O luns pasado un terremoto de 3.7 na escala de Ritcher deixouse sentir no Barbanza. Non é unha novedade na historia do noso país. Dende a Arqueoloxía e maila Historia podemos esculcar no efecto que este tipo de catástrofes tiveron na sociedade do pasado. A nosa compañeira Rebeca Blanco, especialista en Arqueoloxía da Arquitectura, puido comprobar os efectos do terremoto de Lisboa no mosteiro de Melón, na bisbarra d'O Ribeiro. Este seísmo tamén deixou a súa pegada en San Vicenzo de Cespón, como así se deixou mencionado na documentación parroquial. Deste tema e doutros moitos tratará a modernista Sofía Sanvicente no capítulo A Historia moderna de Cespón a través dos seus arquivos parroquiais que forma parte da segunda monografía sobre Neixón que estamos preparando para a editorial Toxosoutos.ArqueoNeixón. Proxecto Arqueolóxico dos Castros de Neixón: Catástrofes
Blogged with Flock
No hay comentarios:
Publicar un comentario