hai tamén particularidades abondas en cada centro. Por exemplo, en Rianxo traballan para ter unha mostra de embarcacións a flote onda o centro e queren desenvolver un apartado sobre o exvotos que os mariñeiros ofrecen en diferentes santuarios para asegurar a protección nas súas travesías.| CG || - Os xeitos de ollar para o mar
Ante a inauguración, hoxe 10 de marzo, do Exponav en Ferrol (Museo da Construcción Naval)
Web do Museo do Mar de Rianxo
E un post que achamos interesante:
Moitos museos?
Enviado por O mestre o Ven, 13/04/2007 - 20:07. NoticiasEn Galicia están abertos, actualmente, 6 museos relacionados co mar: o Museo Massó, o Museo Provincial do Mar en San Cibrao, o Museo da Pesca en Fisterra, o Museo Seno de Corcubión, o Museo do Pobo Galego, e o Museo Naval de Ferrol. Ademáis habería que contar coa Caseta de Pepe do Cuco en Lira, e co Barco Bonitero Reina del Carmen en Burela.
O Museo do Mar de Galicia, en Vigo, está a punto de reabrir coa súa colección permanente, xa que ata agora so fixera exposicións temporais.
A este panorama van xuntarse unha serie de iniciativas que xa están en marcha, unhas moi pronto, outras tardarán algo máis: o Museo da Navegación en Baiona, o Museo do Mar da Costa da Morte en Laxe, o Museo do Mar en Rianxo, e finalmente Exponav en Ferrol.
Son moitos? Depende. Se non se fan a competencia e se logra unha mínima coordinación pode ser unha oportunidade para conseguir obxectivos ambiciosos. As sinerxias que se poden xenerar son enormes, e todos os participantes nunha hipotetica rede sairían moi beneficiados. Esperemos que as distintas administracións responsables deles saiban chegar a acordos, ademáis de dotalos cos recursos adecuados.
Blogged with Flock
No hay comentarios:
Publicar un comentario