30.4.08

Aí, aí, aí lle doe

Pero é certo.
Mira se non, o novo establecemento que abriron na rúa do Vilar de Santiago. Decoración moderna. E nin un mísero revolto, por Deus. Toneladas de luras á romana e pementos de padrón, de ameixas conxeladas e zorza con patacas. Unha carta estándar que algúns tentan vender como cociña tradicional, pero non te enganes.

En realidade, é a cociña do mínimo esforzo.

Nesa casa de turismo rural gastáronse ducias de miles de euros nunha fastuosa rehabilitación, pero non gastaron nin un só peso en investigar a tradición gastronómica local do medio rural no que precisamente se basea a súa oferta hoteleira. Sirven exactamente o que menos traballo e máis ingresos dá na cociña: o churrasco e a grella (con todos os meus respectos ao churrasco, que me encanta). E non se trata de facer escumas en cada receita nin de forzar unha vangarda ou algo similar, senón rastrexar a horta local, as carnes da contorna, as elaboracións de pucheiro da tradición doméstica, falar cos pescadores do río Tambre para aproveitar as troitas excelentes do río, os embutidos do porco, os postres das avoas, os queixos.
Cociña tradicional vs. Cociña do mínimo esforzo | Capítulo 0
Blogged with the Flock Browser

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical