14.2.08

Sen medo ao éxito

E tampouco ao fracaso. Como ben expresou Diego Ameixeiras en "Tres segundos de memoria", estamos na era, e na eira tamén, que todo é unha eira ás veces, do "postfracaso". Por iso, cando lemos "tips" (trucos ou suxerencias) para que un blog sexa un éxito, rímonos moito.
O penúltimo que lemos foi este.

O punto 4. (Don’t just write about yourself) cumplímolo!

E mira que nos piden veces que saiamos nós a presentarnos e tal... Ata o último entrevistado nos pediu iso. E contestamos o de sempre: os xornalistas son meros mediadores. Ninguén falará de nós cando esteamos mortos. E, vaia incoherencia, agora estamos a falar de nós...

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical