellos:

A Pobra: Sae do peirao ás 18.00 horas. Percorren rúa Principal e xiran visita ao belén da Praza

Rianxo: chegan a cabalo ao porto ás 18:30. Visitan belén vivinte e rematan na praza de Castelao, diante do Concello, con tirada de caramelos sen gluten.

Noia: sae ás seis da tarde e fai o percorrido habitual

Dodro: sae ás 17:00 do polideportivo, vai polas parroquias e volta ao Concello, onde haberá agasallos e tamén chocolate con churros

Boiro: Sae ás 17:30 de Lampón, chega ás 19:00 ao concello (caramelos) e volta a Escarabote, ao peirao, onde hai misa ás dez da noite

OS TROFEOS DE TENIS DE NADAL CHEGAN ÁS FINAIS O DOMINGO NO PAVILLÓN DE COROSO

Este domingo 6 de Xaneiro vanse celebrar no Polideportivo de Santa Uxía (en Coroso) as finais dos Trofeos de Tenis do Nadal, organizados polas Concellerías de Deportes e Xuventude, en colaboración co Club de Tenis Punta Salera e a ACD As Miñoteiras.

O horario previsto das finais e o seguinte:

  •  
    • 16:00 Final xunior
    • 17:00 Final individual trofeo Miñoteiras, que disputarán o padronés Bustelo e Aitor Muñiz, este último a grata sorpresa do campionato. Claro favoritismo de Bustelo, que encabeza invicto a clasificación da primeira división da liga de inverno, mentres que Aitor Muñiz e 4º clasificado en segunda división.
    • 18:00 Final dobres trofeo Mirador de Padín: será disputado polas parellas Bustelo/Javier Camino e Jorge Oujo/Gustavo, partido que se presume moi igualado, xa que pasan por ser as mellores parellas do Circuíto Miñoteiras.
    • 19:00 Final Master Zonal, que disputan os mellores tenistas federados da comarca.

As tres primeiras finais serán ao mellor de 9 xogos, sendo a final master zonal ao mellor de tres sets. A entrega de premios farase o remate deste partido.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Boiro: a Cabalgata de Reis, este sábado 5, remata con misa no peirao de Escarabote

Boiro_cabalgata_2013
https://twitter.com/Certo/status/286877065804922880

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Colaboración: "Non vaias a Malta", por Javier Ferreirós

Fai uns días reencontreime cun vello amigo que volvía á casa polo Nadal. Fomos tomar algo e contoume que estivera o mes pasado en Malta. Malta, dixen nun suspiro, e conteille que unha vez me ofreceran un traballo moi ben pagado aló, que por circunstancias persoais non puiden aceptar, e que dende entón sempre me quedou o aquel de non poder pasar un tempo nese paraíso mediterráneo no que se goza de boa temperatura todo o ano e no que se fala inglés.

Ó meu contertulio, ribeirense residente en Madrid, veulle un sorriso retorto á boca. “Paraíso? Vouche contar eu como as gastan no Paraíso.”

A finais de novembro foi de vacacións a Malta cun par de amigos. Unha noite foron de troula e un deles, antes de cruzar a rúa, apoiouse coa man nun taxi aparcado. Fatal decisión. Ó instante apareceron sete ou oito taxistas dicindo que tiñan que pagarlles por danar o taxi, que se non lles cortaban o pescozo. Detrás deles apareceu a policía, e antes de que se deran conta, co meu amigo tentando poñer paz en inglés, xa estaban camiño do trullo. Detidos eles, non os taxistas. E non camiño da comisaría, non: da Penitenciaría de Malta, onde cumpren condena os criminais condenados do país. Alí mandáronlles entregar as súas pertenzas e espirse, mentres un dos gardas, no medio das risas dos seus compañeiros, poñía unha luva de látex. Non houbo exploración de orificios porque o rapaz de Ribeira, que era o único dos tres arrestados que falaba inglés, pelexou porque non a houbera, despois de que lles quitaran todo e lle romperan o móbil a un deles, perito de coches nunha aseguradora (que cousas ten o destino, ou o que sexa!). Ningún dos gardas se dirixiu a eles en inglés en ningún momento, cando era obvio que só se poderían entender a través desa lingua nunha situación na que era imperativo entenderse; os axentes utilizaron todo o tempo o idioma maltés para desconcerto dos detidos, que aínda non tiñan claro de que se lles acusaba.

Que foi o seguinte? Pasaren a noite no cárcere, o amigo ribeirense só nunha cela, sen saber ata cando. Sen que lle deran un vaso de auga cando o pediu. Por sorte, algúns españois residentes na illa, coñecidos dos detidos, agardaban fóra, protestando por semellante escándalo. Algún deles chamou ó cónsul español, que apareceu feito unha furia, demostrando que non era a primeira vez que isto pasaba ó berrarlle en inglés ós policías: “¿Outra vez? ¿Fixéstelo outra vez?”.( Namentres, na cela do lado, un preso cheo de tatuaxes cantaba, e, agora que todo pasou, a quen me conta isto dálle a risa porque aquilo semellaba unha escena que todos vimos no Príncipe de Bel-Air.)

Unha das traballadoras da embaixada española, procurando facer minimamente aturable a estancia dos detidos naquel burato no que tiñan que defecar nunha xerra, levoulles uns cafés, pero os gardas, pendentes do seu pequeno negocio de extorsión, non lle deixaron levárllelos. Xa se sabe, aquilo de “ó inimigo nin auga!”

Como rematou a cousa? Ó día seguinte os detidos firmaron uns papeis que garantían a súa liberdade a cambio de 1200 euros. Sen volta de folla nin ningún tipo de reclamación posible. Fixeron tal cousa guiados polo cónsul, xa que nin sequera el contaba con outra opción viable. Pagaron e marcharon, para gran festexo dos policías e en beneficio da Sociedade Mafiosa de Polis e Taxistas.  Unha vez fóra, entre os amigos españois que os agardaban había unha rapaza maltesa, da mesma panda, que non puido máis que mostrarse avergoñada polo funcionamento do seu país, propio dunha remota satrapía. Non hai que esquecer que Malta é membro da Unión Europea, esa do Premio Nobel da Paz que tanta ledicia nos trae. Ó parecer hai moito máis que os típicos furtos cos que se recibe ós turistas en moitas partes do mundo, en contra do que din en guías turísticas e outros escritos nos que venden a súa excelencia cuberta de sol. Fálase nesas guías de baixa delincuencia...supoño que porque non contan ós policías entre as filas dos delincuentes.

Por tocar un taxi, naquel paraíso mediterráneo tan preto de nós podes pasar o resto das tardes de sábado da túa vida dando voltas polo patio da Penitenciaría. E visto o visto, coido que non esaxero.

Por certo, xa se me quitaron as ganas de ir a Malta.

Anterior artigo de Javier Ferreirós:



Músico e historiador
Serie exclusiva para Certo coa análise
dos principais discos da música mundial
"Música por dentro"




Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: preséntase hoxe "Extramunde", premio Xerais de Novela de 2011

La_foto

  • O autor, Xabier Queipo, estará acompañado por Xavier Alcalá e Ciprián Rivas
  • Hoxe, venres 4 de xaneiro, ás 20 horas no Ateneo Valle Inclán

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

3.1.13

Dodro: 31 cativ@s son os beneficiarios da campaña solidaria de recollida de xoguetes


Dodro, 3 de xaneiro de 2013. A Concellería de Servizos Sociais e Igualdade de Dodro organizou por segundo ano consecutivo a campaña solidaria de Recollida de Xoguetes. A recollida de todo tipo de xoguetes en bo estado e uso rematou o 15 de decembro cunha gran participación dos veciños de Dodro que, en verbas da tenente de alcalde, Marisol Boga, "neste tipo de campañas demostran a súa solidariedade".

Cun grupo de voluntarias/os do Concello, levouse a cabo a selección, limpeza e empaquetado dos xoguetes que se repartirán hoxe á familias do Concello. Un total de 31 nenos/as do concello son os beneficiarios deste programa. "Grazas a el estes nenos/as despertarán a maña de Reis cunha chea de agasallos debaixo da árbore", asegurou a responsable política do PP en Dodro.

Relacionada:






Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: a Carreira Popular de Nadal será batallada por uns 300 atletas este sábado, 5 de xaneiro

Ribeira, 3 de xaneiro de 2013.- A falla de que se peche hoxe o prazo de inscrición, entre 250 e 300 persoas van batallar este sábado día 5 de xaneiro na Carreira Popular de Nadal: unha das actividades programadas para estes  días dende a Área de Deportes do Concello, neste caso en colaboración do Club Atletismo Santa Uxía que preside Juan Manuel Olveira.

O concelleiro Juan Manuel Martínez ofreceu os detalles do evento, que terá lugar no entorno do Pavillón Polideportivo Santa Uxía (en Coroso), en horario de mañá. Participarán as seguintes categorías: sénior (que deberán afrontar unha distancia de 3.040 metros), cadete (3.040 metros), infantil (1.970 metros), alevín (1.210 metros), benxamín (760 metros) e pitufos (80 metros). As probas darán inicio ás 11 horas.

A iniciativa ten como obxectivo ocupar o tempo de lecer dos veciños, fomentando unha actividade física saudable e procurando a interactuación dos participantes.

Martínez Queiruga animou á veciñanza a que tomen parte na carreira ou ben que se animen a presenciala nun día tan sinalado como o da véspera de Reis.




Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

2.1.13

Rianxo: este sábado, 5 de xaneiro, homenaxe a Castelao polo Bng

[[posterous-content:pid___0]]https://twitter.com/Certo/status/286418173354442752




Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Lousame: someten a información pública a renovación da planta de xestión de residuos

  • Hai 30 días para presentar alegacións e suxestións dende que se colgue para exposición pública, tanto en Internet como no Concello de Lousame e na Xunta
  • A autorización outorgouse por un prazo de vixencia de cinco anos, polo que se están realizando os trámites correspondentes para a súa renovación por parte da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

Media_httpfarm6static_crrcr

O proceso desta concesión vaise publicar no Diario Oficial de Galicia nos próximos días


Lousame, 2 de xaneiro de 2013.- Segundo informou onte a Xunta, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas somete a información pública o proxecto de renovación ambiental integrada do Complexo Medioambiental de Tratamento de Residuos Sólidos e Asimilables a Urbanos da Mancomunidade de concellos Serra do Barbanza, situada no concello de Lousame, que xa conta con autorización ambiental dende setembro de 2008, sendo o titular da mesma a súa empresa concesionaria, Fomento de Construcciones y Contratas. Esta resolución e sairá publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) nos próximos días.

A autorización outorgouse por un prazo de vixencia de cinco anos, polo que estanse realizando os trámites correspondentes para a súa renovación por parte da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

O sometemento da documentación a información pública é un dos trámites contemplados para as renovacións no Real decreto 509/2007, do 20 de abril, polo que se aproba o regulamento para o desenvolvemento e execución da Lei 16/2002, de 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación. Por elo, esta permanecerá exposta ao público, por un período de 30 días hábiles.

Alegacións e suxestións
Durante este prazo calquera interesado poderá consultala e, no seu caso, formular as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes. A documentación estará exposta nas seguintes dependencias: Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental – Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación, na Xefatura Territorial da Coruña da Consellería, e no Concello de Lousame.


Ao remate do prazo de información pública, a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental estudará as alegacións, suxestións ou observacións presentadas, téndoas en conta na resolución do expediente.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical