As anécdotas que non se contan da viaxe dun gran naturalistaTodos temos algunha idea de quen foi Darwin, algúns teñen algunha idea de en que consisten os seus traballos e teorías desenvolvidas logo de dar a volta ao mundo utilizando para as etapas máis longas un barco chamado Beagle-, pero moi pouca xente coñece os motivos reais desa viaxe, as anécdotas que xurdiron e as aventuras e desventuras que viviu o mozo Darwin entre 1831 e 1836.
Na súa xénese non era unha viaxe de investigación científica, senón que había un motivo moito máis estraño.
Tivo isto que ver co suicido de dous dos capitáns do Beagle?
A imaxe idílica dun naturalista paseando pola selva e arrepañando plantas e bolboretas ten pouco que ver coa realidade á que se enfrontaba un científico inexperto no medio da Pampa arxentina ou entre os habitantes indíxenas de Tierra del Fuego. Nos seus longos roteiros -case sempre a cabalo- Charles Darwin recollía -mellor dito, mataba, a tiros ou a marteladas- todo tipo de animais: armadillos, guanacos, cóndores, raposos, tartarugas, ratas e ratos. Moitos deles tamén os comeu.
Ademais, sufriu enfermidades, temporais, terremotos, escalou montañas e pasou frío, medo e, tamén, momentos de felicidade extrema ao contemplar o planeta Terra cunha mirada aberta, intelixente e chea de curiosidade.
Matarratas Darwin e unha pequena visita ás aventuras dun naturalista inglés nun planeta descoñecido.
Xurxo Mariño
Vicente de Souza
Xurxo Mariño (científico) e Vicente de Souza (actor)
Lémbranse de Xurxo Mariño e Vicente de Souza? Estiveron en Ribeira, no bar Plaza, co seu café científico. Certo estivo alí e gravou varios vídeos:
No hay comentarios:
Publicar un comentario