17.5.08

Certo: 85% en galego. 0 convenios= 0 euros

:: GZnacion.com. Avanzando as noticias de Galiza.

Entre todos os xornais que publican no noso país, só o 7,9% das súas páxinas está no noso idioma en base a cuxa producción e fomento radica a existencia destes acordos entre a Xunta e as empresas. Un estudo elaborado pola Facultade de Xornalismo de Santiago, coordinado por Ana Boullón, revela o seguinte: DXT Campeón (0,8%); El Ideal Gallego (2,9%); El Correo Gallego (4,1%); El Progreso (4,6%); Diario de Pontevedra (4,8%); La Región (8,1%); Diario de Ferrol (9,9%); La Opinión da Coruña (11,7%); Atlántico Diario (14,1%); Diario de Arousa (24,3%). Este último xornal percibiu 100.000 euros.

Certo non é un medio tradicional. Os mutantes non están a ser estudiados. NIn falta que fai.

Escribir en galego está caro. E sae dos impostos. Ou sexa, pagamos nós, amigo. Certo tamén é de balde neste aspecto.
Blogged with the Flock Browser

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical