18.1.09
Un agasallo de Dani Gestoso
Nunca lles contamos as ideas tolas para Certo cando naceu. Unha delas era incluir a un bruxo para que fixera unha páxina de horóscopo e caralladas desas con que se entretén a xente (xa o de crelo é máis grave, pero non imos entrar niso). Un dos tolambráns que fan este xornal, agora só na Rede, propuxo que contratáramos a alguén que coidara das vacas e as sacase a pastar e que lle mercáramos unha cámara fotográfica ou un móbil con cámara.
Quedamos todos coa boca aberta e pedímoslle explicacións: -Para que, que tolería é esa?
-Cada día pode enviarnos fotos das bostas das vacas e un de nós interprétaa. Así sairía o horóscopo máis orixinal da prensa.
Por suposto, desbotamos a idea. Pero agora, ao ver esta bosta de cabalo (chámase así a merda de besta? ou ten un nome máis específico? se hai algún xinete léndonos, que avise) coidamos que non era tanta tolería. Un pouco aínda nos íamos rir...
Grazas, Gestoso. Todo un detalle pola túa parte... jajajaja
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentario:
Original eeeeeeeeeeeeeeeeee. mola mola
Publicar un comentario